gavial
gavial
Nome científico:
[Gavialis gangeticus, Famdos crocodílidos]
s
m
[ANIMAL]
Réptil da orde dos crocodilianos que alcanza os 7 m, co morro moi estreito e dilatado no extremo (nos adultos este extremo fai tres veces e media a anchura da base) e o corpo con escudos nocais e dorsais que forman unha coiraza. Vive nos ríos da India e de Birmania e aliméntase dunha gran cantidade de peixes. Se ben non son perigosos, mátanse debido á desfeita que producen na poboación piscícola.