gaviforme
gaviforme
s
[ANIMAL/ORNIT]
Ave da familia dos gávidos, de corpo longo e esvelto, pescozo alongado, dorso escuro e partes inferiores brancas. Os seus pés están situados nunha posición moi atrasada, o que fai que sexan moi bos nadadores e mergulladores, ademais de torpes en terra. As catro especies presentes en Europa denomínanse xenericamente mobellas.