Gaviñeira, pazo da
Gaviñeira, pazo da
Construción situada en Cabreira (Salvaterra do Miño). Ten planta en forma de U. Unha das ás laterais constitúe a torre de planta cadrada, que ten pegada unha escaleira que leva ao corpo central, mentres que a outra á é de construción recente e ten unha galería con arcos nunha das súas fachadas. Na porta conserva unha inscrición cunha data do s XIX non lexible.