Gävle

Gävle

Capital do län de Gävleborg, Suecia, na entrada do golfo de Botnia (90.105 h [estim 1999]). Cidade portuaria e núcleo industrial (papel, pasta de papel, industria química, artigos de coiro e porcelana, construcións navais). Fundada no s XV, do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, as prazas Stortorget e Lilltörget, o palacio de Gevalia e o edificio do Sparbankshulet.