"Alle" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 636.

  • Revista publicada en Bos Aires a partir de 22 de decembro de 1945. Dirixida por Rodolfo Prada e Valeriano Saco, estivo promovida polo Centro Ourensán e o Centro Pontevedrés desta cidade. Baixo a premisa de contribuír á elevación moral, intelectual e económica do colectivo galego, contou coa participación de destacados membros da política e da cultura galega no exilio. Incluíu recensións e listados coas novidades literarias en Galicia. Foi continuadora de El Orensano, órgano oficial do Centro Ourensán e Pontevedrés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente do río Lambre que nace e desemboca na parroquia de Santa Xiá de Monfero (Monfero).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político fundado na Coruña en outubro de 1929. Na súa formación converxeron dúas tendencias, o republicanismo tradicional de Santiago Casares Quiroga e o nacionalismo galego de Antón Villar Ponte. O manifesto fundacional afirmaba que non era un partido nacionalista, xa que o referente nacional era España, e entre os seus obxectivos estaba a intención de transformar o Estado español en república federal, a separación de poderes entre Igrexa, estado e exército, e a consecución dun réxime de autonomía para Galicia. Destacou a súa promoción e engrandecemento de Galicia. A súa militancia baseouse nas clases medias e pequenos burgueses, e estruturouse de forma piramidal como un partido de comités. No Pacto de Lestrobe (16.3.1930) fixaron, xunto con Alianza Republicana, a constitución da Federación Republicana Gallega (FRG), co obxectivo de instaurar a república e conseguir a autonomía de Galicia, polo que quedaban definidos como un partido republicano-autonomista. Presentáronse aos comicios...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Bos Aires a partir do 2 de xaneiro de 1962. Apareceu co lema “Todo por la libertad y la democracia”, baixo a dirección de Cándido A. González. Foi o órgano de expresión da Unión Federal Gallega Democrática, orientada a acadar a unión das colectividades galegas na defensa da democracia, a república e a autonomía galega fronte a Franco e o comunismo. Incluíronse textos de Castelao, Vicente Risco, Suárez Picallo e Ben-Cho-Shey.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista, tradutor e poeta. Profesor na Facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago de Compostela e colaborador de Dorna e O Correo Galego, publicou a tradución de Con Pólvora e magnolias (1994), ao castelán, de X. L. Méndez Ferrín, e Corazón da escuridade (1997) de J. Conrad, e recuperou o manuscrito Las tinieblas de Occidente, de Vicente Risco, para o que realizou unha edición especial (1990). Como poeta publicou Depósito de espantos (1994), unha obra con trazos irónicos na que o autor recorre a continuos xogos de palabras, e Letras vencidas (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Santiago de Compostela a partir do 3 de febreiro de 1888. Cesou o 11 de xuño de 1891. Subtitulado “Diario de intereses materiales” e “Diario de Santiago”, o seu fundador e director foi Enrique Labarta Pose. De carácter rexionalista moderado, foi defensor da política de U. Montero Ríos. Con motivo do 25 de xullo de 1888 publicou un suplemento de gran valor literario en que colaboraron os escritores máis destacados da época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Santiago de Compostela a partir do 3 de xaneiro de 1927. Non cesou antes do 1 de agosto de 1931. Dirixido por Xoán Xesús González, funcionou como voceiro do Partido Socialista e incluíu colaboracións literarias de D. García-Sabell e M. Portela Valladares, recensións literarias e artigos de Florentino L. Cuevillas, A. Villar Ponte ou R. Otero Pedrayo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e política. Foi a primeira presidenta xeral de Nuevas Generaciones do PP (1977-1978), senadora (1986-1989), deputada (1989-1999) e ministra de Agricultura, Pesca e Alimentación (1996-1999). É vicepresidenta da Comisión Europea, comisaria de Transportes e Enerxía e de Relacións co Parlamento Europeo desde 1999 e presidenta do consello de Política Social do PP desde 2004. Recibiu a Medalla de la Orden del Mérito Constitucional (2003) e a Medalla de Ouro de Galicia (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Politicóloga, xurista e política. Foi vicepresidenta do consello dos Colexios de Avogados Europeos e presidenta do consello executivo da Academia de Dereito Europeo. Foi eurodeputada polo PP (1994-2002), membro da Convención Europea e ministra de Asuntos Exteriores (2002-2004). Recibiu a Gran Cruz de la Real y Distinguida Orden Española de Carlos III (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar cuberto que se emprega para gardar a palla, a herba seca ou os apeiros de labranza.

    2. Amoreamento de forma cónica que se fai con palla mallada ou con herba seca na eira da casa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao can que non é de ningunha raza específica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen fai palleiros.

    2. palleirán.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. palleira.

    2. Raza de cans, orixinaria do medio rural galego, que se caracterizan por presentar tronco rústico e rexo, perfil recto e eumétrico, constitución forte e proporcións harmónicas. As femias son máis baixas, de aspecto máis lixeiro e proporcións máis lonxilíneas. Son de cor normalmente uniforme, de gran variedade, desde canela, castaño ata incluso negros. A súa distribución sitúase preto do Carballiño, O Irixo, Ourense, Terra de Celanova, Allariz, zona dos Ancares e outras do interior, Lalín, Dozón, Rodeiro, Agolada e en diversas zonas da provincia da Coruña. Empréganse fundamentalmente como cans pastores, colaborando na condución do gando, e como can de garda. O can de palleiro foi recoñecido como raza autóctona galega en 2001.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da costa atlántica situada entre a enseada da Fontiña e a punta do Curro, na parroquia de Camelle (Camariñas).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, situado no Baix Llobregat (8.399 h [2001]). A súa agricultura localízase á beira do río, onde predominan as árbores froiteiras, os amorodos e as hortalizas. Conta con industrias extractoras e transformadoras para a fabricación de cal e cemento, de confección, de mobles, metalúrxicas e talleres de construcións metálicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas, da familia das asteráceas, que está formado por unha soa especie, P. spinosa, unha planta bienal, de entre 20 e 60 cm de altura, que presenta follas oblongas ou lanceoladas, capítulos amarelos, e un invólucro de brácteas radiais e punzantes. É propia da rexión mediterránea.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lámina simple ou dobre de metal ou cana que produce o son nalgúns instrumentos de vento. É un dos elementos esenciais da gaita e está formada por dúas láminas de cana de forma triangular que están superpostas. Nun dos extremos sitúase o tudel, que é un pequeno cilindro metálico polo que pasa o aire cara ao punteiro. A unión entre as canas e o tudel realízase mediante un pequeno aramio, chamado freo, reforzado con fío exteriormente. Pódense facer palletas para todas as tonalidades, pero as máis empregadas son as de do, re e si. Tamén se poden facer doutros materiais, como marfil ou plástico, aínda que as de mellor sonoridade son as tradicionais de cana.

    2. Talo dos cereais que queda na leira despois da sega.

    3. Lingüeta de madeira que, atada a un cordón, forma parte da gaiola con que se cazan paxaros.

    4. Primeira dentición que lle sae ás vacas.

    5. Termo da xerga das palilleiras que designa a chapa de madeira forrada cun pano que leva un cordel para atar de “corno a corno” e serve para envolver o labor de vara cando se sobe o prendido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. pallal.

    2. Becerro ao que lle naceron os primeiros dentes.

    VER O DETALLE DO TERMO