"BAL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1242.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situado no concello do Incio, as primeiras instalacións datan de 1892, aínda que se edificaron sobre un pazo de 1630. Co tempo conformouse un moderno complexo balneario-hosteleiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe latina que se emprega na composición de palabras co significado de ‘baño’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método de tratamento local ou xeral de certas doenzas, por medio das augas e dos baños medicinais, a area, a lama, o sol, o vapor de auga e algunhas das radiacións do espectro lumínico.
-
-
Arte empregada para a pesca da sardiña, cun único pano de malla pequena. SIN: embalo, veta.
-
Útil de pesca consistente nunha pedra amarrada a un cabo, que se emprega para golpear o mar dende o barco coa intención de asustar os bancos de peixe e localizalos para a súa captura. SIN: embalo, pandullo.
-
Acción de axitar as augas para facer que o peixe caia na rede. SIN: embalo.
-
-
-
Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘bandexa (de patacas)’.
-
Pataca, especialmente cando é grande ou de cedo. OBS: Só se rexistra con este significado nalgunhas zonas de Galicia.
-
Castaña, sobre todo a cocida. OBS: Só se rexistra con este significado nalgunhas zonas de Galicia.
-
Calquera pataca.
-
Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘pataca’.
-
-
-
Pataca, especialmente cando é grande ou de cedo. OBS: Só se rexistra con este significado nalgunhas zonas de Galicia.
-
Castaña, sobre todo a cocida. OBS: Só se rexistra con este significado nalgunhas zonas de Galicia.
-
Calquera pataca.
-
Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘pataca’.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘bandexa (de patacas)’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘almacén (de patacas)’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
estraloque.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Masa compacta de terra. SIN: leiba, terrón.
-
PERSOEIRO
Economista británico de orixe húngara. Estudiou en Budapest e en Berlín, e no 1931 estableceuse en Gran Bretaña. Especializouse en problemas de desenvolvemento e foi profesor no Balliol College de Oxford (1939). Foi asesor económico do goberno de Harold Wilson, conselleiro económico de gobernos de países do Terceiro Mundo e membro de diversos organismos internacionais. Entre as súas obras destacan: Economic Policy in Underdeveloped Areas and the Price Mechanism (Política económica nas áreas subdesenvolvidas e no mecanismo dos prezos, 1962) e Planing for Prosperity (Planificación para a prosperidade, 1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ara coa que se abanean as ramas das árbores para tirarlles a froita. SIN: abaleiro, abaloira, varal.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello da Estrada baixo a advocación de san Salvador.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
ariante gráfica de Valoira, apelido de orixe toponímica. O nome de lugar Valoira é un composto formado a partir do latín valle ‘val’; o significado do segundo elemento -oira pode remitir tanto ao adxectivo latino aurea (en feminino concordando co xénero latino do substantivo) como á base prerromana *or/*oro ‘monte, costa, val, altura, elevación’. Xa que logo, aínda que debería presentar v- en función da súa etimoloxía, a miúdo este apelido aparece grafado con b-.
-
Liñaxe oriúnda de Lalín. As súas armas levan, sobre campo de goles, unha baloira.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Axitar mediante unha baloira as pólas das árbores para que caia a froita. SIN: abaloirar, varear, varexar.
-
-
Deporte de oposición con balón disputado entre dous equipos de 11 xogadores cada un que teñen como obxectivo introducir o balón na meta defendida polo equipo contrario, para o cal se axudan fundamentalmente dos pés, cos que desprazan e guían o balón.
Regulamentación
O terreo de xogo é de forma rectangular, delimitado por liñas denominadas de banda, ao longo, e de gol, ao largo. As súas dimensións son variables. O terreo de xogo divídese en dúas metades iguais. A meta sitúase sobre un segmento da liña de gol delimitado por unha portería. Un dos xogadores do equipo debe actuar como porteiro; a este permíteselle empregar as mans para interceptar o balón en accións defensivas no interior da súa área de portería. Unha área do porteiro e unha área de penalti delimitan espacios nos que o porteiro goza deste privilexio. As infraccións ás regras de xogo sobre o contrario que cometan os xogadores na súa propia área de penalti sanciónanse cun lanzamento desde un punto situado... -
Disciplina deportiva baseada no xogo do rugby. Walter Camp, xogador da Yale University redactou as primeras regras da nova disciplina en 1876. Os equipos compóñense de 11 xogadores sobre o terreo de xogo.
-
Disciplina deportiva émula do fútbol que se disputa nun terreo de xogo de dimensións idénticas a un campo de balonmán, de 40 m de longo por 20 m de largo, normalmente en recintos cubertos. Para adaptarse ás dimensións e características do terreo de xogo tamén se modifican as especificacións do balón, máis pequeno e pesado, e da portería (de 3m de longo por 2 de alto). Tamén difire o calzado dos xogadores, pois ao desenvolverse o xogo sobre unha superficie homoxénea de pavimento artificial, non se precisa o uso de tacos para obter adherencia, como no fútbol. Ten a súa orixe en Uruguay. A gran superficie requerida para o acondicionamento dun terreo de xogo de fútbol non podía ser asumida polos centros escolares, pero, malia todo, o profesor Juan Carlos Ceriani observou que os rapaces xogaban á pelota de xeito similar nos patios dos que dispuñan e mesmo nas rúas e prazas. Ceriani elaborou unha regulamentación baseada noutros deportes: reduciu as dimensións do terreo de xogo e das porterías...
-
-
-
Pelota composta dunha cuberta e mais dunha cámara, inchable por medio dunha válvula, que se utiliza en diversos deportes e que varía o seu peso e as súas dimensións segundo a modalidade na que se empregue. O balón é xeralmente de forma esférica, excepto o empregado no rugby e nos deportes derivados (fútbol americano, fútbol australiano) que ten forma elíptica.
-
Xogo no que se utiliza o balón.
-
Bóla de caucho ou de calquera material plástico, que serve para a defensa do barco.
-
Recipiente de vidro de forma esférica, con colo prolongado.
-
Saco de goma ou de materias plásticas destinado a conter gases.
-
Balón que ademais de aire ten no seu interior algún sólido (area, bóla de metal, etc) para aumentar o seu peso. Emprégase como elemento auxiliar en exercicios de formación corporal, ben para o acondicionamento físico deportivo, ben para tratamentos de rehabilitación despois das lesións.
-
-
SEMANARIOS
Semanario deportivo que saíu á luz o 16 de outubro de 1944 na cidade da Coruña. Publicábase os luns ata que cesou o 25 de maio de 1945, no número 32. Constaba como fundador Alexandro Lastres García.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista deportiva que apareceu no ano 1924 na cidade da Coruña. Cesou non antes de 1930. Un aspecto destacable desta publicación eran os diferentes subtítulos que acompañaron o título principal durante a súa andaina. Ata 1926 constaban “Revista semanal de sports” ou “Revista semanal de deportes”. En 1927, no seu cuarto ano publicábase como “Semanario deportivo”. Editou un número extraordinario o 7 de febreiro de 1927.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deporte de oposición que se disputa entre equipos de cinco xogadores que teñen como obxectivo a introdución dun balón de entre 75 e 78 cm de circunferencia nunha canastra defendida polo equipo contrario. A Federación Internacional de Baloncesto (FIBA) establece as regras do xogo. Nos EE UU a Asociación Nacional de Baloncesto (NBA) desenvolve a súa competición con regras propias, que difiren das da FIBA en aspectos como a duración dos partidos, o tempo de posesión do balón do que dispoñen os equipos en cada xogada de ataque, limitacións no emprego de determinados sistemas defensivos, distancia da liña de tres puntos, número de árbitros, etc. O terreo de xogo é de chan duro e libre de obstáculos. As canastras, situadas no centro das dúas bandas máis curtas, están constituídas por un círculo metálico do que colga unha rede aberta pola parte inferior; cada canastra vai fixada a un taboleiro de forma rectangular, sostido por un soporte situado fóra do terreo de xogo e que a mantén a unha altura...