Balón, El
Balón, El
[PUBLIC]
Revista deportiva que apareceu no ano 1924 na cidade da Coruña. Cesou non antes de 1930. Un aspecto destacable desta publicación eran os diferentes subtítulos que acompañaron o título principal durante a súa andaina. Ata 1926 constaban “Revista semanal de sports” ou “Revista semanal de deportes”. En 1927, no seu cuarto ano publicábase como “Semanario deportivo”. Editou un número extraordinario o 7 de febreiro de 1927.