"CAD" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 940.

  • Tipo de precipitación de chuvia acompañada de sarabia, vento intenso e, en ocasións, tormenta eléctrica. En Galicia pode rexistrarse nos temporais invernais, ao chegar ao continente frontes frías procedentes do N.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Pequeno sistema montañoso da comarca do Ortegal, no extremo setentrional de Galicia. Segue unha dirección xeral SSO-NNL a través do límite entre as parroquias de Devesos, San Cristovo de Couzadoiro e San Salvador de Couzadoiro, no concello de Ortigueira, e As Grañas do Sor, Mañón e As Ribeiras do Sor, no concello de Mañón. Elevada sobre unha litoloxía do Ordovícico Inferior, fundamentalmente filitas cos seus característicos diques de cuarcitas paralelos aos planos de xistosidade, culmina nos 521 m de altitude do monte Coriscada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provisto de codia, casca ou calquera outro revestimento semellante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘cazola’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen ten propensión a criticar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Concavidade producida pola acción dun golpe ou por unha presión excesiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de crucificar.

    2. Imaxe de Cristo cravado na cruz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista pedagóxica editada polo colexio Santa María do Mar da Coruña a partir do ano 1969. Incluíu información orientada a titores e á comunidade escolar en xeral. Ofrecía tamén documentación bibliográfica e unha guía de actividades para realizar cos alumnos. No Ano Internacional do Neno de 1979 editaron dez números dedicados aos dereitos do neno, auspiciados pola asemblea das Nacións Unidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de cualificar ou cualificarse.

    2. Que ten unha formación especializada ou unhas determinadas calidades para desenvolver un traballo ou dicir algunha cousa.

    3. Que ten autoridade ou prestixio na profesión que desempeña.

    4. Aplícase á circunstancia atenuante que ten influencia sobre o suxeito autor dun delito e que se aplica con maior intensidade que a que bastaría para ser apreciada pola lei.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen cualifica ou serve para cualificar.

    2. Teólogo nomeado polo tribunal do Santo Oficio para censurar libros e afirmacións dogmáticas e, nalgunhas ocasións, ditaminar sobre cuestións dubidosas do mesmo tribunal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de cuantificar.

    2. Aplícase á magnitude que varía de maneira descontinua ou discreta por cuantos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que expresa cantidade.

    2. Calquera dos símbolos que, na escritura formal, preceden ás funcións proposicionais. Os máis coñecidos son: "x, que é o cuantificador universal e significa ‘para todo x’, e $x, que é o cuantificador existencial e significa ‘existe x’. Deste xeito, unha frase como “existe un home que é odiado por todos os homes” poderíase formalizar por $x/"y (x é odiado por y).

    3. Clase dos presentadores do substantivo que o presentan e o determinan, e delimitan, ao mesmo tempo, a súa extensión cuantitativa. Distínguense dous tipos de cuantificadores: os definidos, que indican unha cuantificación exacta e precisa (cinco, nove, etc) e supoñen unha manifestación subxectiva da realidade cuantitativa obxectiva; e os indefinidos, que expresan unha cuantificación apreciativa (algún, moito, abondo, etc) relativa á subxectividade do falante quen, ao manifestar esa cantidade, intenta obxectivar a súa visión subxectiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está falto de forzas.

    2. Aplícase ao marisco que ten pouco que comer por non estar en época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Valido de Enrique IV de Castela. Obtivo os títulos de conde de Ledesma (1462), mestre de Santiago (1464) e duque de Alburquerque (1464). Os rumores atribuíronlle unha relación coa Raíña Xoana de Portugal e a paternidade da infanta Xoana a Beltranexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Contido dunha cunca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Territorio constituído en 1561 como ducado vasalo de Polonia e hereditario da familia Ketteler. O primeiro duque foi Gotard I Ketteler ou Gotardo I de Curlandia (morto en 1587), duque de Semigalia e derradeiro gran mestre da orde teutónica en Livonia. En 1737, a viúva do duque, que logo sería a Tsarina Anna I Ivanovna, deulle o ducado ao seu favorito Ernesto Xoán I de Curlandia, conde e príncipe de Biron (morto en 1772). O fillo deste, o duque Pedro I, vendeulle o ducado a Rusia en 1795.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de damnificar.

    2. Persoa damnificada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen damnifica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Título concedido por Afonso XIII en 1921 a María del Carmen Barrenechea y de Montegui, viúva de Eduardo Dato Iradier.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Espacio de tempo que abrangue dez anos.

      2. Espacio de tempo que dura dez días.

      3. Cada unha das divisións de dez días dos meses do calendario republicano instaurado en Francia en 1793.

      1. Conxunto de dez cousas.

      2. Cada unha das partes dunha obra histórica que consta de dez libros ou dez capítulos.

      3. Obra histórica que está distribuída en décadas.

    1. Intervalo comprendido entre dúas frecuencias que están na relación de 10 a 1.

    VER O DETALLE DO TERMO