Coriscada, Serra da

Coriscada, Serra da

Pequeno sistema montañoso da comarca do Ortegal, no extremo setentrional de Galicia. Segue unha dirección xeral SSO-NNL a través do límite entre as parroquias de Devesos, San Cristovo de Couzadoiro e San Salvador de Couzadoiro, no concello de Ortigueira, e As Grañas do Sor, Mañón e As Ribeiras do Sor, no concello de Mañón. Elevada sobre unha litoloxía do Ordovícico Inferior, fundamentalmente filitas cos seus característicos diques de cuarcitas paralelos aos planos de xistosidade, culmina nos 521 m de altitude do monte Coriscada.