"Cis" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1012.

  • GALICIA

    Escritor. Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación, formou parte do grupo de teatro Histrión 70 (1973-1974) e, con Manuel Guede Oliva, fundou os grupos de teatro Rúa Viva (1978) e Caritel e abriron a sala de teatro estable Caritel (1981). Con Eva Veiga, levou o recital poético Reconstrución por diversos lugares de Galicia e colaborou en distintos xornais e publicacións especializadas. Da súa produción destacan as novelas O Bosque das antas (Premio Xerais 1988), Tempo de crepúsculo (1993), novela traducida ao sistema braille, Sombras no labirinto (1997), Suso Espada: O misterio do Grial (2002); os poemarios A fonte abagañada (Premio Cidade de Ourense de Poesía 1981), Pabellón habitado (1987), Ara Solis (1996), texto bilingüe en galego e en francés, e Días de cera (1999); os relatos Historias roubadas (1998), Lendas de onte, soños de mañá (2001), No corazón da fraga (2001); as...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Esquiador. Foi o primeiro deportista español en proclamarse campión olímpico, ao gañar a medalla de ouro do slálom nos Xogos Olímpicos de Sapporo 1972.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. En 1976 creou unha plataforma política de carácter socialdemócrata, que abandonou en 1977 para incorporarse á UCD, partido polo que foi elixido deputado por Madrid. Como ministro de Facenda (1977-1979), promoveu a reforma fiscal e, desde a carteira de Xustiza (1980-1981), a aprobación da Lei do Divorcio. En 1981 abandonou a UCD e fundou o Partido de Acción Democrática, que se integrou no PSOE a comezos de 1983. Foi ministro de Asuntos Exteriores (1985-1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filólogo. Graduouse en Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela coa memoria de licenciatura Aprosimación á vida e á fala mariñeiras de Cariño (1974) e doutorouse (1979) coa tese O verbo. Contribución á dialectoloxía galega, a primeira que se presentaba en lingua galega na facultade de filoloxía compostelá. Catedrático de Filoloxía Románica (1992), deu conferencias sobre o galego moderno na University of California Santa Barbara, no University Center de New York e nas Universidades de Heidelberg, Trier e Berlín. Investigador do Instituto da Lingua Galega (ILG) desde 1973, forma parte desde 1974 do proxecto do Atlas Lingüístico Galego e é responsable do Arquivo do Galego Oral do ILG. Participou na recollida do material dos puntos do dominio galego do Atlas Linguarum Europae e do Atlas Lingüístico de España y Portugal, e pertence ao comité galego do Atlas Linguistique Roman. Como membro do ILG participou na redacción das Bases prá unificación das normas lingüísticas do...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre de obras, pai de Clemente A. Fernández Sarela. Documentado dende 1721 e activo en Santiago de Compostela, traballou con Fernando de Casas na capela do Pilar da catedral (1721). Entre outras obras, realizou traballos de taxación das pontes próximas a Santiago; fixo reparacións e recoñecementos en diversos edificios como os cuarteis, a Casa Consistorial e o colexio de Fonseca (1733); e inspeccionou as obras do convento das mercedarias (1738) e a capela da Corticela (1739). Atribúeselle o plano da capela maior dos Anxos (1748).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Estudiou pintura na Escuela de Bellas Artes de San Fernando de Madrid (1943). Na Coruña foi profesor na Escola de Náutica e Máquinas (1948), no Instituto Masculino (1950), na Escola de Comercio e na Escola de Artes e Oficios Artísticos (1957), da que foi director. Membro da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario (1969), foi dende 1980 vogal do padroado do Museo de Belas Artes da Coruña. Presidiu a Asociación de Artistas da Coruña (1952-1953). Realizou numerosas exposicións individuais na Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote franciscano. Formado no colexio de Misiones de Santiago de Compostela, foi mestre de novicios e de coristas, reitor e vicario do colexio e definidor da Provincia. Foi o primeiro director da revista El Eco Franciscano, fundada en Santiago de Compostela en 1884, e colaborador do xornal madrileño El Siglo Futuro. Das súas obras destacan La reforma ao sea nueva organización (1891), Un Concilio celebrado en Lugo el año 569: Estudio histórico (1893), Catálogo de las Sagradas Reliquias existentes en el Colegio de los PP Franciscanos de Santiago (1902) e Apuntes históricos relativos al Colegio de PP Misioneros Franciscanos de Santiago desde 1856 a 1896 (1916).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo escolástico italiano. Comentarista de Aristóteles, foi coñecido por ser o restaurador da tradición tomista coa súa obra Comentario á Summa contra xentiles de Tomé de Aquino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Membro da Real Académia da História e profesor na Universidade de Coimbra. Das súas obras destacan Memoria sepulchral, epitaphio saudoso, esculpido pello sentimento sobre a sepultura da sempre augusta... D. Maria Sophia Isabel de Neuburg, rainha de Portugal (1699) e Noticias chronologicas da Universidade de Coimbra (1728).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Licenciado en Dereito e Graduado Social. Foi alcalde do concello do Carballiño. Membro do Consello Nacional do BNG e responsable da Comisión de Emigración, foi elixido deputado por Ourense nas eleccións autonómicas de 2001.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre de cantería. Foi autor, entre outros, dos cruceiros da praza de Forcarei e das igrexas de San Xoán de Cerdedo e San Tomé de Quireza. Traballou nos castelos da Palma e de San Martiño de Ferrol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político hondureño. Foi presidente da República entre 1841 e 1844 e ministro da Guerra en 1845. Elixido novamente presidente en 1847, renunciou ao cargo. Durante o seu mandato reorganizou o exército e lexislou en materia facendística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. De tendencia liberal, foi detido pola Inquisición e encarcerado en 1816, cando estudiaba leis na Universidade de Santiago de Compostela. Trasladouse a Madrid e foi elixido deputado pola provincia da Coruña nas lexislaturas 1836-1837, 1837-1838, 1839-1840 e 1841-1842, nas que participou no proxecto da lei de imprenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Ferrol. Construíuse no 1757 en terreo que ocupara o convento franciscano construído por Fernán Pérez de Andrade o Bo (s XIV). Ten planta rectangular inscrita nunha cruz latina e divídese en tres naves separadas por piares con pilastras acaroadas de orde toscana. A cúpula do cruceiro ten tambor circular con óculos. Sobre as naves laterais sitúase unha tribuna aberta por arcos carpaneis e na entrada un coro alto. A cúpula é de tambor circular con óculos. No interior destaca o retablo de Xosé Ferreiro. A fachada divídese en tres rúas por medio de pilastras toscanas pareadas, apoiadas en grandes bases. Na rúa central ábrese a porta arquitrabada e con frontón triangular e, sobre ela, un óculo. Remata cun entaboamento e cunha cornixa sen decoración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e político. Militante do PSOE desde 1991, foi elixido deputado por Ourense no Congreso na sétima lexislatura (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesora. Doutorouse en Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela coa tese Gautier, Berceo, Alfonso X. Estruturas narrativas en la literatura románica medieval de carácter mariano (1992). Desde 1990 imparte clases de literatura e lingüística románicas nesta mesma Universidade. Escribiu As cantigas de santa María (2002), ademais de numerosos estudios, relacionados especialmente coa lírica trobadoresca tanto na súa vertente relixiosa coma profana; entre eles, o capítulo “A cantiga de amor” para Proxecto Galicia. Literatura. Idade Media (2000), e artigos como “La estrutura narrativa de las Cantigas marianas de Alfonso X”, “Aproximación a distintos tipos de análisis” (1990), “La metáfora en las designaciones de la lluvia” (1991), “Esquemas narrativos en las Cantigas de Santa María”, “Denominacións románicas de escaravello”, “Hacia unha tipología del milagro literario”, “Las personificaciones castellanas de las Cantigas de Santa María. Nuevas hipótesis”...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francisco Vega Ceide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Revolucionario cubano. Coñecido como Pedrucho, participou na ocupación de Bayamo (1868) e compuxo o actual himno nacional cubano. Foi apresado polos españois e fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. De orixe galega, traballou na Casa do Príncipe Pío en Madrid. Cultivou a paisaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Adscrito á escola salmantina, ordenou antes de morrer que os seus escritos fosen queimados. Os que non o foron formaron as súas Obras (1625).

    VER O DETALLE DO TERMO