Fernández Naval, Francisco Xosé

Fernández Naval, Francisco Xosé

Escritor. Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación, formou parte do grupo de teatro Histrión 70 (1973-1974) e, con Manuel Guede Oliva, fundou os grupos de teatro Rúa Viva (1978) e Caritel e abriron a sala de teatro estable Caritel (1981). Con Eva Veiga, levou o recital poético Reconstrución por diversos lugares de Galicia e colaborou en distintos xornais e publicacións especializadas. Da súa produción destacan as novelas O Bosque das antas (Premio Xerais 1988), Tempo de crepúsculo (1993), novela traducida ao sistema braille, Sombras no labirinto (1997), Suso Espada: O misterio do Grial (2002); os poemarios A fonte abagañada (Premio Cidade de Ourense de Poesía 1981), Pabellón habitado (1987), Ara Solis (1996), texto bilingüe en galego e en francés, e Días de cera (1999); os relatos Historias roubadas (1998), Lendas de onte, soños de mañá (2001), No corazón da fraga (2001); as guías Guía da Provincia da Coruña (Historia, patrimonio, gastronomía) (1996), en colaboración con Xavier Alcalá, Guía da Provincia de Ourense (Historia, patrimonio, gastronomía) (1997), en colaboración con Camilo Franco, Do Tambre á fin da Terra -Unha viaxe á procura do solpor- (2000), A Coruña Monumental y Turística (2002) e Galicia. Rutas del sabor (2002); e a conferencia editada posteriormente A pesca na literatura galega (1999).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Ourense