"Far" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 541.

  • Escribir á máquina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor bielorruso. De nome Šalom Ya’akov Abramovitz, formouse na tradición hebrea estrita, e propuxo a reforma e a educación das comunidades xudías en Rusia. Comezou a súa obra con sátiras escritas nun hebreo de estilo bíblico, que decontado substituíu polo yiddish, co que se converteu así nun dos creadores do yiddish literario moderno. Da súa produción destacan as novelas Dos Kleyne Menshele (O home pequeno, 1864), Kitser masoes Binyomin hashlishi (Viaxes e aventuras de Benxamín III, 1875) e Sefer ha-kabzanim (O libro do mendigo, 1901).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade do SI de capacidade eléctrica, que equivale a 10-6 F.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer mofa de algo ou de alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos monoblefaridais.

    2. Fungo da orde dos monoblefaridais.

    3. Orde de fungos, da clase dos quitridiomicetos, que presenta multiplicación asexual mediante zoosporas uniflaxeladas e multiplicación sexual por oogamia. Habitan sobre restos vexetais somerxidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro situado en Cervás (Ares). Construído en 1393 nun estilo románico de transición ao gótico, destaca especialmente un dos seus dous claustros, de estilo renacentista. A igrexa sufriu modificacións no s XVIII, pasando de ter planta en forma de cruz a unha nave de cuberta única con bóveda de canón. Destaca o retablo barroco de madeira. O mosteiro viuse afectado en 1837 pola desamortización de Mendizábal, e os relixiosos franciscanos tiveron que abandonalo en favor do exército, en mans de quen estivo ata o ano 2000.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou canteiros que corresponde á voz ‘chourizo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Comer coa boca chea e ás présas.

    2. Mastigar a comida con dificultade.

    3. Causar enfado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xa de Persia (1896-1907), fillo e sucesor de Nā Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ṣ ir al-Dīn. A forte influencia rusa e británica provocou unha reacción nacionalista que lle obrigou a promulgar unha constitución (1906) que instaurou o Parlamento en Irán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de titularidade estatal inaugurado en 1971 en Toledo, coa intención de reunir os testemuños da cultura xudía que puidesen permanecer dispersos por España. A súa colección divídese en dous grupos, que separan as pezas anteriores e posteriores á expulsión xudía de 1492.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos muzafaritas.

    2. Membro da dinastía que gobernou Persia desde a caída dos mongois ata a conquista timúrida (1313-1393).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Haryāna, India, que está situada ao N de Delhi (240.057 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade situada no estado de Bihār, India (240.450 h [1991]). É o centro de relacións comerciais con Nepal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Comunidade Autónoma uniprovincial, situada ao NL da Península Ibérica (10 421 km2; 520 574 h [1996]). A capital é Iruña.
    Xeografía física
    Estivo dividida tradicionalmente en Ribera (do Ebro), Nafarroa Media, a zona intermedia, e Montaña (Pireneos). Fisiograficamente, Ribera (do Ebro) é o ángulo noroeste da depresión do Ebro, de 200 a 450 m de altitude, e está formada de materiais terciarios sedimentarios, pregados horizontalmente, e materiais cuaternarios ao longo dos ríos Ebro e os seus afluentes Ega e Aragón, co Arga pola esquerda e o Alhama pola dereita. Distínguese ao O unha Ribera Riojana, estreita e bioclimaticamente matizada, e ao SL unha Ribera Tudelana, seca e cálida, a partir do val do Aragón. A Nafarroa Media, entre 380 e 600 m de altitude, presenta un relevo xurásico que está formado de margas e greses, destacados no SO (Montejurra), ata a conca do Ega, e é relativamente chuviosa e con bosque, en contraste coa conca mediana...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade de capacidade eléctrica que equivale a 10-9 farads.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte superior da farinxe situada detrás do nariz que comunica coas fosas nasais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á nasofarinxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é extremadamente perverso, indigno ou malvado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘chorar’.

    VER O DETALLE DO TERMO