"ICE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 774.

    1. Relativo ou pertencente aos micetofílidos.

    2. Insecto díptero da familia dos micetofílidos.

    3. Familia de insectos, da orde dos dípteros, de 2 a 13 mm de lonxitude con patas longas, que presentan 1 ou 2 esporóns no extremo de cada tibia, coxas grandes, patas frecuentemente moi espiñentas e cunha cabeza pequena. Os ocelos laterais están frecuentemente preto dos bordos internos dos ollos. As ás, a miúdo con manchas, teñen unha nervación bastante variable e algunhas veces reducida. As antenas son longas con moitos segmentos. Xeralmente son de corpo amarelo con manchas máis escuras no abdome, pero tamén poden ser completamente escuras, algunhas veces con porcións amarelas rechamantes. Os adultos posúen un período de voo crepuscular ou nocturno e atópanse onde se crían as larvas, máis abundantemente no bosque húmido. As larvas son claras, algunhas veces de pigmentación rechamante na parte superior e coa cabeza escura. Existen arredor de 2.200 especies de micetofílidos coñecidos no mundo, nuns 150 xéneros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tumefacción inflamatoria supurativa, de evolución crónica, producida pola proliferación dun fungo parasito e caracterizado pola presenza duns grans negros, vermellos ou amarelos, formados por un filtro de filamentos micelianos, que se poden eliminar por traxectos fistulosos.

    2. Órgano que posúen algúns insectos e que empregan para albergar certos microorganismos. Son os cegos intestinais ou os tubos de Malpighi, e poden formar estruturas asociadas á cavidade bucal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor inglés. Coñecido como Michael Caine, comezou a súa carreira con papeis en dramas televisivos, e posteriormente pasou ao cine. Despois de debutar con A Hill in Korea (1956), interpretou The Ipcress File (1965), The Man Who Would Be King (1975), Hanna and Her Sisters (1986, Oscar ao mellor actor secundario 1987), Blood & Wine (1996, Concha de Prata ao mellor actor), The Cider House Rules (1999, Oscar ao mellor actor secundario 2000), The Quiet American (2002) e Around the Bend (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fungo microscópico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de dúas colectáneas medievais, unha continuación da outra, relacionadas co culto á figura do mártir san Vicente. O comezo desta devoción sitúase en 1173, cando depositaron as súas reliquias na catedral de Lisboa, despois de ser recuperadas no Promontório Sacro, no Algarve. Os únicos testemuños que hai destas dúas coleccións son fragmentarios, aínda que se pode datar a primeira a redor de 1180, baixo a autoría do mestre Estevão, e a segunda anos antes de 1248.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Índices que serven para determinar cada un dos planos dun cristal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Deportista e promotora do deporte olímpico feminino. Durante a súa mocidade practicou diversos deportes, entre eles natación e hóckei, aínda que salientou principalmente como palista de remo. No ano 1915 convértese en presidenta da socieddae deportiva Femina Sport, fundada no ano 1911; ese cargo directivo permitiulle ter un papel relevante na fundación da Federación de sociedades deportivas femininas de Francia (FSFSF), en 1917, da que foi tesoureira e presidenta. En 1921 fundou a Federación Deportiva Feminina Internacional (FFSF), que asumiu a competencia da organización do deporte feminino a nivel internacional, o que lle levou a esixir a participación feminina nos Xogos Olímpicos. Ante a negativa do barón de Coubertin, organizou en 1921 o primeiro evento deportivo feminino internacional en Montecarlo, que se repetiu en 1922 e 1923.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos misticetos.

    2. Mamífero cetáceo da suborde dos misticetos.

    3. Suborde de mamíferos, da orde dos cetáceos, que se caracterizan pola total ausencia de dentes e a posesión dun sistema de formacións córneas, as barbas, que constitúen o aparato filtrador en que se basea o seu tipo de alimentación planctófaga. A esta orde pertencen as baleas e os rorcuais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos mixomicetos.

    2. Organismo do grupo dos mixomicetos.

    3. Grupo de organismos protistas, a miúdo incluídos sistematicamente dentro dos fungos con categoría de clase. Viven en lugares sombríos e húmidos dos bosques, sobre madeira ou outros materiais orgánicos en descomposición. Carecen de parede celular e na fase vexetativa preséntanse como masas protoplasmáticas plurinucleadas, denominadas plasmodios, que reptan sobre o substrato e se alimentan de microorganismos e de partículas orgánicas diversas. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor. Coñecido como Vicente de Souza, inicou a súa carreira na compañía Chévere, para despois traballar en diversos espectáculos do Centro Dramático Galego como Salomé, A fiestra valdeira e Xelmírez ou a gloria de Compostela. Tamén realizou traballos para Teatro Bruto, Teatro do Aquí e Uvegá Teatro, e para televisión participou en A fiestra valdeira (1994). Traballou nos filmes A rosa de pedra (1999) e Era outra vez (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo turco. Estudou en Barcelona e fixo o doutoramento en Madrid e París. Das súas publicacións, en boa parte dedicadas a temas da lingua e literatura hispánica, destacan a edición de Les homélies d’Organyà (1961) e de El fuero de Jaca (1964).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Autor moi versátil, como poeta pertenceu ao grupo dos “novísimos” (Los espías del realista, 1990). Relacionouse co cine como crítico, guionista e realizador (Sagitario, 2001), e foi tamén crítico da arte e tradutor de obras de Shakespeare (El mercader de Venecia, 1992). No campo da dramaturxia escribiu Los abrazos del pulpo (1985) e Seis armas cortas (1998). En 1970 publicou a súa primeira novela, Museo provincial de los horrores, á que seguiron Busto (1973, Premio Barral), La comunión de los atletas (1979),   Los padres viudos (1984, Premio Azorín), La quincena soviética (1988, Premio Herralde), La mujer sin cabeza (1997) e El vampiro de la calle Méjico (2002, Premio García Ramos).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico italiano. Xurdido da xeración post-neorrealista, destacou pola súa perspectiva traxicómica da realidade italiana. Destacan os seus filmes Pazzo d’amore (1942), Padri e figli (1958, Silberner Bär en Berlín), La grande guerra (1959, Leone d’Oro en Venecia), I Compagni (1963), Casanova’70 (1965, premio ao mellor director en San Sebastián), Amici miei (1974), Caro Michele (1976, Silberner Bär en Berlín), Il marchese del Grillo (1981, Silberner Bär en Berlín, 1982), Rossini! Rossini! (1991) e Panni sporchi (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • monoglicérido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Éster da glicerina e dun ácido graxo que se forma durante a dixestión intestinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato de magnesio e calcio, de fórmula CaMg SiO4. Cristaliza no sistema rómbico, e é de cor branca, amarelada ou incolora. Ten unha dureza 5 e un peso específico 3,2.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. En París fixo amizade con Díaz de la Peña, que o puxo en contacto coa escola de Barbizon. Cultivou o retrato con obras como L’Arlesiana (1870-1871) e escenas de xénero e de circo, como Serenata. A súa valoración da cor constitúe un antecedente do impresionismo.

    VER O DETALLE DO TERMO