"Lor" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 863.

  • PERSOEIRO

    Fotógrafa. Centrou a súa obra en personaxes da vida cotiá e do campo. Publicou Magia del juego eterno (1985) e Bestiario (1987). Individualmente, expuxo no Musée de l’Elysés, de Lausanne, no Museum Reise, de Stadt Mannheim (Alemaña), no Art Institute of Chicago e no N.Y. Museum of Photographic Arts de San Diego, en EE UU. Participou tamén na V Fotobienal de Vigo (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor, ourive e arquitecto. En 1401 gañou o concurso para a realización das portas do baptisterio de Florencia, nas que traballou ata 1424 cun estilo gótico. En 1425 recibiu o encargo da porta coñecida como a do Paraíso do mesmo baptisterio, inscrita na corrente clasicista. Para a catedral de Florencia realizou diversas obras. En 1447 comezou a escribir o tratado de historia da arte Commentari que deixou incompleto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Antropónimo feminino procedente do latín gloria ‘gloria’, ‘reputación, sona’. Na maioría dos casos é un nome cristián, tomado da palabra inicial do himno litúrxico de glorificación a Deus e á Trindade, “Gloria in excelsis Deo”, ou da fórmula de loubanza á Trindade na misa “Gloria Patri et Filio et Spiritui Sancto”. Seguindo a tendencia cristiá, iniciada xa en tempos do Imperio Romano, de darlles un novo contido ás ideas abstractas, Gloria pasa de ser unha divindidade, asociada a Honor, a converterse en nome persoal feminino. Non obstante , tamén pode tratarse dun nome laico medieval, de carácter augural, aínda existente no latín do Baixo Imperio, que se lle daba á filla para vaticinarlle a gloria, a fama e o honor. A súa festividade celébrase o 25 de marzo.

      1. Grande honor, admiración ou fama que alcanza algúen polos seus méritos. Na tradición oral recóllense ditos como: “Coas glorias fóronse as memorias. Nos días de gloria esquécese a memoria. Gloria sen diñeiro é fume de palla”.

      2. Feito ou acción que é motivo de orgullo, fama ou admiración.

      3. Persoa que é motivo de orgullo ou admiración.

    2. Esplendor ou magnificencia.

    3. Cousa que produce gran placer ou satisfacción.

    4. Termo bíblico que expresa a loanza de Deus.

      1. Representación, nunha cúpula ou bóveda, do ceo cheo de anxos.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Grande honor, admiración ou fama que alcanza algúen polos seus méritos. Na tradición oral recóllense ditos como: “Coas glorias fóronse as memorias. Nos días de gloria esquécese a memoria. Gloria sen diñeiro é fume de palla”.

      2. Feito ou acción que é motivo de orgullo, fama ou admiración.

      3. Persoa que é motivo de orgullo ou admiración.

    1. Esplendor ou magnificencia.

    2. Cousa que produce gran placer ou satisfacción.

    3. Termo bíblico que expresa a loanza de Deus.

      1. Representación, nunha cúpula ou bóveda, do ceo cheo de anxos.

      2. Auréola con que se rodea algo nunha pintura ou representación.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino procedente do latín gloria ‘gloria’, ‘reputación, sona’. Na maioría dos casos é un nome cristián, tomado da palabra inicial do himno litúrxico de glorificación a Deus e á Trindade, “Gloria in excelsis Deo”, ou da fórmula de loubanza á Trindade na misa “Gloria Patri et Filio et Spiritui Sancto”. Seguindo a tendencia cristiá, iniciada xa en tempos do Imperio Romano, de darlles un novo contido ás ideas abstractas, Gloria pasa de ser unha divindidade, asociada a Honor, a converterse en nome persoal feminino. Non obstante , tamén pode tratarse dun nome laico medieval, de carácter augural, aínda existente no latín do Baixo Imperio, que se lle daba á filla para vaticinarlle a gloria, a fama e o honor. A súa festividade celébrase o 25 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doxoloxía en honor da Trindade, que comeza coas palabras latinas gloria Patri, que a Igrexa adoita cantar despois de cada salmo ou de certas pregarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado na catedral de Santiago de Compostela, construíuno o mestre Mateo aos pés das naves lonxitudinais. Segundo unha inscrición do lintel rematouse en 1118. Substituíu a orixinaria dobre porta de acceso e estivo aberto ata o s XVI. Coa construción no s XVIII da fachada do Obradoiro reduciuse o seu tamaño. O mestre Mateo dirixiu a obra dende os cimentos e ampliou a cripta que cubriu con bóvedas nervadas para salvar o desnivel do terreo. Estilisticamente supón o paso da plástica románica ao naturalismo gótico reflectido nos rostros e no tratamento das vestiduras. Representa a visión apocalíptica da Gloria, cumio do camiño de peregrinación a Santiago. Consta de tres tramos rectangulares cubertos con bóvedas de nervios e divididos por dous arcos apuntados; o arco central é semicircular, mentres os laterais tenden cara á ferradura. O arco central divídese en dúas partes por un parteluz e é o único que conserva o tímpano; este apóiase sobre ménsulas esculpidas. O parteluz está formado por...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Presumir de algo.

    2. Sentirse satisfeito ou orgulloso de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Praza pequena situada nun xardín, xeralmente pechada e cuberta con enredadeiras.

    2. Praza, normalmente con xardín, onde desembocan varias rúas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de glorificar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen glorifica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Honrar algo ou a alguén dándolle gloria.

    2. Elevar á gloria celestial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que foi coñecida popularmente a Revolución de Setembro de 1868.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é digno de gloria ou que dá gloria.

      1. Relativo ou pertencente á gloria ou á benaventuranza.

      2. Que participa do esplendor divino.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás glumifloras.

    2. Planta da orde das glumifloras.

    3. Orde de plantas monocotiledóneas, de flores xeralmente hermafroditas, con periantio moi pequeno ou inexistente e froito seco e indehiscente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Continuador do pensamento económico da Escola de Salamanca, baseou a esencia da riqueza na produción. Das súas obras destacan Memorial de la política necesaria y útil restauración a la república de España y estados de ella y desempeño universal de estos reinos (1600).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. Licenciada en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, publicou Os Mornias (Premio Merlín de Literatura Infantil 1992), Brumas de octubre (Premio Gran Angular 1994) Conxurados (1995), Magog (Premio Manuel García Barros 1997), co pseudónimo de María Gándara, Alexandra (1999) e A escura luz do Tíber (2000). Como autora teatral obtivo o Premio Camiño de Santiago 1993 coa obra Nocturno de dragón, en colaboración con Bruno Bernardo, e o Premio de Teatro Profesional Camiño de Santiago de 1994 con Ultreias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Coñecida co pseudónimo de Carmen Monteferro, emigrou a Arxentina e colaborou en El Espectador de Ecuador, Lonxe da Terriña de Ponteareas e Valle Miñor. Publicou Al borde la sombra (1972) e Tránsito de Alas (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás haloragáceas.

    2. Planta da familia das haloragáceas.

    3. Familia de plantas herbáceas acuáticas da orde das haloragais. Presentan as follas opostas ou verticiladas, xeralmente divididas en segmentos capilares. As flores son hermafroditas ou unisexuais, tetrámeras, actinomorfas, de tamaño reducido, dispostas en espigas que sobresaen da auga e anemógamas. O periantio é trímero ou tetrámero, simple ou dobre. O froito é nuciforme ou drupáceo. Están distribuídas polas zonas temperadas e subtropicais, fundamentalmente no hemisferio sur e Australia. Engloba oito xéneros, dos que o máis representativo é o Myriophyllum. A especie máis abundante en Galicia é Myriophyllum alterniflorum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora e tradutora. Catedrática de inglés e alemán, en 1968 estableceuse en Galicia e comezou a publicar as súas obras en galego. Colaborou en diversas revistas e xornais alemáns e galegos, como Dorna e A festa da palabra silenciada. Fundadora e presidenta do PEN Club Internacional en Galicia, publicou, entre outras obras, O soño perdido de Elvira M. (1982), Remuíños en coiro (1984), Arredor da muller en 18 mundos (1985), Anaiansi (1989), Mulleres (1991), Culpable de asasinato (1994, Premio Blanco Amor 1993), Confidencias (1992), Ambra (2001) e Torso (2002); ademais dos libros infantís, O buzón dos nenos (1985), Sempre Cristina (1986), A casa abandonada (1987, Premio Merlín, 1986), Xente coma min (1989), Nace un campión (1992) e Quérote (1994). No eido da tradución, cómpre salientar Y no dijo una sola palabra (1972), de Heinrich Böll,...

    VER O DETALLE DO TERMO