"Manuel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 824.

  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi socio fundador e secretario do Instituto Histórico e Geográfico Brasileiro desde 1845. De tendencia romántica, a súa obra A moreninha (1884) é a primeira manifestación destacada da novelística brasileira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Formado na Institución Libre de Enseñanza, na súa estadía en París asimilou elementos simbolistas. As súas primeiras composicións reflectiron o seu interese polo modernismo, abandonado posteriormente, e recuperado en Phoenix (1936). Utilizou unha linguaxe coloquial con raíces no modernismo e no folclore. Destacan as súas obras Alma (1900), de carácter modernista, e Alma, museo y cantares (1907), onde presenta aspectos máis persoais, de ruptura co modernismo e co simbolismo. Sobresaen tamén El mal poema (1909), Cante hondo (1912) e Sevilla y otros poemas (1920). Escribiu obras de teatro co seu irmán, das que sobresaen La Lola se va a los Puertos (1929) e La duquesa de Benamejí (1930). Presenta tamén dúas composicións de temática galega “Evocación“ e “Sinfonía gallega”. Foi membro da Real Academia Española.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Traballou no diario brasileiro A Actualidade e en La España, para logo fundar El Diario Español de Montevideo (1906), que dirixiu posteriormente un fillo seu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e escritor. Foi un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos (1923), onde traballou na área de filoloxía. Colaborador de diversas publicacións periódicas, como El Pueblo Gallego, Nós e A Nosa Terra, xunto con Filgueira Valverde, Lois Tobío e Cordal Carús, contribuíu á elaboración do Vocabulario popular galego-castelán, que se entregaba con El Pueblo Gallego. Ademais de diversos artigos de ensaio, publicou, dentro da colección Lar, os relatos O kalivera 30 H.P. (1926) e O filósofo de Tamarica (1926).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Foi alumno de Asorey, López del Riego e Acuña, e director da Escola de Artes e Oficios de Lugo. Desde a década de 1980 traballa nas obras inacabadas da Sagrada Familia de Barcelona, para as que realiza columnas, capiteis e pináculos no seu taller de Begonte. Recibiu a Medalla de Bronce de Galicia (2001) e a Medalla Castelao (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Formado na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, colaborou en La hora e Alcalá, e realizou murais e escenografías para o Teatro Español Universitario. Introduciu a arte abstracta en España e foi un dos pioneiros da vangarda española da década de 1950. Traballou na renovación da pintura con obras como Verdes y redes (1950-1951), Ocre y gris (1960) e Composición (1960), onde expresou o paso da figuración cara ao xestual co establecemento dunha organización abstracta e xeométrica das relacións formais, cromáticas e lumínicas. Empregou a mancha firme de cores puras e abordou a estrutura compositiva e a diferenciación cromática. A finais desta década decantouse cara a unha abstracción baseada na action painting e amosou afinidades co grupo El Paso. Posteriormente, aventurouse no campo da escena e vinculouse ao mundo do teatro e do cine, onde traballou como figurinista e decorador e realizou as escenografías das obras teatrais La Celestina e Medea ou a ópera Norma. Traballou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo. Científico titular do CSIC, dirixiu o Instituto de Estudios Sociales Avanzados (IESA) en Barcelona (1996-1999). Realizou un importante labor de investigación sobre temas antropolóxicos de Galicia. Ademais, publicou diversos capítulos en obras colectivas e numerosos artigos en revistas como Grial, Boletín Auriense e El Museo de Pontevedra. Das súas obras destacan Loureses, antropoloxía dunha parroquia galega (1984), Las serpientes contra Santiago (1989), Que enterren o meu corazón en Loureses (1992), El valle de Josafat, un fresco de la España actual (1993), O ciclo da vida (1998), en colaboración con Fina M. Antón, En cueros vivos. Pensamiento de C. J. C. sobre el hombre (2002) e O burro (2002). Forma parte da Societé des Étudiés Euroasiatiques, da Societé de Mythologie Française e da EASA (European Association of Social Anthropologists). É membro fundador de EURETHNO (Organización de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manuel J. Francisco Prieto Comesaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana, situado en La Ribera Alta, no val baixo do río Albaida (2.450 h [2001]). A industria céntrase nos derivados da agricultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe castelá da Baixa Idade Media que tivo a súa orixe no infante Manuel, fillo pequeno de Fernando III o Santo e Beatriz de Suabia. O patrimonio familiar dos Manuel tiña o seu centro nas comarcas orientais de Castela, fronteirizas coa Coroa de Aragón (Alarcón e Villena). O seu máximo esplendor produciuse na segunda metade do s XIV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manuel Antonio Pérez Sánchez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Déspota de Morea (1348-1380), fillo de Xoán VI Cantacuceno de Bizancio. Combateu contra a dinastía dos Paleólogos xunto ao emperador, que lle concedeu o despotado de Mistra. Converteu este territorio nun centro cultural de primeira orde para o mundo grego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Savoia (1533-1580), fillo do duque Carlos III. Entrou ao servizo do Emperador Carlos V en 1545, despois de que Francia invadira o seu ducado en 1536. En 1553 foi nomeado xefe do exército imperial en Flandres e, máis tarde, foi lugartenente xeral de Países Baixos. Nomeado gobernador por Filipe II (1556), derrotou os franceses nas batallas de Saint-Quentin (1557) e Gravelines (1558). En 1559 recuperou o seu ducado e casou coa irmá de Enrique II de Francia, que achegou o ducado de Berry como dote. Organizou o seu estado cunha administración centralista e dotouno dun exército permanente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio literario convocado polo concello da Estrada a partir de 1989, que tivo a súa orixe no Premio Vila da Estrada, creado o ano anterior. Na súa III edición, deserta, convocáronse as xornadas “Manuel García Barros, encontros para un estudio”. Obtiveron este premio obras como Paisaxe con muller e barco (1989), de Manuel Forcadela, O corpo canso (1992), de Manoel Riveiro, As rulas de Bakunin (2000), de Antón Riveiro Coello, A historia escríbese de noite (2001), de Bieito Iglesias, Un nicho para Marilyn (2002), de Miguel Anxo Fernández,   A vida que nos mata (2003), de Xabier López López e Unha viaxe no Ford T (2004) de Xerardo Agrafoxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador bizantino (1143-1180), fillo de Xoán II Comneno de Bizancio. Continuou a guerra contra os turcos e resistiu un ataque dos normandos (1149). Intentou recuperar Dalmacia pero a oposición de Venecia provocou unha guerra marítima (1171-1175) que tivo fatais consecuencias para os bizantinos. Foi derrotado en Asia Menor polos turcos selxúcidas (1176), que trala súa morte se estenderon por todo o territorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Portugal (1495-1521), fillo do duque Fernando de Viseu. Sucesor de Xoán II de Portugal, emprendeu unha política autoritaria e aristocratizante. Restrinxiu as liberdades populares e concedeu privilexios ao clericato e á nobreza. Durante o seu reinado o imperio ultramarino portugués acadou unha grande extensión e Lisboa converteuse nun dos principais centros comerciais do continente europeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Trebisonda (1238-1263), fillo de Aleixo I de Trebisonda. Membro da familia dos Comneno. Non puido manter o poder debido aos ataques dos turcos selxúcidas e os mongois. Despois da Batalla de Arunga (1244) recoñeceuse vasalo do gran khan mongol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Portugal (1908-1910), fillo de Carlos I de Portugal e María Amelia de Orléans. Coñecido como Manuel de Bragança, herdou a coroa trala morte do seu pai e do seu irmán maior Luís Filipe. Malia que manifestou un respecto polas normas constitucionais, non puido superar o desprestixio en que caera a monarquía polos erros dos seus antecesores. Despois dunha rebelión militar de carácter republicano, en outubro de 1910, exiliouse en Reino Unido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Bizancio (1391-1425), fillo de Xoán V Paleólogo de Bizancio. Acudiu a Occidente (1399) para solicitar axuda contra os turcos de Baiaceto I, pero non a conseguiu. Amigo do sultán Mehmet, conseguiu a recuperación dalgúns territorios e restableceu a orde do Imperio Bizantino. Coa chegada ao poder do fillo de Mehmet I, Murat II, a paz perigou e tivo que someterse ao novo sultán, ademais de pagar un importante tributo. Pouco despois de asinar este tratado retirouse a un convento, onde morreu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio de novela curta convocado polo concello do Grove desde 1992, coa colaboración de Sotelo Blanco Edicións. Gañaron este premio obras como Breve crónica universal da clase obreira (2001), de Santiago Jaureguizar, O mono no espello (2002), de Xabier López López e Ácaros verdes (2003), de Pilar Buela Piedra.

    VER O DETALLE DO TERMO