"OMI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1140.
-
PERSOEIRO
Filólogo e político liberal. Cursou estudios en Santiago de Compostela e ingresou no convento de San Lourenzo, aínda que antes de profesar trasladouse a Madrid, onde ensinou francés. Participou na política activa e en numerosas sociedades secretas de corte liberal existentes en Madrid, e formou parte da insurrección contra Narváez (1848). Cómpre destacar as súas obras Nueva gramática francesa (1844), Reglas de ortografía francesa (1844), Dicionario nacional o gran dicionario clásico de la lengua española (1846), Dicionario de bolsillo francés-español y español-francés (1846) e Compendio do dicionario nacional de la lengua española (1852).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Docente e político. Estudiou na Universidade de Oxford e foi profesor de francés e inglés no colexio de primeiro e segundo ensino San Tomé de Aquino de Vigo, dirixido naquel momento por Telmo Rotea Osorno. Foi vogal da xunta local de primeiro ensino e presidente do Casino de Vigo e, posteriormente, alcalde de Vigo no trienio 1881-1884. Pertenceu ao partido fusionista de Eduardo Iglesias. Distinguiuse polo seu apoiou ás escolas públicas. Mantivo contactos coa Institución Libre de Enseñanza (ILE) e no verán de 1883 recibiu en Vigo a visita de F. Giner de lo Ríos e M. Bartolomé Cossío. Dende a ILE mandáronse bosquexos para a construción de grupos escolares e de escolas elementais. Durante o seu mandato, ademais doutras obras como a Alameda e o cárcere novo, rematáronse as obras das escolas do Centro e impulsáronse as do Areal. Ao deixar a alcaldía (1884) intentou crear un centro na cidade olívica, seguindo as orientacións institucionistas, polo que mantivo correspondencia epistolar con Giner.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como Joaquín Domínguez Bécquer, foi tío e mestre de Valeriano Bécquer. Dirixiu as obras dos Reales Alcázares e foi pintor de cámara honorario de Isabel II. Cultivou o retrato e a pintura costumista andaluza. Entre outras obras destacan Feria de Sevilla, Baile de Gitanos e La lonja en día de carnaval.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como José Domínguez Bécquer, foi pai do poeta Gustavo Adolfo Bécquer e do pintor Valeriano Bécquer. Realizou cadros costumistas andaluces e colaborou nos xornais España artística e Sevilla pintoresca.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Doutor en Dereito, colaborou en El Porvenir, El Eco de Galicia, El Heraldo Gallego, La Perseverancia e La Joven Galicia, e foi redactor de El Recreo Compostelano, El Eco Compostelano e El Miño. Dirixiu a Corona fúnebre a la memoria del distinguido poeta gallego Aurelio Aguirre Galarraga (1859). Entre as súas publicacións destacan “Fisionomía del médico gallego rural” (1851), “Outra carta procrama en pro do País en contra de canto se opoña ao engrandecemento do antigo reino gallego” (1858), baixo o pseudónimo Pepe de Mingos Esquerdo, e “Estonces e agora ou coroas e cadeas do fidalgo povo galicián” (1859), que destacaron por formar parte dos primeiros textos en prosa escritos en galego.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Restaurador. Propietario do Restaurante Combarro de Madrid. Recibiu, entre outros galardóns, o Colar Internacional de Gastronomía, o Premio Nacional de Gastronomía e o Colar Gastronómico da Xunta de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Tenista. O seu primeiro triunfo internacional acadouno no campionato de Europa individual na categoría cadete en xullo de 1997, e nese mesmo ano, coa selección española, foi subcampiona de Europa cadete e medalla de bronce na Continental Cup sub-18 (Miami); ademais, en decembro, proclamouse campioa da Orange Bowl sub-16 de Florida, considerado o campionato do mundo da categoría. Con este palmarés, ao que se sumaron dous títulos do circuíto Challenge WTA en dobres, a Federación Europea de Tenis nomeouna mellor xogadora sub-16 do continente en 1997. En 1998, á parte de 9 campionatos Challenge WTA, individuais e dobres, acadou o terceiro posto no campionato de Europa junior individual e os subcampionatos mundial por equipos e dobres na Orange Bowl sub-18. En xuño de 1999 conquistou o título júnior dos campionatos internacionais de Francia (Roland Garros). Completou ese ano con sete novos títulos Challenge WTA, o campionato de Europa absoluto por equipos e o subcampionato do mundo sub-18 coa...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Artista plástica. Cursou estudios de pintura, escultura e fotografía na facultad de Bellas Artes da Universidad Complutense de Madrid e como alumna invitada na Hochschle der Kunste de Berlín. Empregou as técnicas mixtas no tratamento dos obxectos (Diálogo, 1999), con cadeiras nas que se ven reflectidos corpos fragmentados que inciden na fraxilidade do ser humano. Foi axudante de Paloma Navares na montaxe das súas fotografías e instalacións, e directora artística da curtametraxe El Especialista. Realizou diversas exposicións, entre as que destacan, Rassismus und wurzlen (Berlín, 1993), Doña Luche (Madrid,1996) e Diálogos con el espejo (Pontevedra, 1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xogador internacional de balonmán. Formouse nas categorías inferiores da S D Teucro. Debutou co equipo de División de Honor en 1989. Marchou a Santander en 1993 para xogar no G D Teka (posteriormente, C Bm Cantabria), co que se proclamou campión de Liga (1993-1994) e campión de Europa (1993-1994). Retornou ao Teucro na tempada 1999-2000, para fichar despois polo C D Bidasoa de Irún, ao que se incorporou na tempada 2000-2001. Formou parte da selección española absoluta en 20 partidos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista, escritor e guionista. Estudiou dereito, filosofía e letras e xornalismo. Foi redactor de diversas publicacións periódicas como La Noche, El Correo Gallego, El Álcazar, Pueblo e El Imparcial; ademais colaborou en ABC, Faro de Vigo, La Voz de Galicia, Triunfo, Gaceta ilustrada, Crítica, La Codorniz, Diario 16, Actualidad Española, Velocidad, El Ruedo, Dígame, Sábado Gráfico, El Caso, El Tiempo de Bogotá, Interviú e Tribuna. Traballou en diversas emisoras como Radio Intercontinental, Radio Nacional de España, Radio Madrid e Radio Barcelona. Exerceu como redactor xefe de Radio España e presentou diversos espacios informativos e de entretemento en TVE. Foi correspondente da Cadena SER en diversos países de África e América, e fundou a axencia informativa Mondial Press. Dirixiu as publicacións Discóbolo e Cine en siete días. Foi xefe de prensa e relacións públicas do Atlético de Madrid SAD e director de Mundo rojiblanco....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Licenciado en Filosofía e Letras e doutor en Historia pola Universidad Complutense de Madrid. Especializouse como investigador en temas de historia social da Idade Moderna. A súa obra superou os catrocentos títulos, entre os que cómpre destacar La sociedad española en el siglo XVIII (1955), La sociedad española en el siglo XVII (1963-1970), Sociedad y estado en el siglo XVIII español (1976) e España. Tres milenios de historia (2000); ademais, redactou manuais como El Antiguo Régimen: Los Reyes Católicos y los Austrias (1973) e dirixiu unha Historia de España (12 volumes, 1987-1994). Colaborou na publicación das Actas de las Juntas del Reino de Galicia (1994-2001). Recibiu o premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociales de 1982 e o Premio Menéndez Pidal de Investigación Humanística (1987). Membro da Real Academia de la Historia, recibiu os doutorados honoris causa polas universidades de Granada, Barcelona,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Trasladouse en 1929 a París para atender os negocios familiares, onde se dedicou á pintura e coñeceu os surrealistas. A súa obra recibiu a influencia de Picasso, De Chirico e Dalí. En 1934 incorporouse ao grupo surrealista, ao que pertenceu ata que Breton o expulsou en 1945. Realizou a súa primeira exposición en 1933 no Círculo de Bellas Artes de Santa Cruz de Tenerife. Atribúeselle a invención da técnica da décalcomanie, calcomanía realizada sen obxecto ao manchar de gouache ao papel e dobralo para, coa presión das mans, acadar unha realidade de carácter onírico, relacionada co automatismo psíquico dos surrealistas. Entre as súas obras destacan Paisajes Cósmicos (1929), Cuevas de guanches (1935), Composition au taureau (Composición dun touro, 1934-1935) e La chambre transparente (O cuarto transparente, 1939). Publicou o libro de poemas Les deux qui se croisent (Os dous que se miran, 1947), e ilustrou, entre outros, Poésie...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Guerrilleiro antifranquista. Coñecido como Luis Pimentel, en 1936 foi un dos mariñeiros do cruceiro España que se negaron a entregar o navío en favor da sublevación, polo que pasou seis anos no cárcere. En 1945 uniuse ao grupo guerrilleiro da comarca das Mariñas que o Comité Provincial do Partido Comunista de Lugo reconverteu no Grupo Voante A. En 1946 foi xefe militar do grupo denominado “Destacamento Enrique Líster”. Existen dúas teorías arredor da súa morte, que puido ser aniquilado polos seus compañeiros ou que foi condenado a morte o 14 de decembro de 1948.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor. Comezou no sector audiovisual coa longametraxe A outra muller (1982), realizada en soporte magnético. En 1986 dirixiu, xunto con Uxía Blanco, a curtametraxe O segredo, en 35 mm. Despois dun período dedicado ao ensino na Escola de Imaxe e Son da Coruña, o seu labor orientouse fundamentalmente á elaboración de guións, tanto para producións cinematográficas como televisivas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e comerciante. Colaborou en diversas revistas e xornais galegos. É autor de varias narracións breves. A súa peza dramática, A tola xuiciosa, recibiu o Premio de Teatro Abrente de Ribadavia en 1974.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Economista. Profesor da facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago de Compostela e director xeral do Grupo Araguaney e da empresa audiovisual CTV. Presidente da Asociación de Empresas Galegas do Audiovisual (AEGA).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta e crítico literario. Licenciado en Filosofía, doutor en Lingüística Hispánica e profesor titular na Universidad Nacional de Educación a Distancia, fundou e dirixiu a Aula de Literatura Antonio Machado en Francia. Colaborador en revistas especializadas, como Zurgai, onde publicou “Última poesía gallega” (1993), publicou os poemarios Garlopa Marina (1974), Fendas (1991), Eidos da mirada (1994), Gremor (Premio Puente Cultural) e ensaios como Antonio Machado (1979), El signo poético (1987) ou La llama exótica: el pensamiento de Emmanuel Lévinas: eros, gnosis, poíesis (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Protexido de Pedro Martín Cermeño García de Paredes, exerceu o cargo de mestre maior das fortificacións da Coruña. A partir de 1782 traballou como arquitecto principal das obras de urbanización e saneamento da cidade herculina. Foi arquitecto municipal da Coruña dende a creación do cargo en 1786. O seu estilo neoclásico, influído por Martín Cermeño, caracterizouse por unha gran sinxeleza e por un sentimento clasicista moi puro. Entre as súas obras coruñesas destacan, ademais dalgunhas vivendas particulares, a Aduana Marítima (sede da subdelegación do Goberno, 1780), o Real Consulado (sede da Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario) e o desaparecido Hospital Municipal (1791). Deseñou tamén as fontes de Neptuno e da Fama (1791) e os planos, non executados, para o ensanche da cidade e para a fonte da antiga praza da Fariña (praza de Azcárraga), e dirixiu as obras de construción do Teatro Provisional da Porta Real (1804). En Santiago de Compostela construíu o...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Xunto con Tomás Gambino realizou o retablo maior de San Pedro de Fiopáns (A Baña), deseñado por Miguel Ferro Caaveiro (1777). Para o antigo mosteiro de Cascas (Betanzos) trazou os planos do altar dunha capela situada á beira da sancristía. En 1784 realizou o retablo maior de Santa María de Portas (Portas) e en 1795 fixo os planos da capela da Leite da igrexa de Santiago da Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Autor teatral e militante anarquista. Emigrou a Uruguay e actuou nos círculos teatrais de Montevideo, onde participou na creación da Universidad Popular (1931) e no Teatro del Pueblo (1936). A súa traxectoria estivo marcada pola preocupación social e a identificación coa cultura galega, que se plasmou na dirección da representación de O fidalgo, de Xose Luís Romero (1958), e na fundación da Compañía de Teatro Popular Galego (1962). Presidiu o Centro Republicano Español de Montevideo.
VER O DETALLE DO TERMO