Domínguez Palazón, Óscar

Domínguez Palazón, Óscar

Pintor. Trasladouse en 1929 a París para atender os negocios familiares, onde se dedicou á pintura e coñeceu os surrealistas. A súa obra recibiu a influencia de Picasso, De Chirico e Dalí. En 1934 incorporouse ao grupo surrealista, ao que pertenceu ata que Breton o expulsou en 1945. Realizou a súa primeira exposición en 1933 no Círculo de Bellas Artes de Santa Cruz de Tenerife. Atribúeselle a invención da técnica da décalcomanie, calcomanía realizada sen obxecto ao manchar de gouache ao papel e dobralo para, coa presión das mans, acadar unha realidade de carácter onírico, relacionada co automatismo psíquico dos surrealistas. Entre as súas obras destacan Paisajes Cósmicos (1929), Cuevas de guanches (1935), Composition au taureau (Composición dun touro, 1934-1935) e La chambre transparente (O cuarto transparente, 1939). Publicou o libro de poemas Les deux qui se croisent (Os dous que se miran, 1947), e ilustrou, entre outros, Poésie et vérité (Poesía e verdade, 1947) de Eluard. Suicidouse no seu obradoiro parisiense.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Tacoronte, Santa Cruz de Tenerife

  • Deceso

    Lugar : París