Domínguez Olano, Antonio
Xornalista, escritor e guionista. Estudiou dereito, filosofía e letras e xornalismo. Foi redactor de diversas publicacións periódicas como La Noche, El Correo Gallego, El Álcazar, Pueblo e El Imparcial; ademais colaborou en ABC, Faro de Vigo, La Voz de Galicia, Triunfo, Gaceta ilustrada, Crítica, La Codorniz, Diario 16, Actualidad Española, Velocidad, El Ruedo, Dígame, Sábado Gráfico, El Caso, El Tiempo de Bogotá, Interviú e Tribuna. Traballou en diversas emisoras como Radio Intercontinental, Radio Nacional de España, Radio Madrid e Radio Barcelona. Exerceu como redactor xefe de Radio España e presentou diversos espacios informativos e de entretemento en TVE. Foi correspondente da Cadena SER en diversos países de África e América, e fundou a axencia informativa Mondial Press. Dirixiu as publicacións Discóbolo e Cine en siete días. Foi xefe de prensa e relacións públicas do Atlético de Madrid SAD e director de Mundo rojiblanco. Traballou no terreo cinematográfico como crítico e nalgunhas producións de Manuel Summers, Álvaro Sáenz de Heredia e Lara Palop. Publicou Los hombres se visten de plata, Las mujeres de Picasso, Guía secreta de Madrid, Dinastías (1988), Operación safari, Dalí y sus extrañas amistades, Salvador Dalí, Historias verdísimas D’Olano e El arrebato. Como autor teatral estreou máis de trinta comedias, entre elas, Madrid, pecado mortal, en 1975, Sexo, e El baúl de la Piquer. Finalista do Premio Planeta e do Premio Espejo de España, conseguiu o Premio Ondas de radio en tres ocasións, e o Premio Antonio Machado de contos.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Vilalba