"Orio" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 485.

  • Estado de Australia (1.346.200 km2; 210.664 h [2001]). A súa capital é Darwin. A rexión do N está formada por chairas costeiras que alternan con altiplanos (Terra de Arnhem) e as illas que rodean a costa, con clima húmido e cálido. A rexion central ten unha vexetación de estepa e sabana (Barkly Tableland). Ao O atópase o deserto de Tanami. Na rexión meridional, seca e árida, alternan as cordilleiras (Macdonnell Ranges) e as depresións (Simpson Desert). A vexetación está formada basicamente polo scrub. A economía está baseada principalmente na explotación de cobre, ouro, uranio, estaño, mica, tungsteno, bauxita, manganeso, chumbo, cinc, ferro, e na gandaría bovina. O desenvolvemento do territorio é lento a causa das escasas comunicacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista mensual editada en 1997 en Santiago de Compostela. Dirixida por Eduardo Ramonde e promovida pola Federación Galega de Municipios e Provincias, nos seus artigos analizaba a situación dos concellos en Galicia, a relación destes coa Xunta de Galicia e co Estado, lexislación e acordos das administracións locais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que serve para tinguir.

    2. Aplícase ás plantas das que se obteñen colorantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento químico, de número atómico 90 e peso atómico 232,0381, que pertence ao grupo IIIB da táboa periódica. É o primeiro membro da familia dos actínidos e foi descuberto por J. J. Berzelius (1828). Está constituído esencialmente por un só isótopo, 232 Th, radiactivo, con emisión α, que ten unha vida media de 1,39×10 10 anos e é un dos radioisótopos que existiron ao longo de todo o tempo xeolóxico. Atópase amplamente difundido na natureza e a súa abundancia na codia terrestre é similar á do chumbo. Os seus minerais máis importantes son a monacita e a torita. Presenta un marcado carácter electropositivo (E° Th 4+ /Th = -1,899 V) e notable reactividade. Combínase directamente coa maioría dos non-metais a temperaturas elevadas. É atacado polos ácidos minerais e é inerte aos hidróxidos dos metais alcalinos. A súa aplicación máis importante é o seu uso en reactores nucleares rexeneradores para obter uranio 233 e tamén na fabricación...

    2. Sólido en forma de pos brancos, con excelentes propiedades refractarias, que se obtén por redución do nitrato de torio.

    3. Sólido cristalino branco, soluble en auga e alcohol, que se emprega en medicina e en análise química.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é de curta duración.

    2. Que serve de transición.

    3. Aplícase ao réxime de funcionamento dunha corrente eléctrica que ten lugar durante o período de tempo transcorrido antes de alcanzar o réxime permanente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Galería aberta no muro sobre os arcos das naves laterais dunha igrexa, de menor anchura que estas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca (1202-1241), fillo de Valdemar I. Sucedeu ao seu irmán Canuto VI. Como duque de Slesvig (desde 1188) defendeu a fronteira contra a agresión do emperador e conquistou Holstein e Hamburgo (1200-1201). Aliado co Emperador Federico II contra o Emperador Odón IV, en 1214 adquiriu Schwerin, e Federico II renunciou a favor del ás terras dos vendes e a todo o territorio xermánico ao N do Elba e do Ende. Os señores feudais de Alemaña do N aliáronse contra el e derrotárono en Bornhöved en 1227.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor colombiano. Influído por Murillo, pintou naturezas mortas, retratos e sobre todo escenas relixiosas de gran formato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reunión de persoas que velan o defunto pola noite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á caza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao parche que se pon para levantar as ampolas ou as vexigas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que vibra.

    2. Que está constituído por vibracións.

    3. Que se acompaña de vibracións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político italiano. Militante comunista, foi axente do Komintern en EE UU (1923-1927). Na Guerra Civil Española foi asesor militar das milicias comunistas e comisario político do Quinto Regimiento, e empregou o nome de Carlos Contreras. Foi acusado de ser o responsable do asasinato de Andreu Nin (1937). Foi deputado (1958-1963) e senador (1963-1968) polo Partito Comunista Italiano. Publicou La Quinta Columna. Cómo luchar contra la provocación y el espionaje (1937).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que conseguiu a vitoria.

    2. Aplícase ao combate, loita ou competición en que se vence.

    3. Que reflicte éxito ou vitoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Batalla que tivo lugar preto da cidade homónima, Italia, entre tropas italianas e austríacas, entre o 24 de outubro e o 3 de novembro de 1918, a finais da Primeira Guerra Mundial. A vitoria italiana contribuíu ao afundimento da monarquía austro­húngara.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada un dos accesos á cávea que nos teatros e anfiteatros romanos daban paso ás bancadas desde os corredores ou galerías interiores.

    2. Porta de saída das bancadas dun estadio ou dunha construción semellante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Observatorio astronómico situado en Mount Wilson (California). G. E. Hale comezou a súa construción en 1904. En 1908 foille instalado un telescopio reflector de 1,5 m de diámetro, e en 1918 un de 2,5 m, o máis grande do mundo. Desde 1948, xunto co observatorio Palomar, depende do Californian Institute of Technology, e desde 1970 ambos os dous son coñecidos como Observatorios Hale.

    VER O DETALLE DO TERMO