Territorio do Norte

Territorio do Norte

Estado de Australia (1.346.200 km2; 210.664 h [2001]). A súa capital é Darwin. A rexión do N está formada por chairas costeiras que alternan con altiplanos (Terra de Arnhem) e as illas que rodean a costa, con clima húmido e cálido. A rexion central ten unha vexetación de estepa e sabana (Barkly Tableland). Ao O atópase o deserto de Tanami. Na rexión meridional, seca e árida, alternan as cordilleiras (Macdonnell Ranges) e as depresións (Simpson Desert). A vexetación está formada basicamente polo scrub. A economía está baseada principalmente na explotación de cobre, ouro, uranio, estaño, mica, tungsteno, bauxita, manganeso, chumbo, cinc, ferro, e na gandaría bovina. O desenvolvemento do territorio é lento a causa das escasas comunicacións.