"PL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1539.
-
MUNICIPIOS
Municipio na comarca da Conca de Barberà, Tarragona (3.671 h [1996]). As principais actividades económicas están relacionadas coa industria (química, metalurxia e construción). Na agricultura destacan a viña e as froiteiras. A proximidade ao mosteiro de Poblet deulle unha certa vitalidade turística e comercial. Denominada no medievo Spelunca, tivo as súas orixes no Palelítico Inferior, do que se conserva o xacemento da cova de Mont Major, que en 1994 se converteu en cova museo prehistórica. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa vella de Sant Miquel, medieval, aínda que recontruída trala Terceira Guerra Carlista (1873), o hospital de Sant Joan (s XIV), a fonte de Baix e o edificio da adega cooperativa deseñado polo arquitecto modernista L. Domènech i Montaner.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Fillo dun pintor retratista, iniciouse na pintura e no debuxo. En 1876 abriu o seu primeiro estudo de retratos en Barcelona, co que conseguiu certa popularidade, sobre todo entre a burguesía catalá e os profesionais liberais. As súas fotografías apareceron en numerosos periódicos e revistas de España e de todo o mundo. Ademais dos retratos, dedicouse a fotografar paisaxes, monumentos, arquitecturas, esculturas, pinturas e debuxos que apareceron, os máis deles, en tarxetas postais. Censuraron algunhas das súas fotografías artísticas, marcadas polo erotismo. Recibiu diversos premios nas exposicións universais de Barcelona (1888), París (1889), Londres e Atenas. En 1881 obtivo a Cruz de Isabel la Católica.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, situado na marxe esquerda do río Llobregat (46.810 h [1996]). A partir dos anos cincuenta, a recuperación da actividade industrial e a inmigración convertérono nun municipio catalán cun alto grao de industrialización; traballa neste sector o 42% da poboación. Os principais sectores son o téxtil, as artes gráficas e os produtos químicos, farmacéuticos e plásticos. Tamén tivo un gran desenvolvemento o sector servicios, mentres que a agricultura apenas ten relevancia. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de Santa Magdalena, medieval, e reconstruída no s XVI, o convento de Montsió (s XIV e XV) e a Torre Lleóns, casa do s XVI construída sobre unha vila romana.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Praza situada en París e formada pola intersección de doce avenidas. No centro sitúase o Arc de Triomphe, que iniciou F. Chalgrin en 1806 pero que non se rematou ata 1836. Trazada no s XVIII por J. R. Perronet, a súa forma definitiva deulla J. Hittorff (1854). Dende 1970 denomínase Place Charles de Gaulle.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves da familia dos ploceidos ao que pertencen algunhas viúvas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao núcleo, célula, tecido ou organismo que presenta euploidía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade da célula cunha dotación cromósomica que é un múltiplo exacto do xenoma básico (n, 2n, 3n, etc).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de protozoos ciliados e reptantes que presentan un número de cirros e estrutura celular característicos e se alimentan de bacterias floculantes. Algunhas das especies máis comúns son E. aediculatus, propia de augas doces; E. affinis, típica dos reactores de fangos activados; E. harpa, que habita augas con elevada salinidade; e E. patella, típica das augas doces.
-
-
Que serve de exemplo ou de advertencia.
-
Cada un dos individuos ou elementos dunha clase ou especie.
-
Copia de calquera material impreso ou cantidade que se fai de calquera publicación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de exemplar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Libro ou colección de exemplos doutrinais ou de casos prácticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode exemplificar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de exemplificar.
-
-
Ilustrar ou explicar algo cun exemplo.
-
Servir algo de exemplo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que exemplifica.
-
-
-
Cousa ou feito que se pon como modelo do que se pretende imitar ou evitar.
-
Persoa ou cousa considerada como obxecto de imitación polas súas altas calidades ou características.
-
-
-
Individuo ou elemento que serve de mostra dunha clase ou categoría determinada á que pertence.
-
Cousa que se cita como ilustración ou explicación de algo.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da retórica clásica, pertencente aos campos do ornatus e dos argumenta, aínda que co tempo tamén se vincularía á predicación medieval. As primeiras manifestacións remóntanse ás escolas de retórica da Antigüidade greco-latina. A colección Factorum ac ditorum memorabilium libri IX (Nove libros de feitos e ditos memorables), de Valerio Máximo (s I), xurdiu como práctica ilustrativa para traballar nas escolas. Orixinariamente, utilizouse na argumentatio retórica para fundamentar teses e convicións. Estas “probas retóricas” dividíanse en probas extratécnicas (leis ou testemuños, anteriores á causa mesma e alleos á habilidade do orador) e intratécnicas, dependentes da capacidade retórica do orador e pertencentes aos ámbitos do simili, o argumentum e a sententia. O exemplum definíase como rei gestae aut ut gestae utilis ad persuadendum id quod intenderis commemoratio. Polo tanto, tiña unha fonte material, unha función de utilitas e unha forma literaria (commemoratio); tratábase, pois, dun...
-
-
Acción e efecto de explanar.
-
Acción de poñer plano un terreo por medios mecánicos, eliminando as súas irregularidades. Se se moven grandes cantidades de terra moi dura ou se o terreo é moi rochoso, empréganse explosivos e máquinas perforadoras; para o movemento e a preparación do terreo procédese á escavación, nivelación e escarificación. O acabado da superficie conséguese mediante máquinas aplanadoras e apisoadoras.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte ou porción dun terreo maior que foi explanado, especialmente diante dunha fortificación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que explana.