"RAF" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 981.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada pola Asociación Galega de Deseñadores Gráficos, Ilustradores e Directores de Arte (AGG) na Coruña a partir de xaneiro de 1987. Subtitulouse “Publicación de Deseño Gráfico e Comunicación Visual”. Trátase dunha revista informativa, cun formato novidoso en forma de triángulo, que incluía diversas seccións relacionadas con proxectos, concursos e normativas.
-
-
Relativo ou pertencente á grafía e á imprenta.
-
Que se representa ou fai por medio de figuras, liñas ou signos.
-
Que expresa con moita claridade algo, como se o debuxase.
-
-
Representación de algo por medio dun debuxo.
-
Debuxo representativo dun conxunto de datos estatísticos.
-
Subconxunto do produto cartesiano A x B de dous subconxuntos; trátase, polo tanto, dun grupo de parellas de elementos (a, b), onde a? A e b? B. No caso de que A e B sigan, respectivamente, o dominio de definición e a imaxe dunha función, o gráfico correspondente denomínase tamén gráfica funcional ou curva asociada á función.
-
gráfico de control
Representación cronolóxica de observacións relativas a mostras dun proceso industrial para controlar as características do produto e corrixir, se cadra, o funcionamento do proceso.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico de tendencia esquerdista editado en Ferrol en 1932, como resultado dunha folga dos tipógrafos do xornal El Correo Gallego. Nel participaron sinalados militantes do obreirismo departamental como o sindicalista Mario Rico e os socialistas Antonio Filgueira Vieites e Pedro Guimarey, amais do ex-crego e integrante da masonería, Matías Usero.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Orla ou cordón que presentaban algunhas moedas preto do bordo para evitar o seu desgaste e a práctica fraudulenta do retallamento. Existían diferentes tipos, como a de perlas, de puntos, de liña ou liñas e follas. Antigamente, gravábase nunha operación diferente da cuñación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Decoración que consiste en dar a unha superficie un perfil ondulado mediante incisións paralelas a xeito de molduras convexas xustapostas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento punzante que serve para facer os debuxos e as incisións de pinturas esgrafiadas ou estufadas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especialidade das artes gráficas na que se atende dunha maneira particular ás técnicas e á composición de elementos gráficos que interveñen na páxina impresa e en todos os procesos de reprodución e estampación directamente relacionados. Ten a súa orixe no debuxo litográfico, o retoque e a ilustración publicitaria. No eido das belas artes aplícase ao predominio da liña e do ton sobre a cor nos debuxos e nos distintos tipos de estampas gravadas. Despois do cubismo, foron o construtivismo, o dadaísmo, De Stijl, a Bauhaus e a escola de Basilea os movementos que, entre 1920 e 1930, fixeron triunfar un novo grafismo caracterizado polas composicións macizas, as letras en pau seco, a revalorización dos espacios brancos e a manipulación fotográfica da ilustración. En EE UU naceu unha corrente gráfica en que a fotografía e a ilustración acadan o primeiro termo. Tamén se denomina deseño gráfico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especialista en grafismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de grafitar.
-
-
Converter en grafito.
-
Revestir algunha superficie con grafito.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao grafito.
-
Que deriva ou está feito de grafito.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Descomposición da cementita en grafito e ferro, segundo a reacción Fe3C S C + 3Fe, que se pode desprazar á dereita polo arrefriamento lento do metal ou por medio de elementos grafitizadores. Coa grafitización aumenta a mecanizabilidade e a tenacidade da aliaxe e diminúe a dureza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á substancia que favorece a reacción da grafitización. Normalmente, emprégase o silicio, o níquel e o bismuto.
-
-
Mineral que cristaliza no sistema hexagonal. Ten un hábito tabular e tamén aparece como grans illados e formacións terrosas. É de cor negra, cun brillo metálico mate e opaco. Ten unha dureza de 1-2, unha densidade de 2,09-2,23 e unha perfecta exfoliación. Emprégase para fabricar as minas dos lapis e a súa alta temperatura de fusión (3000°C) e a súa insolubilidade nos ácidos fan que teña moitas outras aplicacións industriais. Denomínase tamén chumbo negro.
-
graffiti.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é semellante ao grafito.
-
-
Que contén grafito.
-
Que se parece ao grafito.
-
-
-
Par (C, S) que se constitúe por un conxunto S de elementos e por un conxunto C de liñas que unen os elementos de S (manifestando unha correspondencia de S en si mesma).
-
Gráfica dunha función.
-
Teoría que permite tratar graficamente problemas formalmente complexos, e que se aplica en numerosas ramas das matemáticas (álxebra, combinatoria, topoloxía, alxébrica ou lóxica matemática).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘escritura’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especialista en grafoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio do carácter dunha persoa a través da súa escritura. Baséase no principio de que certos movementos físicos do home se relacionan coas súas disposicións psíquicas. Todos os impulsos que proceden do cerebro dan unha resposta muscular que condiciona á man a uns trazos concretos. Pódese interpretar a escritura cun conxunto de trazos con interrelacións dinámicas. Considérase como o creador da grafoloxía o francés Jean-Hippolyte Michon (1806-1881), pero quen lle deu un impulso definitivo foi Jules Crépieux-Jamin (1859-1940), quen distinguiu sete xéneros gráficos fundamentais (velocidade, presión, dirección, dimensión, continuidade, forma e disposición) e unhas cento setenta e cinco especies.