"RDA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 499.

  • Il de Turquía, situado na rexión de Tracia (6.333 km2; 546.105 h [1997]). A súa capital é Tekirda ǧ (100.557 h [1997]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grito revolucionario que distinguiu diversos movementos agraristas e anarquistas dos ss XIX e XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen denota falta de intelixencia ou madurez.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que transborda.

    2. Instalación ou dispositivo que permite transbordar.

    3. Buque grande e plano que está destinado ao transporte de pasaxeiros, mercancías, automóbiles ou incluso trens, entre as dúas beiras dun estreito, un paso, un canal ou un río. OBS: Tamén se denomina ferry-boat.

    4. Dispositivo empregado para trasladar transversalmente vagóns e locomotoras dunha vía a outra paralela. Consiste nunha plataforma provista dun tramo de vía e de rodas que se move sobre uns carrís transversais e ás veces vai movida por motores propios.

    5. lanzadeira espacial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Trasladar persoas ou cousas dunha embarcación a outra ou dun vehículo a outro.

    2. Transportar pasaxeiros ou vehículos dunha beira á outra dun río ou dunha canle.

    3. Trasladarse unha persoa dunha embarcación a outra ou dun vehículo de transporte a outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga rexión de Palestina situada ao L do Xordán, correspondente ás fronteiras de Xordania tras o armisticio de 1967. Ocupada antigamente por ammonitas, moabitas e idumeos, foi sede das tribos israelitas de Gad, Rubén e parte de Manasés. Conquistada polos seléucidas (400? a C), formou parte do imperio nabateo de Petra. Baixo os asmoneos (143-63 a C) volveu formar parte do estado xudeu. Conquistada polos musulmáns (637), pasou a ser un dos seis reinos (Reino de Karak) en que foi dividida Siria baixo os califas de Bagdad. En tempos dos cruzados constituíu o principado latino de Transxordania. Tras a vitoria de Saladino en Hattin (1187) contra Reinaldo de Châtillon foi un emirato dependente dos sultáns mamelucos de Exipto. Anexionada ao Imperio Otomán (s XVI), foi ocupada polos británicos (1917), que confiaron a súa administración ao emir haxemita Abdullah ibn Hussein. Recoñecida a súa independencia (1923), a oposición sionista aconsellou a constitución dun protectorado británico nela (1928)....

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á antiga Transxordania ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante da antiga Transxordania.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado asinado o 2 de outubro de 1997 polos ministos de Exteriores dos estados membros da UE e que entrou en vigor o 1 de maio de 1999 despois de ser ratificado polos respectivos estados. Modificou nalgúns aspectos o Tratado de Maastricht, os tratados constitutivos das Comunidades Europeas e diversos actos afíns. Tratou temas de emprego, libre circulación de ciudadáns, xustiza, política exterior e seguridade común e reforma institucional para afrontar o ingreso de novos membros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do judeţ de Cluj, en Transilvania, Romanía (61.090 h [1998]). Situada ao SL de Cluj-Napoca, é un destacado centro industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sector político da esquerda con tendencias radicais e violentas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Resultado da operación de urdir que consiste nun conxunto de fíos dispostos paralelos e enrolados sobre un pregador cilíndrico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado nos contrafortes dos Montes de Toledo (3.022 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante e cosmógrafo. Participou na expedición de 1525 con Elcano ás illas Molucas. Trasladado a Nueva España, profesou na orde agostiña (1553) e formou parte, en 1559, da expedición de Legazpi ao Pacífico. En 1565 encontrou a ruta de regreso polo N, tras descubrir a corrente Kuro-Shivo e os contraalisios, e chegou a California, onde percorreu, cara ao S, o litoral de Nueva España ata chegar a Acapulco. Descubriu a ruta máis rápida entre Asia a América.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Funcionario colonial, en 1810 uniuse aos independentistas. Foi lugartenente de Simón Bolívar e, en 1830, asumiu o poder tras a dimisión do presidente Pedro Mosquera. Posteriormente foi ministro de Guerra e Mariña (1837-1839 e 1842-1845).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xogador de balonmán, duque de Palma de Mallorca. Vicepresidente do Comité Olímpico Español (2004-2005), presidiu o Instituto Nóos. Xogou na sección de balonmán do F. C. Barcelona e participou coa selección española nos xogos olímpicos de Barcelona (1992), Atlanta (1996) e Sidney (2000), conseguindo a medalla de bronce nos dous últimos. En 2000 retirouse da competición.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos urocordados.

    2. Animal do subfilo dos urocordados.

    3. Subfilo de animais do filo dos cordados, caracterizados por presentaren en estado larval un cordón nervioso dorsal, unha notocorda que se forma na parte caudal, e fendas branquiais, mentres que nos adultos desaparece o cordón nervioso e a notocorda, e quedan modificadas as fendas branquiais, excepto nos da clase dos apendicularios, na que se mantén toda a vida a notocorda. O corpo dos adultos presenta tamén unha cuberta ou túnica, formada por tunicina. Teñen moito poder rexenerativo. Inclúen unhas 2.000 especies mariñas, fixas, solitarias ou gregarias, ou peláxicas, solitarias ou gregarias. Divídense en tres clases: os ascidiáceos, taliáceos e apendicularios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Okrug autónomo da oblast’ de Irkutsk, Rusia (22.400 km2; 143.800 h [estim 1999]). A súa capital é Ust’-Ordynskij (10.693 h [1970]). Está atravesado polo río Angara e destaca na súa economía a extracción de carbón e de xiz, o cultivo de cereais e a gandaría bovina e ovina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca (1340-1375) e duque de Schleswig (1325-1375), fillo do Rei Cristóforo II. Unificou e consolidou o seu reino e vendeu Estonia aos cabaleiros teutónicos (1346). En 1361 invadiu a illa de Gotland e Scania, pero perdeu o ducado de Slesvig, a mans da Liga Hanseática.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Destacamento dunha unidade que a precede na marcha como medio de seguridade.

    2. Movemento cultural ou artístico que ten unha tendencia novidosa e avanzada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Or­ganización política arredista liderada por Álvaro de Las Casas. Deuse a coñecer oficialmente o 25 de xullo de 1933 coa publicación do seu voceiro Mais! A súa ideoloxía coincidía case totalmente coa do Partido Galeguista, agás na súa defensa da se­­paración de España. Non tiña un programa concreto nin unha estrutura organizativa.

    VER O DETALLE DO TERMO