"RM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2589.
-
PERSOEIRO
Poeta salvadoreña. Empregou nalgunhas obras o pseudónimo de Claudia Lars. Foi directora da revista Cultura. Destacan, entre as súas obras, Romances de norte y sur (1946), Donde llegan los pasos (1953) e Girasol (1962). En 1975 publicouse postumamente Poesía última.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora. Licenciada en Filosofía e Letras, doutorouse co traballo La mujer vestida de hombre en el teatro español del siglo de Oro (1976). Destacou como tradutora de obras do romanticismo alemán e como autora de biografías: Biografía de don Juan Valera (1959), Vida de Bettina Brentano (1957), Galdós visto por si mismo (1970) e Una vida romántica: Avellaneda (1968). No eido da literatura infantil publicou: Historia de la literatura infantil española (1959), Una, dola, tola, catola: el libro del folklore infantil (1977), Adivina, adivinanza: folklore infantil (1978), Colección de libros infantiles antiguos (1979) e Historia y antología de la literatura infantil universal (1988). Recibiu en 1980 o Premio Nacional de Literatura Infantil.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fórmula que expresa a sección eficaz da captura radiactiva dunha partícula A (por exemplo, un neutrón) por un núcleo B, cando a enerxía E da partícula incidente A é moi próxima a un nivel excitado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade de linfoma que afecta sobre todo a individuos de idade presenil e que se caracteriza por numerosas adenopatías non dolorosas, sobre todo no pescozo, esplenomegalia, anemia e caquexia de aparición tardía, tendencia aos derrames pleurais e ascite.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación coruñesa de vida fugaz. Naceu e desapareceu no mesmo ano, en 1900, cando o cardeal arcebispo de Compostela prohibiu a súa lectura.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista. Xunto con Franz Kafka foi o máximo expoñente da crise intelectual e social da época. Na triloxía Die schlafwandler (Os sonámbulos, 1929-1932), analizou a descomposición de Austria. Influído por James Joyce, escribiu a novela Der tod des Vergil (A morte de Virxilio, 1941). Redactou tamén ensaios sobre arte, cultura e literatura.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Líquido obtido por acción do hipobromito de sodio sobre a acetona. Ferve a 151°C, cunha lixeira descomposición. Aínda que bastante tóxico, emprégase como antiespasmódico e sedante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
tromboanxiíte obliterante.
-
PERSOEIRO
Alpinista austríaco, especialista do xeo. É famoso polas ascensións ao Gold Kappel, Broad Peak (8.047 m), e a ascensión individual ao Nanga Parbat (8.125 m). Desapareceu durante a expedición ao Chogolisa (Himalaia).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de bulbo ou é semellante a el.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Permanent International Peace Bureau Organización internacional creada en Berna en 1891 coa finalidade de coordinar as actividades en favor da paz en diferentes países. Foi creada por membros do III Congreso Mundial da Paz celebrado en Roma ese mesmo ano. Os seus obxectivos foron servir de vínculo entre os pacifistas de todo o mundo, proporcionar información sobre o movemento da paz e preparar as resolucións do Congreso Mundial da Paz. En 1910, despois de ser candidato durante sete das dez primeiras convocatorias, recibiu o Premio Nobel da Paz. Trala creación da Sociedade de Nacións, perdeu importancia e suspendeu os seus traballos durante a Segunda Guerra Mundial. En 1959 púxose fin a esta organización e os seus fondos pasaron ao International Liaison Committee of Organizations for Peace (ILCOP). Este comité tentou restablecer a anterior organización e nomeou en Xenebra unha secretaría do International Peace Bureau. Reorganizado polo comité dos premios Nobel, non acadou...
-
PERSOEIRO
Escritora. Publicou a maioría das súas obras baixo o pseudónimo de Colombine. Nos seus escritos defendeu os dereitos da muller. Colaborou en diferentes xornais e foi correspondente de prensa na guerra de Marrocos. Foi fundadora da revista Crítica e colaboradora de Prometeo e La Esfera. Cultivou o naturalismo nas súas primeiras novelas: La hora del amor (1916) e Los inseparables (1917); despois evolucionou cara ao romanticismo: El último contrabandista (1918), Los anticuarios (1921) e El retorno (1922); e o moralismo: La mal casada (1925) e Quiero mi vida (1931).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Neixarigo doloroso, xeralmente sen cabeza, do que sae brume ou pus.
-
PERSOEIRO
Soprano. Formada no conservatorio do Liceu de Barcelona, actuou no Gran Teatre del Liceu cun gran número de óperas e en concertos no Palau de la Música Catalana, así como noutras cidades europeas e asiáticas. Gañadora do Orphée d’Or pola súa actividade discográfica, dedicouse tamén ao ensino do canto. Recibiu a Creu de Sant Jordi en 1992.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor cubano. Realizou estudios de medicina, pero abandonou a carreira para ser redactor na revista Bohemia e crítico de cine. En 1951 fundou a Cinemateca de Cuba e comezou a facer crítica cinematográfica na revista Carteles. Oposto á ditadura de Batista, nun principio foi partidario da política de Fidel Castro e chegou a dirixir o Concejo Nacional de Cuba e colaborar na publicación Revolución, pero posteriormente tivo diferencias co réxime castrista e estableceu a súa residencia en Londres. O seu estilo caracterízase por unha constante experimentación, coa que consolida un mundo propio cheo de reminiscencias de La Habana. Entre a súa produción destacan os títulos: Así en la paz como en la guerra (1960), Tres tristes tigres (Premio Biblioteca Breve, 1964), Vista del amanecer en el Trópico (1974), O (1975), Exorcismos de esti(l)o (1976), Arcadia todas las noches (1978), La Habana para un infante difunto...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Atleta. Especializado en carreiras de medio fondo, proclamouse campión olímpico de 1.500 m nos Xogos de Barcelona 1992, e gañou a medalla de prata na mesma proba nos Xogos Olímpicos de Atlanta 1996, así como no Campionato do Mundo de Stuttgart 1994.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do Brasil, no estado de Espírito Santo, ao N de Rio de Janeiro (125.800 h [1980]). Atravesada polo río Novo do Sul. A súa economía baséase na gandería e na agricultura (café, cana de azucre, millo e tabaco).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Planta de aspecto similar a un cacto que presenta un talo engrosado e follas modificadas en espiñas. A semellanza das plantas cactiformes cos cactos é produto dunha converxencia evolutiva en condicións climáticas áridas sobre plantas das familias das asclepiadáceas, asteráceas euforbiáceas e vitáceas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corda que se lles pon ás vacas, atando conxuntamente os cornos e as pernas para que non escapen ou para que permanezan quietas.
-
PERSOEIRO
Comediógrafo e xornalista. Escribiu comedias satíricas como Le Roi (O rei, 1908), Primerose (Malvarosa, 1911) e M. Bretonneau (1914). Foi colaborador de Robert de Flers en moitas das súas obras.
VER O DETALLE DO TERMO