Cabrera Infante, Guillermo

Cabrera Infante, Guillermo

Escritor cubano. Realizou estudios de medicina, pero abandonou a carreira para ser redactor na revista Bohemia e crítico de cine. En 1951 fundou a Cinemateca de Cuba e comezou a facer crítica cinematográfica na revista Carteles. Oposto á ditadura de Batista, nun principio foi partidario da política de Fidel Castro e chegou a dirixir o Concejo Nacional de Cuba e colaborar na publicación Revolución, pero posteriormente tivo diferencias co réxime castrista e estableceu a súa residencia en Londres. O seu estilo caracterízase por unha constante experimentación, coa que consolida un mundo propio cheo de reminiscencias de La Habana. Entre a súa produción destacan os títulos: Así en la paz como en la guerra (1960), Tres tristes tigres (Premio Biblioteca Breve, 1964), Vista del amanecer en el Trópico (1974), O (1975), Exorcismos de esti(l)o (1976), Arcadia todas las noches (1978), La Habana para un infante difunto (1979), Mea Cuba (1992), Delito por bailar el chachachá (1995), Ella cantaba boleros (1996) e Cine o sardina (1997). Destaca tamén a súa produción sobre crítica cinematográfica como o volume Un oficio del siglo XX (1963). En 1995 recibiu o XII Premio Literario do Instituto Italo-latino Americano e en 1997 o Premio Cervantes.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Gibara, Holguín