"Sil" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 565.
-
GALICIA
Sindicalista. Canteiro de profesión e militante da UGT desde 1907, dirixiu o periódico Lucha Social (1919). En 1921 integrouse no Partido Comunista de España e, baixo a súa presidencia, a Sociedad de Canteros integrouse na CNT. Na Segunda República colaborou en Mundo Obrero e Bolchevismo, e durante a Guerra Civil Española foi secretario xeral do Instituto de Reforma Agraria. Ao termo da contenda, logo de pasar por un campo de concentración francés, o PCE enviouno como organizador e propagandista á República Dominicana, Colombia e Venezuela. Escribiu La revolución popular en el campo: colectividades agrícolas (1937).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sacerdote. Coñecido como o padre Silva, licenciouse en Filosofía Pura e Teoloxía. Fundador en Ourense do proxecto educativo Benposta Ciudad de los Muchachos (1956), en 1964 creou a primeira escola internacional de circo de España, El Circo de los Muchachos. Recibiu a Medalla de Oro al Mérito de las Bellas Artes (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo brasileiro. Profesor da Universidade do Brasil e da Universidade Católica de Rio de Janeiro, traballou sobre o latín vulgar (História do latim vulgar, 1957), o portugués (Manual de filologia portuguesa, 1952; História da língua portuguesa, 1952-1957; e Textos medievais portugueses e seus problemas, 1956), especialmente sobre o portugués de Brasil (Introdução ao estudo da língua portuguesa no Brasil, 1952), e edicións de textos (Diálogos de São Gregório, 1950, e Bíblia medieval portuguesa, 1958). Fundou e dirixiu a Revista Brasileira de Filologia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista. Doutor en Dereito, foi fiscal nas audiencias de Sevilla e Madrid, comisario de Patrimonio Artístico Nacional de España, director xeral do Instituto de la Seguridad Social, fiscal do Tribunal Supremo e primeiro fiscal do Tribunal Supremo da Comunidad Autónoma de Madrid. Recibiu o Premio Ateneo de Sevilla (1972) e a Medalla de Honor de San Raimundo de Peñafort.
VER O DETALLE DO TERMO -
LIÑAXES
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de goles, un círculo de prata cargado dun león rampante da súa cor, rodeado o círculo dunha mata de silva de sinople, coas súas follas e moras; en cada cantón do xefe unha cuncha de vieira de ouro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor. Catedrático de Lingua e Literatura de ensino secundario e doutor en Filosofía e Letras, é profesor de didáctica da lingua e da literatura na Universidade de Santiago de Compostela. As súas liñas de investigación céntranse na formación do profesorado de lingua e literatura, na sociolingüística e didáctica da lingua en Galicia, nos fenómenos de contacto lingüístico entre o galego e o castelán e na avaliación da competencia bilingüe do alumnado. Coordinou e colaborou nas obras Didáctica da lingua en situacións de contacto lingüístico (1994), A lingua e a literatura. Algúns aspectos didácticos (2001) e A literatura na educación secundaria (2005), e publicou A lingua como feito social (1996), Proxecto de diversificación curricular. Ámbito lingüístico-social (1997) e, en colaboración, Lingua galega e literatura. A sociolingüística (2000) e Manifestacións de contacto lingüístico en Galicia. Avaliación da competencia do alumnado (en prensa, 2005).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político portugués. Membro do Partido Social Democrata (PSD), foi ministro de Finanzas (1980-1981) e primeiro ministro de Portugal (1985-1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Inspirado nas farsas de Gil Vicente, cultivou un teatro satírico popular. Escribiu Vida do Grande D. Quixote de la Mancha e do gordo Sancho Pança (1733) e As Guerras do Alecrim e da Mangerona (1737).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e militar brasileiro. Participou no golpe de estado de 1964 e foi ministro da Guerra (1964-1966). Foi presidente da república brasileira (1966-1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Automobilista brasileiro. Coñecido como Ayrton Senna, obtivo 65 pole positions, 41 vitorias en grandes premios e foi campión do mundo en 1988, 1990 e 1991, e subcampión en 1989 e 1993. Morreu nun accidente no GP de San Marino.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar brasileiro. Comandante de cabalaría durante a Guerra do Río de la Plata (1825-1827), iniciou a Revolución Farroupilha e proclamou a República Rio Grandense ou do Piratini (1836) e a República Catarinense ou Juliana (1839).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Continuou obras xa famosas, como a Segunda Celestina (1534) e a longa serie derivada do Amadís.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e poeta. Na súa pintura evolucionou desde o realismo poético ao surrealismo sen esquecer o expresionismo. Da súa produción pictórica destacan Máquinas oníricas, Delirio Magdalaniense e Cabalo de Batalla. Como poeta publicou El pozo prohibido (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político, duque de Caixas (1870). Participou na loita pola independencia de Brasil e dirixiu a guerra contra Paraguay (1866-1869). Foi ministro da Guerra (1885) e xefe do goberno.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e estudoso da literatura. Cultivou a crítica, o ensaio, o teatro e, sobre todo, a novela histórica. Da súa obra destaca História de Portugal nos séculos XVII e XVIII (1860-1871).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político brasileiro. De ascendencia humilde, comezou a traballar aos 14 anos nuns almacéns; pouco despois fixo un curso de torneiro e converteuse en metalúrxico. Tras pasar por varias fábricas chega a Industrias Villares, unha das principais empresas do ramo, onde comeza a ter contacto co movemento sindical por intermedio do seu irmán José (coñecido como Frei Chico). En 1969 foi elixido suplente da directiva do Sindicato dos Metalúrxicos de São Bernardo do Campo e Diadema, e en 1972 converteuse en primeiro secretario. En 1975 foi elixido presidente do sindicato co 92% dos votos, pasando a representar a cen mil traballadores. Reelixido varias veces, Lula encabeza varias folgas do sector metalúrxico. A represión policial e a práctica inexistencia de políticos que representasen aos obreiros lévano a fundar en 1980 o Partido dos Trabalhadores. Dous anos despois o PT xa estaba implantado en case todo Brasil, e Lula presentouse como candidato a gobernador de São Paulo. En 1984 axuda a fundar...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Jesús César Silva Méndez.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en Pol. Documéntase no s XII como protexido da diocese de Mondoñedo.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Montecubeiro (Castroverde). O seu cumio acada os 658 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao animal que ten unha ou varias manchas brancas na cabeza.