Silva Valdivia, Bieito
Profesor. Catedrático de Lingua e Literatura de ensino secundario e doutor en Filosofía e Letras, é profesor de didáctica da lingua e da literatura na Universidade de Santiago de Compostela. As súas liñas de investigación céntranse na formación do profesorado de lingua e literatura, na sociolingüística e didáctica da lingua en Galicia, nos fenómenos de contacto lingüístico entre o galego e o castelán e na avaliación da competencia bilingüe do alumnado. Coordinou e colaborou nas obras Didáctica da lingua en situacións de contacto lingüístico (1994), A lingua e a literatura. Algúns aspectos didácticos (2001) e A literatura na educación secundaria (2005), e publicou A lingua como feito social (1996), Proxecto de diversificación curricular. Ámbito lingüístico-social (1997) e, en colaboración, Lingua galega e literatura. A sociolingüística (2000) e Manifestacións de contacto lingüístico en Galicia. Avaliación da competencia do alumnado (en prensa, 2005).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Río Caldo, Lobios