"Sion" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 507.

  • RIOS

    Río de Irlanda, o máis importante da illa (365 km). Nace nun val morénico, nos territorios fronteirizos de Irlanda co Ulster. Desemboca no Océano Atlántico nun esteiro que, desde Luimneach, ten 112 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aumento da compresión dun fluído ou dun sólido mediante unha elevación da presión á que se somete ou unha diminución do volume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado dunha substancia que queda líquida a unha temperatura inferior á do punto de fusión correspondente ás condicións en que se atopa e que se presenta en líquidos moi puros que se manteñen en repouso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Impresión de dúas ou máis imaxes diferentes sobre unha mesma película coa finalidade de conseguir efectos especiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Exceso de presión respecto á presión atmosférica ou a outra presión de referencia.

    2. Presión cuxo valor é superior ao da presión atmosférica ou a outra de referencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aumento anormal da tensión eléctrica dunha máquina, dun circuíto ou dunha instalación eléctrica, debido a diferentes causas, como a interrupción da corrente, fenómenos transitorios ou descargas atmosféricas.

    2. Diferenza entre o potencial E i que adquire un eléctrodo polo que circula unha corrente eléctrica e o potencial de equilibrio E o que adquire o eléctrodo en contacto coa solución cando non pasa corrente a través del. Vén definida pola ecuación ç = E i - E o , onde ç é a sobretensión total, que se pode descompor formalmente en sobretensión de difusión (ç d ), que se orixina polo transporte dos reactantes, sobretensión de transferencia de carga (ç t ) e en sobretensión de cristalización (ç c ), que se produce pola incorporación ou separación dos átomos da rede cristalina do eléctrodo. Tamén pode haber unha sobretensión de reacción (ç r ) sempre que ocorra unha reacción química con velocidade inferior á de transporte. A sobretensión total é dada pola suma destas: ç = ç d + ç t + ç c + ç...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Emisora radiofónica de ámbito estatal e contidos xerais fundada o 14 de novembro de 1924 e integrada na Sociedad de Servicios Radiofónicos Unión Radio. Coñecida como Cadena Ser, tivo a súa orixe na primeira emisora en España, EAJ-1, Radio Barcelona, á que lle sucedeu a emisora central da SER, Radio Madrid (1925), xestionada sucesivamente polas familias Urgoiti, Fontán i Garrigues e, a partir de 1986, por Jesús de Polanco dentro do Grupo Prisa. Con 146 emisoras propias, é a emisora líder en España con programas como “Hoy por Hoy”, “El Larguero”, “Carrusel Deportivo” ou “Hora 25”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de persoas dunha comisión que teñen un cometido especial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de subdividir ou subdividirse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Permanencia dun corpo en estado líquido a unha temperatura inferior á de fusión.

    2. Erosión que se produce pola infiltración de auga nun terreo, que provoca o desprazamento do material granular do solo desde a superficie ata a parte inferior. Dá lugar a condutos tubulares de dimensións variables, que poden chegar a constituír unha rede subterránea de drenaxe. Produce a degradación e o colapso de taludes, coa conseguinte perda de solo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mutilación do pene con fins rituais, en que se realiza un corte dun extremo ao outro, cara á uretra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de somerxer ou somerxerse.

    2. Estado do somerxido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de someter ou someterse.

    2. Actitude submisa.

    3. Subordinación a unha xurisdición determinada que renuncia ao dereito do propio domicilio.

    4. Acto xurídico mediante o que se renuncia ao dereito de demandar e ser demandado perante o tribunal da correspondente xurisdición territorial, para acatar a xurisdición doutro tribunal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de subverter.

      1. Actividade delituosa encamiñada a subverter a estrutura do poder e do estado.

      2. Alteración da orde pública.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de suceder.

    2. Conxunto de acontecementos que se suceden uns aos outros segundo unha orde e de maneira inmediata.

      1. Conxunto de cousas situadas unhas despois doutras e que gardan unha orde.

      2. Proceso ordenado do desenvolvemento das comunidades, efectuado nunha soa dirección, que se orixina polo cambio de número de individuos de cada especie e polo establecemento de especies novas que poden eliminar lentamente as poboacións orixinarias. Na etapa final da sucesión establécese unha comunidade madura denominada clímax.

      3. Conxunto de elementos ordenados seguindo a orde dos números naturais J. Así, 1/2, 1/3,..., 1/n,... e x, 2x 2 , 3x 3 ,..., nx n ,... son sucesións. Tamén hai sucesións de funcións ou de variables aleatorias. O termo a n denomínase termo n-ésimo (enésimo) ou termo xeral. Un punto P dise que é punto de acumulación dunha sucesión (a n ), se en todo o contorno de P hai infinitos termos da sucesión. Nas sucesións de números reais o maior punto de acumulación denomínase límite superior e o menor, límite inferior. Cando os dous límites coinciden, dise que a sucesión ten como límite este valor común. Se o límite existe e é único, a sucesión denomínase converxente, e en caso contrario, é diverxente.

      1. Fenómeno xurídico polo que unha persoa (causante) é cambiada ou substituída por outra (sucesor, herdeiro) na titularidade dos dereitos ou das relacións xurídicas. Para que se dea, cómpren tres elementos: que se trate dunha relación xurídica transmisible, que se produza un cambio de suxeito e que o dereito ou a situación transmitidos se manteñan idénticos. Na sucesión singular transmítense só determinadas relacións xurídicas individualizadas, e non o patrimonio global do defunto, como acontece na sucesión universal, que é a transmisión do conxunto de relacións xurídicas dunha persoa nun só acto, e o sucesor universal (herdeiro) colócase exactamente na mesma posición do seu causante, o defunto. Dentro da sucesión universal, existe a sucesión voluntaria cando a determinación das persoas a quen corresponde a herdanza é feita en vida polo causante libre e voluntariamente mediante un acto xurídico, de última vontade. Se este acto é individual, suxeito a determinadas...

      2. sucesión agnaticia /

        Sucesión, segundo o dereito romano, que recibía o agnato máis próximo cando faltaba o herdeiro, malia que fose por sucesión intestada. Era necesario tamén que non houbese esperanza de que existise un herdeiro.

      3. sucesión ao trono /

        Sistema polo que se rexe a sucesión hereditaria á coroa ou ao trono. Nas monarquías europeas o principio foi a exclusión das mulleres habendo homes. A lei sálica rexeu no Sacro Imperio e en Francia. En Inglaterra, Navarra, Asturias, León e Castela as mulleres sempre foron admitidas na sucesión á coroa. En Aragón, por falta de fillos homes reinaron mulleres, aínda que eran os seus homes os que realmente exercían o poder soberano. A Constitución de 1978 estableceu que a sucesión ao trono seguía a orde regular de primoxenitura e de representación, e é preferida sempre a liña anterior ás posteriores, o grao máis próximo ao máis remoto, o home á muller, e dentro do mesmo sexo a persoa máis vella á máis nova.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conflito bélico europeo que estalou coa morte sen descendencia masculina do Emperador Carlos VI de Austria en 1740. As potencias europeas negáronse a recoñecer a súa filla María Tareixa como sucesora. O conflito comezou coa conquista de Silesia por parte de Federico II de Prusia (1740-1741). Deseguido, Francia, España, Baviera e Saxonia uníronse ao vencedor e formaron a Liga de Nymphenburg. María Tareixa non puido impedir a ocupación da Alta Austria e de Bohemia por parte das tropas franco-bávaras (1741) nin a elección e proclamación en 1742 de Carlos Alberte de Baviera como emperador (Carlos VII). Non obstante, conseguiu afastar temporalmente do conflito os exércitos prusianos. O progresivo illamento de Francia determinou o reforzo da súa alianza con España (Segundo Pacto de Familia, 1743) e a volta de Prusia á guerra (1744). En 1748 chegouse á paz en Aquisgrán. Francia restituíu todos os territorios conquistados e conformouse con recuperar as colonias perdidas, Federico II asegurouse...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conflito bélico que enfrontou a Francia e os seus aliados con Austria, Rusia e Saxonia (1733-1735). Coa morte de Augusto II (1733), a dieta polaca elixiu rei a Estanislao I Leszczyński, candidato do partido nacional e de Suecia e Francia. Rusia e Austria responderon ocupando Polonia e auspiciando unha nova dieta en Varsovia, que proclamou soberano o seu protexido, Augusto III de Saxonia. Francia aliouse con Baviera, con Sardeña e, polo Primeiro Pacto de Familia, con España. Polo Tratado de Viena de 1738, Augusto III conservou Polonia, baixo a protección de Rusia; e o infante Carlos de España obtivo Nápoles e Sicilia e renunciou a Parma, cedida a Austria, xunto coa Toscana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conflito bélico (1702-1714) que xurdiu pola cuestión sucesoria á coroa hispánica, orixinado pola extinción da dinastía dos Habsburgo. Tras a morte de Carlos II en 1700 sen sucesión, o Emperador Leopoldo I, Inglaterra e Holanda non aceptaron o testamento do monarca defunto, que cedía os reinos hispánicos e as súas dependencias ao neto de Luís XIV, Filipe de Anjou, e apoiaron os dereitos do outro pretendente, o arquiduque Carlos de Austria. Filipe de Anjou chegou a España en 1701 e converteuse no Rei Filipe V. Austria, Inglaterra e Holanda formaron a Alianza da Haia fronte a España e Francia, á que se uniron Portugal e o ducado de Savoia (1703). Mentres, Luís XIV recoñecía os dereitos do seu neto como herdeiro á coroa francesa, aínda que no testamento de Carlos II existía a cláusula de que Filipe de Anjou tería que renunciar a estes dereitos. A guerra comezou en 1702 e, ao ano seguinte, o arquiduque Carlos foi recoñecido como rei de España en Viena. O conflito desenvolveuse, ademais de en...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de sacudir o corpo ou unha parte del para descubrir a presenza de líquido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Imbibición, nos tecidos orgánicos, de líquidos extravasados, especialmente de sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO