sucesión
(< lat successĭōne)
-
s
f
Acción e efecto de suceder.
-
s
f
Conxunto de acontecementos que se suceden uns aos outros segundo unha orde e de maneira inmediata.
-
s
f
-
Conxunto de cousas situadas unhas despois doutras e que gardan unha orde.
-
[ECOL]
Proceso ordenado do desenvolvemento das comunidades, efectuado nunha soa dirección, que se orixina polo cambio de número de individuos de cada especie e polo establecemento de especies novas que poden eliminar lentamente as poboacións orixinarias. Na etapa final da sucesión establécese unha comunidade madura denominada clímax.
-
[MAT]
Conxunto de elementos ordenados seguindo a orde dos números naturais J. Así, 1/2, 1/3,..., 1/n,... e x, 2x 2 , 3x 3 ,..., nx n ,... son sucesións. Tamén hai sucesións de funcións ou de variables aleatorias. O termo a n denomínase termo n-ésimo (enésimo) ou termo xeral. Un punto P dise que é punto de acumulación dunha sucesión (a n ), se en todo o contorno de P hai infinitos termos da sucesión. Nas sucesións de números reais o maior punto de acumulación denomínase límite superior e o menor, límite inferior. Cando os dous límites coinciden, dise que a sucesión ten como límite este valor común. Se o límite existe e é único, a sucesión denomínase converxente, e en caso contrario, é diverxente.
Sinónimos: secuencia.
-
-
-
s
f
[DER]
Fenómeno xurídico polo que unha persoa (causante) é cambiada ou substituída por outra (sucesor, herdeiro) na titularidade dos dereitos ou das relacións xurídicas. Para que se dea, cómpren tres elementos: que se trate dunha relación xurídica transmisible, que se produza un cambio de suxeito e que o dereito ou a situación transmitidos se manteñan idénticos. Na sucesión singular transmítense só determinadas relacións xurídicas individualizadas, e non o patrimonio global do defunto, como acontece na sucesión universal, que é a transmisión do conxunto de relacións xurídicas dunha persoa nun só acto, e o sucesor universal (herdeiro) colócase exactamente na mesma posición do seu causante, o defunto. Dentro da sucesión universal, existe a sucesión voluntaria cando a determinación das persoas a quen corresponde a herdanza é feita en vida polo causante libre e voluntariamente mediante un acto xurídico, de última vontade. Se este acto é individual, suxeito a determinadas formalidades e libremente revogable ou modificable, denomínase testamento e dá lugar á sucesión testamentaria. Cando é un convenio entre dúas ou máis persoas, e unha delas lles concede ás outras un dereito hereditario para despois da súa morte, fálase de sucesión contractual. A sucesión intestada ten lugar cando o causante morre sen ter outorgado acto de última vontade, ou cando este é nulo. Coñécese tamén como sucesión lexítima porque é a lei a que designa os herdeiros.
-
sucesión agnaticia /
[DER/HIST]
Sucesión, segundo o dereito romano, que recibía o agnato máis próximo cando faltaba o herdeiro, malia que fose por sucesión intestada. Era necesario tamén que non houbese esperanza de que existise un herdeiro.
-
sucesión ao trono /
[DER/HIST]
Sistema polo que se rexe a sucesión hereditaria á coroa ou ao trono. Nas monarquías europeas o principio foi a exclusión das mulleres habendo homes. A lei sálica rexeu no Sacro Imperio e en Francia. En Inglaterra, Navarra, Asturias, León e Castela as mulleres sempre foron admitidas na sucesión á coroa. En Aragón, por falta de fillos homes reinaron mulleres, aínda que eran os seus homes os que realmente exercían o poder soberano. A Constitución de 1978 estableceu que a sucesión ao trono seguía a orde regular de primoxenitura e de representación, e é preferida sempre a liña anterior ás posteriores, o grao máis próximo ao máis remoto, o home á muller, e dentro do mesmo sexo a persoa máis vella á máis nova.
-
sucesión apostólica
[RELIX]
Continuidade do ministerio da Igrexa, que lexitima a autenticidade e a autoridade por razón da súa procedencia dos apóstolos feita eficiente pola ordenación.
-
s
f
[DER]
-
s
f
Descendencia directa dunha persoa.