"Van" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 703.
-
PERSOEIRO
Conquistador. Aristócrata, en 1501 foi nomeado gobernador das Indias co fin de pacificar La Española e impoñer a autoridade real. Introduciu o réxime de encomenda dos indios, utilizando o seu traballo como base para a economía mineira complementada posteriormente co desenvolvemento da agricultura e da gandaría.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador irlandés. Chegou a Galicia coa súa familia en 1602 e foi alumno do seu compatriota Synnot, con quen estudou gramática na Coruña. Foi oficial da Mariña de Guerra e escribiu varias obras sobre a historia da súa patria, das que destacan Historicae Catholicae Ibernae Compendium (1621) e Decas Patritiana (1629).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica irlandesa. Levada a Hollywood polo director F. Borzage en 1930, destacou polo seu papel de Jane nas películas Tarzan, The Ape Man (1932), Tarzan Escapes (1936) e Tarzan’s New York Adventure (1942), entre outras. Tamén traballou en Never Too Late (1965), Hannah and Her Sisters (1986) e Stranded (1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo estadounidense. En 1860 comezou a traballar con Alexander Gadner, de quen se independizou para abrir o seu propio estudo en Washington (1862). Xunto con Gadner empregou o colodión para retratar os desastres da Guerra Civil (1861-1865), sobre todo as batallas de Bull Run (1862), Gettysburg (1863) e Appomatox (1865), que apareceron na obra de Gadner Photographic Skechbook of War. A partir de 1867 participou en sucesivas expedicións por Nevada, Denver, Panamá e Novo México, nas que combinou as imaxes de uso científico con outras que pretendían dar a coñecer o oeste de EE UU, os pobos indios ou os interiores das minas, fotografados por vez primeira grazas aos flashes de magnesio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor italiano. Debutou en Milán coa ópera Armeta e Lucindo (1813), á que seguiron La schiava in Bagdad (1820), Saffo (1840), Medea (1843), Buondelmonte (1845) e La regina de Cipro (1846). Tamén compuxo a sinfonía Dante (1865) e algúns oratorios.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor italiano. En 1765 estreou a ópera Il Negligente, que o consagrou como autor de obras cómicas. Foi mestre de capela de Catalina II en Peterburgo (1776-1783) e de Fernando IV en Nápoles. A súa elegante técnica e o seu talento melódico reflectiuse sobre todo nas súas composicións operísticas. Da súa produción destacan L’idolo cinese (1767), Il Duello (1774) e Il barbiere de Siviglia (1782).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor italiano. Discípulo de Mallapert e Lebel, foi recoñecido en toda Europa como un dos mellores compositores do seu tempo, xa que levou á perfección os procedementos tradicionais da composición. É autor dun cento de misas de catro a oito voces, dun milleiro de motetes de catro a doce voces, oito ladaíñas, 66 ofertorios, 15 lamentacións, 56 madrigais espirituais e un centenar de profanos, ademais de salmos, cánticos ou himnos. Das súas misas é especialmente célebre a Missa Papae Marcelli (1567), a seis voces.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Músico. Coñecido como Vangelis, comezou a súa carreira musical no grupo pop Formynx para logo pasar a formar parte de Aphrodite’s Child, xunto a Demis Roussos e Loukas Sideras. Xa en solitario, desenvolveu un estilo moi persoal e próximo á new age, feito que lle valeu o recoñecemento internacional. Os seus contactos co mundo do cine foron continuos, e destacou a súa participación en filmes como Chariots of Fire (1981, Oscar á mellor banda sonora orixinal), Blade Runner (1982), 1492: Conquest of Paradise (1992) e Alexandre (2004). Da súa discografía destacan Earth (1973), Direct (1988) e Mythodea (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor italiano. De personalidade controvertida, colaborou desde 1900 ata 1915 nas revistas Leonardo (1903-1907), La voce (1903-1907) e Lacerba (1913). Entre 1900 e 1915 escribiu os seus libros máis significativos de filosofía, poesía, literatura e crítica literaria, dos que destaca a autobiografía Un uomo finito (1912). Convertido ao catolicismo, compuxo obras ascético-morais, como Storia di Cristo (1921) e Il diavolo (1953).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Método de defensa dunha embarcación contra as minas submarinas de contacto. Son uns dispositivos que van arrastrados fixados na proa ou na popa, entre dúas augas e a unha distancia suficiente do casco da embarcación, de xeito que poida facer estourar as minas, se as hai, sen causar danos. Moi empregados na Primeira Guerra Mundial, deixaron de usarse desde que na Segunda Guerra Mundial apareceron as minas submarinas magnéticas, acústicas e de presión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Afganistán (9.399 km2; 528.000 h [estim 1982]). A súa capital é Chārīkār (25.117 h [estim 1982]).
-
-
Documento expedido polo xefe das forzas navais dun estado en guerra que permite navegar con seguridade a unha nave inimiga, especialmente un barco hospital ou un barco mercante que por razóns especiais efectúa un tráfico determinado entre portos inimigos.
-
Documento provisional expedido polo cónsul dun porto estranxeiro que permite a habilitación de bandeira do seu estado a unha embarcación, desde o porto de expedición do documento, en que se efectuou a compra, ata o momento do seu abandeiramento.
-
-
PERSOEIRO
Poeta italiano. Profesor das universidades de Messina, Pisa e Boloña, da súa visión angustiosa da vida naceu a súa lírica do fanciullo, en que reflectiu os seus estados de ánimo e os soños melancólicos. Foi poeta en lingua latina, e toda a súa obra en latín está reunida en Carmina (1914-1930), que recolle poemas sobre historia romana (Res romanae) e historia literaria romana (Liber de poetis), epigramas e poesías, e, finalmente, poemas de inspiración e temática cristiá, como Poemata christiana. Escribiu Myricae (1891), Poemetti (1897), Canti di Castelvecchio (1903), Canzoni di Re Enzio (1908), Nuovi poemetti (1909) e Poemi italici (1911).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mariscal ruso. Xeneral (1813), participou nas campañas contra Francia e recibiu o mando do exército na guerra contra Persia (1827) e contra Turquía (1829). Dirixiu a represión contra a revolta polaca, foi nomeado gobernador de Polonia e Príncipe de Varsovia (1832) e, posteriormente, venceu os patriotas húngaros (1849).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Pertencente ao novo cine checo, fuxiu a EE UU en 1969. As súas películas tiveron unha boa acollida entre a crítica, pero non lograron un éxito de público. Destacan os seus filmes Intimni Osvetleni (Iluminación íntima, 1968), Born to Win (1970), Cutter and Bone (1981), Haunted Summer (1988), The Wishing Tree (1999) e The Nomad (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Danza cortesá aparecida en Europa cara a 1525, posiblemente orixinaria de Padua. Xeralmente de ritmo binario e pausada, era un baile de cerimonia ou de introdución a outras danzas. As coleccións de Petrucci e D’Attaingnant recollen exemplos desta variante. Desapareceu a mediados do s XVII como danza, pero mantívose como música instrumental.
-
Música que acompaña esa danza.
-
-
PERSOEIRO
Fisiólogo ruso. Estudou historia natural e medicina en Peterburgo. Gañou unha cátedra de Fisioloxía no seu país e estudou a regulación nerviosa da circulación, os reflexos condicionantes e a conduta. Recibiu o Premio Nobel (1904) de Fisioloxía e Medicina polo seu traballo, e chegou a ser o primeiro representante da ciencia soviética oficial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Atleta. Especialista en salto de lonxitude, gañou en cinco ocasións o Campionato do Mundo en pista cuberta (Toronto 1993, Barcelona 1995, París 1997, Maebashi 1999 e Lisboa 2001) e en catro o Campionato do Mundo ao aire libre (Göteborg 1995, Atenas 1997, Sevilla 1999 e Edmonton 2001). Ademais, obtivo a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Sydney (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Romanista italiano. Profesor das universidades de Palermo, Trieste e Padua, o seu campo de investigación centrouse nas variedades véneta, friulana e ladina. Dirixiu o Atlante storico-linguistico-etnografico friulano (1972-1984) e das súas obras destacan Appunti di grammatica storica del provenzale (1965), Gli arabisme nelle lingue neolatine con speciale riguardo all’Italia (1972), Saggi di linguistica italiana (1975), Studi di dialettologia e filologia veneta (1977) e diversos artigos de balcanística.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Coñecido como Il Fattore, foi discípulo e colaborador de Rafael e de Giulio Romano. Participou na decoración ao fresco das Estancias Vaticanas con Battesimo di Costantino e da Villa Farnesina en Roma. Atribúeselle a Madonna del divino amore.
VER O DETALLE DO TERMO