Paisiello, Giovanni
Paisiello, Giovanni
Compositor italiano. En 1765 estreou a ópera Il Negligente, que o consagrou como autor de obras cómicas. Foi mestre de capela de Catalina II en Peterburgo (1776-1783) e de Fernando IV en Nápoles. A súa elegante técnica e o seu talento melódico reflectiuse sobre todo nas súas composicións operísticas. Da súa produción destacan L’idolo cinese (1767), Il Duello (1774) e Il barbiere de Siviglia (1782).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Tarento -
Deceso
Lugar : Nápoles