"ovi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 688.

  • PERSOEIRO

    Político, marqués de Orovio. Foi ministro de Fomento (1865-1868 e 1874-1875) e de Facenda (1868 e 1877-1880). Realizou un cambio no ensino universitario que afectou aos planos de estudo e á eliminación de determinadas facultades. Estableceu o decreto de 26 de febreiro de 1875 polo que todos os profesores debían suxeitarse aos textos oficialmente autorizados e someter os programas das súas disciplinas á aprobación do goberno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e filósofo. Colaborou en diversas revistas de inspiración catalanista como La Renaixença, La Veu de Catalunya e Pel & Ploma, onde publicou a narración tenebrista La fi de l’Isidre Nonell (1902). Propugnou uns ideais cívicos que compartía co catalanismo ascendente en tanto que reiterou a teoría do arbitrarismo e elaborou a doutrina estética do que chamou novecentismo, que reflectiu nas glosas La Ben Plantada (1911). Foi elixido secretario xeral do Institut d’Estudis Catalans en 1911. Como crítico de arte publicou Tres horas en el Museo del Prado (1922) e Teoría de los estilos y espejo de la arquitectura (1945). En xaneiro de 1923 estableceuse en Madrid e publicou un Glosario en ABC, que proseguiría a outras publicacións. En París publicou, en 1927, uns ensaios biográficos en francés, que posteriormente se editaron ampliados en castelán, Epos de los Destinos (1943). Durante a Guerra Civil...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Coñecido como Martov, naturalizouse ruso e foi membro fundador do Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso (POSDR). A partir do Congreso de Londres (1903) apartouse de Lenin e encabezou a fracción dos menxeviques. En 1923 refuxiouse en Alemaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Circunscrición administrativa de España, unha das catro en que se divide a Comunidade Autónoma de Galicia, situada no seu cuadrante SL. Integrada por 92 concellos (2001), están agrupados en 12 comarcas (O Carballiño, Ourense, Terra de Caldelas, Terra de Trives, Valdeorras, O Ribeiro, Terra de Celanova, Allariz-Maceda, Baixa Limia, A Limia, Verín e Viana), e abrangue unha superficie de 7.172,5 km2, en que acolle unha poboación de 338.446 h (2001). A súa capital é Ourense. Eclesiasticamente, o seu territorio repártese entre as dioceses de Astorga e Ourense.
    Orixe e delimitación da demarcación
    A cidade de Ourense foi unha das tradicionais capitais de provincia do Reino de Galicia durante o Antigo Réxime. O primeiro precedente que se pode considerar é a prefectura que proxecta o goberno de Xosé I Bonaparte, que coincidía en gran medida coa actual demarcación. Pero non foi ata o 27 de xaneiro de 1822, coa promulgación dun Real Decreto, cando se constituíu a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das bolsas incubadoras dos briozoos, que se localizan no extremo oposto da cavidade celómica, e onde ten lugar o desenvolvemento embrionario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a Ovidio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que ten a súa orixe no nome e xentilicio latino Ovidius ‘pegureiro’, ‘pastor de ovellas’, derivado do tamén xentilicio e nome Ovius, que á súa vez procede do nome común latino ovis ‘ovella’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta latino. Viaxou a Grecia para perfeccionar a súa formación xurídica. Axiña frecuentou a compañía de Horacio, Tibulio e Propercio, cos que se converteu nun poeta de moda, e frecuentou a corte de Augusto. No ano 8 foi relegado por orde do emperador a Tomi, no Mar Negro, onde se mantivo durante anos en contacto con Roma e implorou a amnistía. A súa obra preséntao como un home cultivado, enxeñoso, refinado pero gracioso, a miúdo superficial, apaixonado polos costumes do seu tempo, familiarizado coa mitoloxía clásica e a contística alexandrina, hábil para a retórica e dotado dunha gran facilidade versificadora. Na súa xuventude (do 15 a C ao ano 2) escribiu unha traxedia, Medea, que se perdeu, os Amores, as Heroidas, un grupo de quince cartas fiticias de namoradas míticas e seis máis dos amantes, a Ars amatoria, manual de sedución, ao que o poeta engadiu como complemento unhas Medicamena facieci feminae e uns Remedia amoris. Á madurez...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Dubidouse da súa autenticidade. Na iconografía represéntase como un lexionario romano cunha espada cravada no cranio polo seu suposto martirio. A súa festividade celébrase o 23 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Gonoduto feminino por onde os ovos pasan dos ovarios ao exterior, ao útero ou á cámara incubadora do animal

    2. trompa de Fallopio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio e capital do Principado de Asturias, situado na depresión prelitoral ou conca de Oviedo e na vertente S da pequena serra do Naranco, entre os ríos Nora e Nalón (201.154 h [2001]). O crecemento demográfico foi lento ata que a explotación da conca mineira revitalizou a economía da rexión e favoreceu a expansión urbana. Á función administrativa e de servizos únense a de centro financeiro, industrial e cultural. As principais industrias son as metalúrxicas e as químicas. É sé episcopal. Afonso II o Casto estableceu alí a corte e pasou a ser a capital do reino asturiano. Durante os ss XIV e XV foi escenario de loitas entre os diferentes estamentos sociais. Afectada pola crise castelá do s XVII, iniciou a súa recuperación a finais do s XVIII, e a mediados do s XIX converteuse nun núcleo importante de movemento obreiro. En 1934 foi escenario dos Feitos de Outubro (1934) e uniuse ao alzamento militar do xeneral Franco (1936). Do seu patrimonio cultural destaca a catedral de San...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador e relixioso. Doutor en Teoloxía, foi un dos fundadores da Real Academia Galega e xefe do Arquivo Rexional de Galicia. Foi discípulo de A. López Ferreiro e considerou que a historiografía debía empregar a consulta e a crítica das fontes orixinais. Avogou por unha interpretación da historia tradicional e católica. Escribiu “La teología gallega en la Edad Media: Eadmerus y Pedro Compostellano” (1906), “El alzamiento y el monasterio de San Martín Pinario” (1908) e Fragmento de un códice galaico-castellano de Las Partidas” (1915).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso franciscano. Foi arcebispo de Dublín (1599) e organizou a expedición que saíu desde A Coruña para reconquistar Irlanda do dominio protestante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que leva ou contén ovos ou óvulos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de ovo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar onde se recollen as ovellas de noite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bibliotecario e escritor. Foi xefe da biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela e vicesecretario da Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago. Escribiu, ademais de diversas biografías, Manual de biografía y de bibliografía de los escritores españoles del siglo XIX (1859), Al Batallón de Literarios: Romance histórico (1875) e Hijos ilustres de la Universidad de Santiago (1880).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás ovellas.

      1. Relativo ou pertencente aos ovinos.

      2. Mamífero da antiga subfamilia dos ovinos.

      3. Antiga subfamilia de mamíferos, da familia dos bóvidos, que actualmente están incluídos na subfamilia dos caprinos, e que se caracterizan por ser de cabeza alta, pescozo relativamente longo e patas esveltas. Os cornos curvados cara a fóra e cara a adiante ou ben un pouco enroscados en espiral, son anelados e angulosos. Inclúe principalmente as ovellas, o argalí, o muflón, o urial, entre outros que habitan en zonas montañosas, áridas e rochosas de Asia, África e Europa.

    2. Gando que está integrado especialmente por ovellas e carneiros. As ovellas ocupan un lugar moi importante na economía e na alimentación humana grazas á súa carne; ademais, as súas outras aptitudes, como o leite ou a la, foron fundamentais para o desenvolvemento de moitas das razas existentes, pois a explotación de gando ovino ten unha gran tradición histórica e é moi importante desde o punto de vista social e económico. En España existen 42 razas ovinas de protección especial, das que 32 se atopan en perigo de desaparición. Entre o s XII e o XV, España consolidou un monopolio do comercio da la, ata que os rabaños foron saíndo do país a partir do s XVIII, atopando pastos máis propicios. En Galicia o gando ovino sufriu ao longo do tempo importantes e frecuentes variacións cuantitativas, xeralmente negativas e particularmente atribuíbles ao esquecemento técnico imposto pola marxinación que provocou a explotación doutras clases de gando, como o bovino e o porcino.

    VER O DETALLE DO TERMO