ovino -na

ovino -na

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás ovellas.

  2. [ANIMAL]
    1. adx

      Relativo ou pertencente aos ovinos.

    2. s m

      Mamífero da antiga subfamilia dos ovinos.

    3. s m pl

      Antiga subfamilia de mamíferos, da familia dos bóvidos, que actualmente están incluídos na subfamilia dos caprinos, e que se caracterizan por ser de cabeza alta, pescozo relativamente longo e patas esveltas. Os cornos curvados cara a fóra e cara a adiante ou ben un pouco enroscados en espiral, son anelados e angulosos. Inclúe principalmente as ovellas, o argalí, o muflón, o urial, entre outros que habitan en zonas montañosas, áridas e rochosas de Asia, África e Europa.

  3. gando ovino [GAN]

    Gando que está integrado especialmente por ovellas e carneiros. As ovellas ocupan un lugar moi importante na economía e na alimentación humana grazas á súa carne; ademais, as súas outras aptitudes, como o leite ou a la, foron fundamentais para o desenvolvemento de moitas das razas existentes, pois a explotación de gando ovino ten unha gran tradición histórica e é moi importante desde o punto de vista social e económico. En España existen 42 razas ovinas de protección especial, das que 32 se atopan en perigo de desaparición. Entre o s XII e o XV, España consolidou un monopolio do comercio da la, ata que os rabaños foron saíndo do país a partir do s XVIII, atopando pastos máis propicios. En Galicia o gando ovino sufriu ao longo do tempo importantes e frecuentes variacións cuantitativas, xeralmente negativas e particularmente atribuíbles ao esquecemento técnico imposto pola marxinación que provocou a explotación doutras clases de gando, como o bovino e o porcino.

Palabras veciñas

oviforme | ovil | Ovilo Otero, Manuel | ovino -na | oviparidade | oviparismo | ovíparo -ra