ovíparo -ra

ovíparo -ra

(< lat ovipăru)

adx [ZOOL/BIOL]

Aplícase ao animal que, en forma embrionaria, se desenvolve no interior da estrutura denominada ovo, onde ten todas as substancias nutritivas que necesita para o normal desenvolvemento, unha casca protectora máis ou menos gorda e, ás veces, un reservorio de aire e unha bolsa onde se acumulan as defensas da respiración. Son case todos os animais, agás a maioría dos mamíferos, se ben nalgúns como en determinas quenllas, hai viviparismo total ou parcial. Do ovo, segundo a cantidade de vitelo que teña, pode saír xa o animal perfectamente formado ou cunha forma aínda embrionaria, a larva.

Palabras veciñas

ovino -na | oviparidade | oviparismo | ovíparo -ra | ovipositor | ovirraptórido -da | Ovis