"sin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 907.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da gramática que estuda as regras da estrutura interna dos vocábulos (morfoloxía), así como as regras combinatorias dos sintagmas na frase. O enfoque conxunto do estudo da morfoloxía e a sintaxe fundaméntase na dificultade que presenta a delimitación dos campos das dúas partes tradicionais da gramática, debida especialmente á imprecisión dos límites do concepto de voz. Disto deriva que dentro dun criterio común, máis ou menos formal ou funcional e que caracterizou a lingüística europea e a norteamericana, exista unha tendencia a integrar a morfoloxía e a sintaxe nunha unidade superior morfosintáctica ou sintagmática.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mucopolisacaridose tipo IV que foi descrita polo médico Luis Morquio (1867-1935). OBS: Tamén se denomina osteocondrodistrofia deformante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva, en campo de goles, tres bandas de ouro, e bordo cosido de goles, cargado de oito pintas de armiños de ouro.
-
CIDADES
Cidade da división de Dacca, Bangladesh, que está situada á beira dun brazo do Brahmaputra, ao N de Dacca (188.713 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de teorías que foron propugnadas pola Falange Española e adaptadas polo réxime político rexido polo xeneral Franco. Implantou o totalitarismo estatal, o partido único e o sindicato vertical, unificando empresarios e traballadores, de afiliación obrigatoria e que formaba parte do estado.
-
-
Relativo ou pertencente ao nacionalsindicalismo.
-
Partidario do nacionalsindicalismo.
-
-
PERSOEIRO
Rei de Acad (2291-2255 a C), fillo de Maništusu (2306-2292 a C) e neto de Sargón I de Acad. Chegou ata o Mediterráneo e someteu Alepo e Líbano. Acadou a súa vitoria máis grande sobre os pobos do altiplano de Irán (os gutis e os lullubis). Ao final da dinastía os gutis invadiron Mesopotamia (2191 a C).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mehmet Nusret.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hormona peptídica, constituída por 13 aminoácidos, que se localiza especialmente nas neuronas do cerebro e nas células secretoras intestinais N, cuxos efectos son o aumento da glicemia e a diminución da tensión ao modificar a secreción da insulina.
-
PERSOEIRO
Escritor. Escribiu comedias políticas e panfletos contra a conservadora clase media, onde reflectiu os turbulentos eventos políticos do seu tempo. É autor das Istoričeskikh pesen (Cancións históricas, 1816).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Bactericina que é producida pola bacteria Lactococcus lactis. Utilízase como preservante na industria láctea, cárnica e de conservas vexetais, en produtos farináceos con alta humidade relativa, en preparados que inclúen ovo e na prevención da fermentación dos viños. O seu ensaio en produtos pesqueiros refrixerados está menos estendido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Síntese dos núcleos atómicos dos elementos máis sinxelos (hidróxeno e helio) nun proceso de temperatura moi elevada (da orde dun millón de kelvins). As reaccións de nucleosíntese son estudadas en astrofísica e tamén en cosmoloxía.
-
GALICIA
Filólogo. Director do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela desde 1998 e membro do Comité directivo de Realiter (Rede Panlatina de Terminoloxía), coordina o Comité Técnico de Linguaxes de Especialidade do Consello da Cultura Galega. Foi coautor de Vocabulario do medio físico (1988), O galego e a información (1996) e O idioma na Universidade de Santiago de Compostela (1998). Escribiu tamén a obra de teatro O achado do castro (1991) e a novela Mar de fondo (1997). Recibiu o Pemio Xiria de creación teatral (1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo do Estado español durante o franquismo, adscrito á Delegación Nacional de Sindicatos, dependente primeiro do Ministerio de Gobernación e desde 1957 do Ministerio de Vivenda. Foi creado en 1942 para fomentar e administrar a construción e o prezo das vivendas.
-
PERSOEIRO
Frade e historiador xermánico, neto do Emperador Enrique IV. Foi abade do mosteiro de Morimond e bispo de Freising. Asistiu á segunda cruzada e foi conselleiro político de Federico I Barbarrubia. Escribiu Gesta Friderici imperatoris.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mestura semisólida de resina e aceite esencial que flúe naturalmente ou por incisión de determinadas plantas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que posúe aceite esencial e resina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proteína que se atopa na retina e que, combinada co 11-cis-retinal, dá lugar á rodopsina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema sindical de carácter vertical vixente en España durante o Franquismo. O Fuero del Trabajo (1938) uniu nun organismo unitario todas as ramas da produción en sindicatos verticais baixo a dirección do Estado. Posteriormente, disoltas as antigas sindicais obreiras libres, empresarios e traballadores integráronse nunha única sindical. Desapareceu en 1976 no marco da transición á democracia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Orquestra creada en 1992 con sede no Palacio da Ópera da cidade da Coruña. Dirixida por Víctor Pablo Pérez, centra a súa actividade no repertorio do s XX, interesándose tanto polos compositores consagrados, como Brahms, Mozart, A. Gaos ou Enrique X. Macías, como polos novos valores. Participou na gravación de numerosos discos xunto con directores e intérpretes da relevancia de Manuel Barrueco, María Bayo, Plácido Domingo, Antonio Meneses ou o Orfeón Donostiarra, na banda sonora de diversos filmes e na elaboración dun disco compacto de compositores galegos. A OSG ten en marcha proxectos artísticos como o Coro Sinfónico, a Orquestra de Cámara, a Orquestra Nova, a Escola de Práctica Orquestral e os Nenos Cantores da OSG. Organiza cada ano a súa tempada de concertos, en que se acompaña dos máis destacados solistas do mundo, ademais dun Ciclo de Música de Cámara, o Festival Mozart da Coruña e programas didácticos. Participou en diversas xiras que a levaron a Alemaña e a Austria, ao Festival...