"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Astrónomo e político. Deputado polo terceiro estado, volveuse popular e foi elixido presidente do consello municipal de París en 1789. O 17 de xullo de 1791 ordenou cargar contra a multitude que reclamaba a abdicación do rei. Foi guillotinado en 1793. Membro da Academia de Ciencias de París, publicou diversos estudios sobre a historia da Astronomía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo, fundador e primeiro presidente da Royal Astronomical Society. Reformou o almanaque náutico, determinou a densidade da Terra, revisou os catálogos de estrelas e estudiou os fenómenos luminosos producidos na superficie da Lúa durante as eclipses totais de Sol, coñecidos como grans de rosario ou de Baily.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Electrotécnico. Traballou activamente na aplicación do electromagnetismo na telegrafía. Perfeccionou o sistema Morse e en 1846 inventou un telégrafo electroquímico. Traballou tamén na reprodución telegráfica de imaxes e perfeccionou o reloxo eléctrico.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e psicólogo. Contribuíu á fundación da revista Mind (1876). Aplicou os descubrimentos da Fisioloxía e da Patoloxía no asociacionismo de J. S. Mill, tratando de darlle unha base científica. Escribiu The senses and the intellect (Os sentidos e o intelecto, 1855), The emotions and the will (As emocións e a vontade, 1859), Logic, dedutive and indutive (Lóxica, dedutiva e indutiva, 1870) e Education as a sciencie (Educación como ciencia, 1879).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro situado no concello de Baiona. Aínda que non se coñece a data da súa fundación, documéntase por primeira vez nunha doazón de Afonso VII no ano 1137, na que fai entrega de toda a vila de Erizana —antigo nome de Baiona— ao devandito mosteiro, ao seu prior e a todos os monxes que alí vivían. Abandonado durante moito tempo é hoxe unha propiedade privada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cenobio feminino situado no concello de Agolada. Unha vez restablecida a vida monacal no mosteiro compostelán de Antealtares, no ano 1499, o mosteiro de San Pedro da Baíña foi agregado ao devandito cenobio feminino de San Paio xunto con outros 16 mosteiros de varios séculos de antigüidade entre os que se encontran Piloño, Brandariz, Camanzo, Dozón, Ansemil ou Albeos.
-
IGREXAS
Igrexa e mosteiro situado na parroquia de Baíñas (Vimianzo). O antigo mosteiro medieval, de orixe descoñecida, foi fundado durante o episcopado de Sisnando I, bispo de Compostela. Tivo o título de abadía ata o ano 1417, data na que foi anexionado ao cenobio de San Pedro de Fóra de Santiago, por privilexio do arcebispo don Lope de Mendoza. En 1487 converteuse en priorado de San Martiño Pinario. Actualmente é igrexa parroquial. Das súas antigas dependencias só se conserva o templo de estilo románico avanzado, datado no primeiro terzo do século XIII; destaca a ábsida, de planta rectangular, cun arco triunfal apuntado e dobrado que descansa en capiteis troncocónicos con decoración vexetal moi xeometrizada. No exterior son notables as arcadas de medio punto que se dispoñen entre os contrafortes da capela. Nos beirís dos tellados da nave consérvanse numerosos canzorros decorados con figuras humanas. O tímpano da porta norte decórase coa figura dun xinete, de formas moi bastas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar da parroquia de Baio, concello de Zas. Situado na confluencia das estradas comarcais C-545 (a Santa Comba e Santiago de Compostela) e C-552 (de Fisterra a Carballo e A Coruña) e a local AC-430 (a Cabana e Laxe), na ponte sobre o río Grande, é un dos principais nós de comunicacións da Costa da Morte, entre as terras de Bergantiños e de Soneira. Esa condición de encrucillada favoreceu un desenvolvemento das actividades terciarias que o converteron no principal núcleo urbano do concello de Zas (885 h [1996]). O seu crecemento levouno a sobrepasar o límite parroquial e municipal, estendéndose máis aló da ponte pola parroquia de Bamiro, no concello de Vimianzo (Baio de Bamiro).
-
VER O DETALLE DO TERMO
O castro de Baiões (São Pedro do Sul, Portugal) ofrece un único nivel cultural de finais do Bronce Atlántico (ó redor do 700 a C) que, xunto co castro de Santa Luzia (Viseu), proba que o castrexo xurdiu do desenvolvemento autóctono do Bronce final III.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada no termo municipal de Vilanova de Arousa. Está documentada polo menos desde 1088, cando Afonso VI fixo doazón deste templo ao mosteiro de San Martiño Pinario. Nas últimas décadas do s XII sufriu diferentes reconstrucións que desartellaron a súa fábrica románica, da que aínda conserva parte, sobre todo na ábsida, de planta rectangular. Accédese a ela a través dun arco triunfal dobrado e apuntado, volteado sobre columnas cunha sinxela decoración de follas. No exterior do testeiro da nave ábrese unha fiestra rematada nunha arquivolta de medio punto decorada e sostida por un par de columniñas con capiteis de follas semellantes a bastóns que rematan en espiral. No norte da ábsida ábrese unha capela señorial de inicios do s XVI cunha bóveda estrelada e un arco conopial.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa románica de transición ao Gótico do último terzo do s XIII. Existiu un templo no s XII que dependía do mosteiro de Santa María de Oia. Diego de Muros concedeulle o rango de Colexiata en 1482, na actualidade é igrexa parroquial. O edificio reflicte a infuencia das propostas arquitectónicas cistercienses cunha planta basilical de tres naves, con cuberta de madeira, que se corresponden con tres ábsidas abovedadas con canón apuntado. Destaca a súa austeridade, manifestada tanto no interior como nos muros do exterior. A portada principal resólvese con arquivoltas lixeiramente apuntadas sobre columnas acobadadas e cun rosetón. Aparece flanqueada por dúas torres inconclusas. No muro S atópase unha capela cuberta con bóveda estrelada (s XVI?). No interior destaca a presenza do retablo maior barroco, obra de Antonio del Villar (1726). Posúe un certo estilo de igrexa-fortaleza.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión administrativa de Francia que comprende os departamentos de Calvados, Manche e Orne (17.589 km2; 1.412.064 h [1995]). A capital é Caen.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que baixa.
-
Conduto de forma cilíndrica por onde circulan as augas sucias e de chuvia desde as casas ata os sumidoiros.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antón Rodríguez Baixeras.
-
-
Relativo ou pertencente ao baixoalemán.
-
Grupo de falas alemanas occidentais, con exclusión do anglofrisón, que non sufriron a segunda mutación consonántica que deu lugar á diferenciación do altoalemán. As falas baixoalemanas conservan as oclusivas xordas que pasaron no altoalemán a fricativas ou africadas. A historia do baixoalemán divídese no período do antigo baixoalemán ou antigo saxón (800-1200), o do medio baixoalemán (1200-1600) e o dos actuais dialectos (Niederdeutsch ou Plattdeutsch) desde 1600. As isoglosas do fenómeno da mutación consonántica non coinciden dunha maneira absoluta cando fan referencia a posicións ou lexemas concretos. As matanzas e os desprazamentos da poboación, que acompañaron e seguiron ao afundimento alemán na Segunda Guerra Mundial, fixeron desaparecer en gran parte as falas baixoalemanas máis orientais do seu asentamento tradicional. As falas da Alemaña oriental e occidental estiveron afectadas pola afluencia de refuxiados doutras áreas lingüísticas e pola difusión do altoalemán...
-
-
SERRAS
Serra da República Popular de China que constitúe a divisoria de augas entre as concas do Iangtsé e do Huang He.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ajmag de Mongolia (116.000 km2; 91.200 h [estim 1997]). A capital é Bajankhongor (16.300 h [1979]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ajmag de Mongolia (46.000 km2; 92.300 h [estim 1997]). A capital é Ölgij (29.400 h [1991]).
-
PERSOEIRO
Mezzosoprano. Estudiou con Helen Isepp e debutou en 1956 en Oxford. Colaborou despois coa Händel Opera Society de Londres e especializouse en ópera barroca (Monteverdi, Cavalli, Händel). Cantou tamén lieder, óperas de Mozart, Gluck, Massenet, Rossini e Donizetti. Retirouse en 1982.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico. Interpretou máis de 50 filmes, entre os que destacan os seis realizados por Cyril Endfield e, sobre todo, algúns dos de Joseph Losey: Blind Date (1959), Eve (1962) e The Guns of Navarone (1960).
VER O DETALLE DO TERMO