"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
CAPITAIS
Capital do ostān do mesmo nome, en Irán (665.636 h [1994]). Refinería de petróleo, conectada mediante oleoduto co campo petrolífero de Naft-i-Shah.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ostān de Irán (23.667 km2; 1.622.159 h [1991]). A súa capital é Bakhtarān.
-
PERSOEIRO
Dirixente e pensador revolucionario anarquista. Fillo dunha familia de terratenentes de ideas liberais, abandonou o exército para estudar en Moscova (1835) a filosofía de Fische e Hegel. En Berlín (1840), ao entrar en contacto coa esquerda hegeliana e especialmente influído por Feuerbach, asentou as bases do seu pensamento revolucionario. Entre 1842 e 1849 viaxou por Suíza, Bélxica e Alemaña e participou na revolución europea de 1848 en París, Praga e Dresden, onde foi prendido (1849) e condenado a morte. Entregado ás autoridades rusas, foi deportado a Siberia (1857), de onde fuxiu en 1861. Reside en Londres entre 1861-1864. Tralo fracaso da insurrección de Polonia trasladouse a Italia (1864); a partir dese momento comezou a considerar os obreiros, e non as minorías nacionais oprimidas, a principal arma para a revolución. En 1868 creou a Alianza da Democracia Socialista, que declarou a súa adhesión á Primeira Internacional, na que Bakunin ingresara persoalmente en 1867 e na que polarizou...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Política. A súa tarefa foi fundamental na propagación do movemento socialista durante o primeiro terzo do s XX e na difusión por Europa da Segunda Internacional. En Italia compartiu con Mussolini a dirección do xornal socialista Avanti. Á súa volta á URSS, en 1917, ocupou un lugar no secretariado da Terceira Internacional, aínda que a abandonou cara ao ano 1922. Os seguintes anos residiu en Europa e nos EE UU, onde continuou participando activamente a prol do movemento socialdemócrata internacional.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Animadora teatral. Desenvolveu unha importante actividade de promoción das artes escénicas na área de Ferrol Terra. Participou na posta en marcha da Mostra de Teatro Infantil Galego Xeración Nós, moi importante na promoción do teatro infantil e xuvenil, e coordinou programas de divulgación cultural e teatral na radio local. Tamén traballou como actriz no Teatro Círculo de Perlío, participando en espectáculos como O cantar dos cantares (1975) ou O circo de tiza caucasián (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Capa de toxos e abrollos que se emprega para cubrir os valos e muros e ao mesmo tempo serve como defensa ás hortas, viñedos e campos.
-
-
Movemento de inclinación dun corpo alternativamente a un lado e a outro dun punto fixo.
-
Confrontación do activo e do pasivo dun negocio para coñecer o seu estado.
-
Comparación dos feitos favorables e desfavorables dunha situación.
-
Resultado dun feito ou dun asunto.
-
-
Movemento de oscilación dunha aeronave ao redor do seu eixe lonxitudinal.
-
adquirir balance
Afastarse da posición de equilibrio.
-
balance holandés
Movemento de oscilación dunha aeronave, composto do balanceo da guinada e do escorregamento lateral.
-
-
-
Documento contable que resume os datos referentes ás operacións administrativas dun patrimonio de acordo cun sistema de contas determinado. Ten por finalidade comprobar as anotacións realizadas, presentar a situación das finanzas, reflectir o conxunto de operacións dun grupo de valores ou de todos os dun patrimonio e xustificar aspectos parciais do control administrativo.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Paso de baile que o bailarín executa balanceándose sobre un e outro pé sen moverse do sitio.
-
-
Facer inclinar algo ou alguén de xeito acompasado a un lado e a outro permanecendo nun punto fixo.
-
Pór en equilibrio algunha cousa inestable, xeralmente unha balanza.
-
Moverse oscilando a un lado e outro da posición de equilibrio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cadro de madeira que, situado sobre a mesa da cámara do buque, serve para evitar que os obxectos arrolen a causa do balanceo da propia embarcación. Tamén reciben o mesmo nome as táboas que, co mesmo obxectivo, se colocan aos lados das liteiras dos camarotes.
-
-
Barco que se balancea moito.
-
Traveseiro onde van fixados os aneis nas máquinas continuas de fiar e retorcer, ou as bobinas, que co seu movemento alternativo de impulso e baixada distribúe o fío que se enrola nos tubos, os carretes ou as bobinas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nas casas de moeda, persoa que se ocupa de pesar os metais antes e despois de amoedalos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Embarcación de orixe napolitana, dun ou dous paos, utilizada na pesca ou na cabotaxe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de balancear ou balancearse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Georgij Melitonovič Balančivadze.
-
-
Barra móbil dun motor que transforma en circular o movemento rectilíneo producido por unha forza aplicada sobre un pedal ou unha panca.
-
Barra usada en exercicios acrobáticos para manter o equilibrio.
-
Barra metálica con asentos nos extremos que se pode mover alternativamente arriba e abaixo apoiada sobre un pé central.
-
Cadeira con brazos apoiada sobre dous arcos para poder abaneala adiante e atrás.
-
Asento colgante provisto de toldo, usado en xardíns, terrazas, etc.
-
Pao un pouco curvado que se leva nos ombros, de cada un dos lados cólgalle un caldeiro, usado para carrexar auga.
-
Aparello para a pesca, empregado para a captura de especies de diferentes tipos. Conformado por un arco de ferro cun chumbo na súa metade, lugar onde se amarra a liña ou sedela que leva pendurados os anzois. Unha variante deste aparello consiste nunha dobre vara de ferro, o que permite separar as liñas á vontade. Nesta variante, o chumbo vai igualmente na metade do arco de ferro, pero pendurado dun fío.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
eleiro dun só pau e velas de coitelo, con cuberta, que se empregaba antigamente tanto para o transporte de cabotaxe como para a pesca. Foi o tipo de iate máis estendido entre os de vela. Todas as balandras teñen foque; a que só ten un chámase sloop e a de dous ou máis, cutter. A balandra de liñas finas construída especialmente para regatas chámase balandro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
estidura composta dunha capa ancha, con esclavina, que adoitaban utilizar os eclesiásticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico satírico de Pontevedra que apareceu o 4 de abril de 1903. Cesou no segundo número. Os medios anticlericais da cidade de Pontevedra botaban á rúa este “periódico de circunstancias”, un xogo satírico e antixesuítico de vida efémera porque o gobernador civil suspendeu a súa publicación pola excitación reinante. O clima antixesuítico foi consecuencia da axitación clericalista e católica que trouxo a estrea de Electra de Pérez Galdós.
-
-
Balandra pequena.
-
Balandra de coeficientes de finura moi pequenos e grande altura metacéntrica, construída especialmente para as regatas. Os diferentes monotipos de balandro son moi numerosos e moitos deles, como o vaurien, o snipe, o 505, o flying dutchman, constitúen series internacionais.
-
Embarcación costeira de pequenas dimensións, con cuberta e aparellado, de proa a popa, cun só mastro e un bauprés fixo. Con anterioridade á adopción do vapor nas embarcacións, os balandros de guerra (corvetas) tiñan un aparello inferior ao das fragatas e unicamente montaban canóns sobre a ponte superior.
-