"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Que ou quen é adicto ou necesita consumir de xeito habitual algunha droga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador de cine e televisión. Foi un destacado expoñente da denominada “tercera vía” do cine español con Tocata e fuga de Lolita (1974). Despois demostrou a súa capacidade técnica e unha maior coherencia ideolóxica con La verdad sobre el caso Savolta (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Establecemento comercial moderno, aberto as vinte e catro horas do día, formado por un bar, un café-restaurante, diversas tendas e, xeralmente, unha sala de espectáculos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor portugués. Formouse na Escola de Belas-Artes de Lisboa, onde foi profesor (1958-1982). Entre as súas obras destacan os Cavalos Marinhos da Praça do Império de Lisboa e as estatuas de Camilo Castelo Branco en Lisboa, Pedro I en Cascais e Afonso III en Faro. Recibiu, entre outros galardóns, o Prémio de Desenho Domingos Sequeira (1952), a Medalla de Ouro no Pavilhão de Portugal na Exposición Universal de Bruxelas de 1958 e o primeiro premio de escultura na II Exposição de Artes Plásticas da Fundação Gulbenkian (1961). En 1985 inaugurouse na súa cidade natal o Museu Atelier António Duarte, formado por obras doadas polo artista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarín e coreógrafo. Coñecido como Nacho Duato, comezou a súa formación na Rambert School de Londres, posteriormente na Mudra School de M. Béjart de Bruxelas e logo en The Alvin Ailey American Dance Centre de Nova York. No ano 1980 asinou o seu primeiro contrato co Culberg Ballet e en 1981 ingresou na compañía Nederlands Dans Theater, da que foi nomeado en 1988 o seu coreógrafo estable xunto con Hans van Manen e Jirí Kylián. Coa súa primeira coreografía, Jardí Tancat (1983), que musicou Mª del Mar Bonet, acadou o primeiro premio no Internationaler Choreographischer Wettbewerb de Colonia. En 1990 nomeárono director artístico da Compañía Nacional de Danza. As súas coreografías integran o repertorio de numerosas compañías internacionais (Compañía Nacional de Danza, Ballet Gulbenkian, Autralian Ballet, Stuttgart Ballet, Nederlands Dans Theater, etc). Foi galardoado co VSCD Gouden Dansprijs (1987), coa Medalla de Ouro ao Mérito das Belas Artes (1998) e co Premio Benois de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Representante da Segunda Escola de Fontainebleau, a súa obra recibiu a influencia de Primaticio. Realizou na galería de Diana, no Château de Fontainebleau, os frescos da lenda de Hércules e no Louvre decorou a galería de Apolo, destruída durante un incendio en 1661. O seu manierismo anunciou o clasicismo posterior. Foi pintor de cámara de Enrique III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Moeda de prata co peso dun escudo de prata, moi corrente nos estados italianos dende o s XVI. O Emperador Carlos V cuñouna en Milán e noutros países europeos, especialmente nos Países Baixos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador francés, irmán de Marcel, Raymond e Suzanne Duchamp. Coñecido como Jacques Villon, nome que adoptou dun poeta do s XV, abandonou o seu traballo de pasante dun notario pola pintura. Frecuentou o obradoiro do seu avó Émile Nicolle e estudiou belas artes en París. Fixo debuxos humorísticos e colaborou en diversos xornais. Dende 1903 participou no Salon des Indepéndants e dende 1904 no Salon d’Automne. Despois dun período fauve, achegouse ao cubismo e realizou composicións piramidais; despois foi un dos creadores da Section d’Or. Participou na Armory Show (1913) e, trala Primeira Guerra Mundial, orientouse cara á abstracción, como demostra en Equilibre rouge (Equilibrio vermello, 1921). Dedicouse ao gravado (1922-1930) e ao regresar á pintura mantivo a abstracción, aínda que tamén fixo figuración, como en La femme en rouge (A muller vermella, 1937). Trala Segunda Guerra Mundial, intentou realizar unha síntese da súa obra e elaborou obras...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de dous cantantes ou dous executantes que interpretan xuntos unha composición musical.

    2. Composición musical executada por dúas voces ou instrumentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edward Kennedy Ellington.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Científico italiano. Estudiou medicina na Universidade de Turín, onde se doutorou en 1936. Realizou o seu labor de investigación no California Institute of Technology (1949), no Salk Institute (1962) e no Imperial Cancer Research Fund (1972). En 1975 recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía, xunto cos seus discípulos H. Temin e D. Baltimore, polos seus traballos sobre a xenética dos virus animais e dos virus oncóxenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor francés. Trasladouse a España, onde foi escultor de Filipe V. Traballou nos xardíns do Palacio Real de La Granja de San Ildefonso e no Palacio Real de Madrid. Entre as súas obras destacan as estatuas de Apolo e Dafne en La Granja. Dirixiu a xunta que creou a Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. O seu irmán Hubert Dumandré (Trency 1701 - Madrid 1781), traballou en La Granja, onde realizou os sepulcros de Filipe V e Isabel de Farnesio. Pertenceu á Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método para determinar as masas moleculares relativas de líquidos volátiles mediante pesada, ideado por J. B. A. Dumas. Consiste en pesar un bulbo de vidro fino de colo longo e estreito cheo de aire a unha temperatura coñecida; despois, introdúcese unha pequena cantidade de mostra e quéntase o bulbo, de xeito que se evapora o líquido expulsando o aire. Sélase o extremo do colo, arrefríase o bulbo e pésase á temperatura coñecida. O volume do bulbo determínase enchéndoo con auga e pesándoo de novo. Se se coñece a densidade do aire, pódese calcular a masa do vapor no volume coñecido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conferencia que tivo lugar entre agosto e outubro de 1944 co fin de organizar a seguridade internacional ao rematar a Segunda Guerra Mundial. Presidida polo secretario de Estado dos EE UU, Stettinius, contou coa participación de delegados británicos, norteamericanos, soviéticos e chineses. Estableceu a necesidade dun Consello de Seguridade, un Consello Económico e Social e un Tribunal Internacional de Xustiza. O proxecto debateuse na Conferencia de San Francisco e serviu de base para a Carta das Nacións Unidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en San Tomé de Cancelada (Cervantes). Documentada a partir de 1490, reedificouse en 1660. Conserva brasóns que aluden ás familias Neira e Lamas de Álvarez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e filósofo escocés. Coñecido como Duns Scotus e chamado Doctor Subtilis, ingresou na orde franciscana (1281) e estudiou en Oxford e Cambridge, onde foi profesor. En 1305 doutorouse en Teoloxía e en 1307 foi enviado a Colonia. Herdeiro de santo Agostiño, santo Anselmo e Avicena, e en contraste formal con san Tomé de Aquino, tentou establecer criticamente os límites da razón humana coa finalidade de delimitar a parte do coñecemento que lle corresponde á ciencia e o que lle hai que deixar ao asentimento da fe. Afirmou que todo o que non é demostrable rigorosamente pertence ao dominio da arbitrariedade e da liberdade, é dicir, ao dominio da vontade, sexa humana ou divina. A teoloxía, en tanto que baseada na fe, non debe ser chamada ciencia e, a diferenza da metafísica, representa soamente o saber práctico. Postulou tamén a haecceitas ou individualidade, entendida como formalidade última de cada cousa, o realismo dos universais, a univocidade...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor francés. Activo en Murcia (1719-1730), traballou como tallista e influíu en Francisco Salzillo. Cómpre destacar a súa obra San Juan Bautista (1718?) e as inmaculadas feitas en barro cocido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar francés, conde de Dupont de l’Étang. Xeneral de Napoleón, loitou en Italia e na Península Ibérica. Derrotado en Bailén en 1808, foi sometido a consello de guerra e encarcerado no castelo de Joux. Rehabilitado por Luís XVIII, foi ministro da Guerra (1814).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Estudiou nas universidades de Columbia e Wisconsin. Traballou no Banco Interamericano de Desarrollo nos anos sesenta e foi alcalde de Quito (1970-1978). Presidiu o Banco Ecuatoriano Nacional de la Vivienda y Junta Nacional de la Vivienda. En 1992 accedeu á presidencia de Ecuador á fronte da Unión Republicana (UR). Emprendeu un programa económico neoliberal e austero, afrontou un conflito armado con Perú no Alto Amazonas e viuse afectado polo escándalo da apropiación de fondos do vicepresidente Alberto Dahik. Participou no IX Cumio do Grupo de Río (4 e 5 de setembro de 1995), onde os presidentes do hemisferio definiron o establecemento dunha área de libre comercio común para o 2005. En 1998 foi elixido deputado nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político. Avogado da Real Audiencia e xuíz de Tui (1805). Representante do liberalismo moderado, en 1810 foi rexedor e deputado por Tui.

    VER O DETALLE DO TERMO