"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Titulado pola Escuela Superior de Arquitectura de Madrid (1927), realizou, entre outras obras, o Colegio Mayor América e a colonia obreira El Rayu en Oviedo, ademais de diversas centrais eléctricas en Asturias. En Santiago de Compostela realizou o Mercado (1937-1941) e a Escola de Traballo. Cultivou tamén a pintura (paisaxe e arquitecturas) e a escultura. Recibiu, entre outros galardóns, a Medalla de Ouro da Arquitectura (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Musicólogo e crítico musical. Formado con Xoán Montes, da súa obra destacan Estudio sobre los orígenes y desarrollo de la música popular gallega (1892), Monografía sobre la música patriótica española (1901) e Del piano y de las pianistas (1905). Presidente da Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo, foi membro da Real Academia Galega e da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de variar.

    2. Transformación dunha composición musical sen afectar a súa identidade.

    3. Modificación dos caracteres aparentes dos fenotipos dos organismos respecto dos seus proxenitores.

      1. Sucesión de n elementos dun conxunto de m elementos, que son diferentes dous a dous.

      2. cálculo de variacións

        Estudo da teoría dos extremos de integrais definidas tales que a súa integrante é unha función coñecida dunha ou máis variables independentes, dunha ou máis variables dependentes e das súas derivadas. O problema consiste en determinar as variables dependentes, de maneira que a integral sexa máxima ou mínima. No caso máis simple, a integral é da forma


        FORMULA



        onde cómpre determinar a función y(x) de maneira que I sexa máxima ou mínima.

    4. Perturbación periódica do movemento da Lúa, que é máxima nas épocas equidistantes entre dous cambios de fase, mentres que se anula nos instantes dos cambios. Foi descuberta por Tycho Brahe en 1582 e xustificada teoricamente por Newton.

    5. Fenómeno polo que unha lingua determinada é diferente dependendo da época, lugar ou grupo social dado.

    6. Cambio de dirección que, cun medio xiro, efectúa unha formación de tropa en marcha, a paso lixeiro.

    7. Cambio regular durante algún período do ano ligado a causas directa ou indirectamente conectadas coas estacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariación irregular da coloración dos órganos vexetais, como as follas e as flores, que se debe á supresión do desenvolvemento normal do pigmento en certas zonas. Pode tratarse dun carácter herdado (xenotípico) ou dun síntoma de enfermidade (fenotípico), como no caso do mosaico do tabaco, que é causado por infección vírica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Autor de composicións épicas e tráxicas, consérvanse algúns fragmentos do seu poema De morte (40?) e da traxedia Tiestes (29).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito e escritor latino. Seguiu a carreira política ata o grao de pretor. Constitúen a súa primeira obra (81-67 a C), xa perdida, 150 libros das Saturae Menippeae, ensaio de filosofía cínica en verso. César nomeouno director da primeira biblioteca pública de Roma no ano 47 a C, data de publicación dos seus 41 libros Das cousas humanas e divinas, e dos 76 libros dos Diálogos (obras tamén perdidas). Publicou De lingua latina (43 a C), De imaginibus (39 a C), perdida, e os tres libros De re rustica (37 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno de formación ou aumento do número de vasos sanguíneos ou linfáticos nun tecido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diminución do calibre dos vasos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aumento do calibre dos vasos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora e poeta. Colaborou en diversas revistas e xornais, baixo o nome de Chuny, e publicou os poemarios Las palabras se gastaron (1983), Poéticos mensajes (1985), El canto del sentimiento (1987), Estrella de fuego (1989), De un tiempo ya vivido (1989), Madre, quiero ser tu hija (1993) e Reflexiones (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e ilustrador. Cultivou principalmente a paisaxe, sobre todo a urbana, de carácter realista. Como ilustrador, destaca o seu traballo no libro Vigo sentimental, de F. Fernández del Riego, onde reflectiu recunchos e edificios da cidade e retratos de persoeiros de todos os tempos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de velar ou de cubrir cun veo.

      1. Cerimonia monástica do ritual da consagración de virxes en que se lle impón o veo á relixiosa como símbolo dos esponsais con Cristo.

      2. Cerimonia que consiste en cubrir cun veo os cónxuxes na misa nupcial. OBS: Adoita empregarse en plural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de velarizar ou velarizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurisconsulto e político arxentino. Dirixente do partido unitario, opúxose á Ditadura de Rosas e tivo que exiliarse. De volta en Bos Aires (1852), foi senador e ministro de Finanzas, do Interior e de Xustiza. Foi autor do Código Civil arxentino (1869) e coautor do Código de Comercio (1869).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que procede do latín Venantius e este do participio presente de uenor ‘que caza, cazador’. Esta testemuñado como nome na época cristián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso e poeta. Bispo de Poitiers (597), escribiu 11 libros de Carmina ou Miscellanea, que, ademais de biografías de santos, conteñen tamén himnos, elexías, consolacións e epitalamios. Foi o primeiro poeta medieval da Galia. Iconograficamente representouse vestido de bispo, co palio sacro. A súa festividade celébrase o 14 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Morreu decapitado despois de que fixese brotar auga dunha fonte para apagar a sede dos seus verdugos. Iconograficamente representouse como un rapaz novo con traxe segrar, cunha mazá nunha man e un estandarte coa cruz. A súa festividade celébrase o 18 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de venerar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Renovación do aire que se efectúa nun ambiente determinado para mantelo puro ou dentro duns límites de nocividade aceptables. A ventilación pode ser natural, mediante aberturas, fiestras ou portas, ou artificial, por medio de dous condutos, un para o fornecemento do aire limpo e outro para a evacuación do aire viciado.

    2. Instalación ou abertura para ventilar algo.

    3. Corrente de aire que se establece ao ventilar unha cámara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de verbalizar.

    VER O DETALLE DO TERMO