"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Acción e efecto de verberar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de verificar ou verificarse.

    2. Comprobación de que unha tarxeta ou calquera soporte de entrada foi rexistrado cos datos informáticos previamente establecidos.

      1. Comprobación da autenticidade ou regularidade dun procedemento burocrático, dun acto xurídico, dun escrutinio, etc.

      2. Intervención efectiva da administración para regular, comprobar e contrastar o funcionamento dos sistemas ou aparatos relacionados cos servizos públicos.

      3. verificación de poderes

        Procedemento preliminar na deliberación dunha asemblea, un congreso xeral dun partido ou unha sesión parlamentaria, co obxectivo de controlar a existencia e validez dos poderes dos representantes, os delegados ou os deputados.

    3. Operación de comprobación ou de medida mediante a que se garante que un proceso funciona correctamente.

    4. Criterio relativo no procedemento utilizado para comprobar a verdade ou exactitude dunha hipótese ou dun principio teórico. De acordo co neopositivismo ou positivismo lóxico (segundo o que só é verdadeiro algo que é verificable), son verificables unicamente as proposicións sintéticas de natureza empírica e as proposicións lóxico-matemáticas meramente analíticas e tautolóxicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • prefoliación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento que se lles fai aos cereais de inverno e que consiste en deixalos certo tempo a baixa temperatura, para que se reduza o seu ciclo vexetativo e poidan ser sementados na primavera en lugar do outono.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de versificar.

    2. Modo de presentar os versos nunha composición poética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción de vexigas ou ampolas na pel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de vexar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de especies vexetais que crece nunha rexión ou nun lugar determinado. A presenza dunhas ou outras especies depende das interaccións que se establecen entre elas e o contorno (humidade, características do solo ou temperatura). Está formada sobre todo por árbores, arbustos ou herbas, ou incluso mofo e liques.

    2. Acción e efecto de vexetar.

      1. Excrecencia carnosa da superficie dos tegumentos ou das feridas, especialmente os papilomas benignos dos órganos xenitais.

      2. vexetación adenoide

        Hipertrofia do tecido adenoide da nasofarinxe, que se observa frecuentemente nos nenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de vibrar.

    2. Movemento suave de vaivén que se produce nun corpo que vibra.

    3. Movemento periódico dos puntos materiais que compoñen un sistema físico, orixinado por unha fonte de enerxía mecánica que provoca deformacións elásticas e a aparición de forzas externas ou internas que manteñen ou frean o movemento. Matematicamente unha vibración é unha combinación lineal de funcións sinusoidais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución cultural creada en 1996 co obxectivo de difundir a obra do escritor ourensán. En 2003 inaugurouse a nova sede na casa familiar de Risco en Allariz. Concede anualmente o Premio Vicente Risco de Antropoloxía e Ciencias Sociais e o Premio Vicente Risco de Literatura Fantástica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. vezo.

      1. Incapacidade para o ben e disposición habitual para as accións contrarias ao ben e á lei moral.

      2. vicio capital

        Nome dado tradicionalmente aos pecados capitais considerados non na individualidade do acto, senón como hábito.

    2. Modalidade de comportamento habitual referido á bebida, sexo, drogas e xogo, que non respecta as normas sociais.

    3. Exceso de condescendencia con que se forma ou educa unha persoa ou animal.

    4. Defecto, imperfección ou anomalía, especialmente aqueles que teñen carácter conxénito ou definitivo.

      1. vicio de/na forma

        Expresión que nunha resolución ou proceso xudicial designa a falta de proposición non contida ou a falta dalgúns presupostos de orixe ou formais. En ambos os dous casos pode ter lugar a presentación de recurso de casación, por infracción da lei e por defecto de forma, respectivamente, a existencia do que comporta que o negocio sexa anulado.

      2. vicio do consentimento

        Alteración do consentimento nun contrato por erro, violencia, intimidación, dolo ou lesión.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que ten vicios.

      2. Que constitúe ou implica un vicio.

    1. Persoa excesivamente afeccionada a algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo ecuménico, de orixe protestante, precursor do ecumenismo. Xurdiu na Conferencia de Edimburgo en 1910 e incorporouse ao Consello Ecuménico das Igrexas en 1948.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante e escritor. Colaborou cos seus artigos en diversas publicacións periódicas e cos seus debuxos en El Pueblo Gallego, El Tea, Vida Gallega e Faro de Vigo. Parte dos seus artigos recolléronse en Ruleta de motivos puenteareanos (1964) e dos seus debuxos en Os nosos humoristas 2: Vidales Tomé (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Quindimil (Palas de Rei). Ten planta rectangular con cuberta de catro augas. Na fachada principal conserva un corredor que se abre a un patio a onde tamén dan a capela, de planta rectangular, e outras construcións auxiliares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante. Coñecido como Bola de Nieve, na década de 1930 trasladouse a México, onde comezou a súa carreira internacional que o levou a diversos países de América e Europa. Destacaron as súas intepretacións de temas coñecidos como “La vie en rose” ou “La flor de la canela”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do departamento de Meta, Colombia, situada á beira do río Meta, no confín oriental do Nevado, na Cordilleira Oriental dos Andes (273.140 h [estim 2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Asturias, situado ao fondo da ría do mesmo nome, a 43 km de Oviedo (13.951 h [2001]). É un porto pesqueiro e un centro comercial que destaca pola elaboración de sidra.

    VER O DETALLE DO TERMO