"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Efecto de variación da anchura da zona neutra da rexión de base dun transistor, provocada pola aplicación dunha tensión que polariza en inverso a unión base-colector.
-
PERSOEIRO
Compositor e pianista. Destacado concertista, foi discípulo de W. A. Mozart. O seu estilo situouse na transición do clasicismo ao romanticismo. Compuxo cantatas, sinfonías, e sonatas e concertos para piano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Naturalista austríaco. Estudiou en Innabruck, Göttingen e Viena, onde se doutorou en 1870. Foi profesor de histoloxía e embrioloxía en Graz (1873) e de histoloxía en Viena (1888). Describiu as glándulas mucosas da lingua, denominadas glándulas de Ebner.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao eccema.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema clasificatorio de instrumental lítico, desenvolto por M. D. Echaide, que tivo en conta as peculiaridades propias dos bifaces galegos. Baseado nas partes corticais distinguiu catro grupos: pezas con base reservada na súa totalidade, pezas de base parcialmente reservada, pezas con talla total e pezas diversas. Aínda que os avances metodolóxicos fixeron necesaria unha revisión deste sistema, continúa a ser unha referencia no estudo das tipoloxías líticas galegas.
-
PERSOEIRO
Compositor e director. Estudiou composición no Conservatorio de Madrid e posteriormente ampliou coñecementos en Berlín. Profesor no Conservatorio de Madrid, obtivo o Premio Nacional de Música en 1955.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor dinamarqués. Formouse en París con J. L. David, e en Roma. Foi profesor da Academia de Copenhague. Pintou escenas mitolóxicas, paisaxes e vistas arquitectónicas, pero dedicouse fundamentalmente ao retrato. As súas obras amosan a pureza da liña e a claridade neoclásica. Entre outros, destaca o Retrato de Thorvaldsen (1815).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Deseñador, pintor e ilustrador alemán. Formouse na Kunst und Gewerberschule de Nuremburg e na Akademie der Bildenden de Múnic. A súa pintura evolucionou dende o naturalismo ata o simbolismo. En 1894 deixou a pintura e dedicouse ás artes decorativas. Publicou a revista Die Jugend (1896), orixe do nome Jugendstil.
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario aparecido no concello de Riotorto entre os anos 1906 e 1917.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo, semiólogo e escritor. Licenciado en Filosofía pola Università degli studi di Torino e doutor en Semiótica pola Università degli studi di Bologna. Foi editor de programas culturais da RAI (1954-1959), profesor de estética na Università degli studi di Torino (1961-1964), profesor de comunicación visual na facultade de Arquitectura da Università degli studi di Firenze (1966-1969), profesor de semiótica na Università degli studi di Bologna (1971-1975) e desde 1999 director da Scuola Superiori di Studi Umanistici da Università degli studi di Bologna. Deu cursos, entre outras universidades europeas e americanas, na University of Harvard, na University of Cambridge e na École Normale Superieure de París. Foi director da revista VS-Quaderni di Studi Semiotici desde 1971, secretario xeral da International Association for Semiotic Studies (1972-1979) e membro do consello de redacción de Semiótica, Poetics Today, Struturalist Review e Problemi dell’informazione,...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Almacén de xéneros e mercadorías de primeira necesidade, creado e mantido por un establecemento comercial, industrial ou pola Administración, destinado exclusivamente ao seu persoal, onde este pode adquirir estes artigos a prezos máis reducidos ca nos establecementos comerciais ordinarios.
-
Cargo de ecónomo.
-
Territorio onde exerce a súa xurisdición o ecónomo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Área de transición ou límite entre dous ecosistemas ou biomas, que é estudada pola sinecoloxía. Nela están presentes elementos do medio biolóxico e do medio físico das áreas circundantes, ademais de elementos propios polo que presentan unha elevada biodiversidade. No caso de contacto entre medios acuáticos e terrestres, o ecotono pódese considerar como unha interfase.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Espacio vital delimitado que se caracteriza por ter unhas condicións ambientais uniformes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da ecoloxía que estudia as consecuencias ecolóxicas da polución dos medios naturais por substancias tóxicas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘externo’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de cascudas, da familia dos blátidos, de ata 9 mm de lonxitude, de cor acastañada escura, coa marxe do pronoto translúcida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Branquia situada no exterior do corpo de certos animais. Está presente, temporal ou permanentemente, en poliquetos, nalgúns crustáceos, nas larvas de peixes e en adultos de anfibios.
-
-
Relativo ou pertencente ás ectocarpais.
-
Alga da orde das ectocarpais.
-
Orde de algas, da clase das feófitas, caracterizadas por conservar modelos estruturais antigos, co talo pouco especializado e formado por filamentos uniseriados ramificados, de crecemento difuso, que constitúe un penacho filamentoso ou cotras postradas que non superan os 25 cm de lonxitude. O ciclo vital alterna xeracións isomórficas, aínda que nalgúns casos existen lixeiras variacións, entre ambas as xeracións, en canto ao tamaño. Os xéneros máis comúns son: Ectocarpus, Giffordia, Pilayella e Ralfsia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de algas pardas, de filamentos sinxelos, constituídos por células cilíndricas lixeiramente inchadas, provistas de cloroplastos en cadeas ramificadas. O ciclo vital presenta anisogamia funcional: os gametos femininos, que se fixan ao substrato primeiro, producen unha erotactina que atrae quimiotacticamente aos gametos masculinos (ectocarpina). Amplamente distribuído, a especie E. fasciculatus aparece como epifita na costa galega no talo de grandes algas, como as do xénero Laminaria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Folla ou capa máis externa, na que se dispoñen as células do blastoderma despois da segmentación, no estado de gástrula, destinada a formar o sistema nervioso, o revestimento cutáneo, os órganos dos sentidos e parte do tubo dixestivo.