"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
GALICIA
Pintor. En 1892 participou na Exposición Nacional de Bellas Artes de Madrid co Retrato da señora Dª M.S.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e pedagogo. Foi médico na Escola Nacional de xordomudos e de cegos. Dedicoulle especial atención ao ensino de cegos e xordomudos e publicou, entre outras obras: Revista de la enseñanza de los sordomudos y de los ciegos (1827), Manual de sordomudos (1836), Curso elemental de instrución de sordomudos (1845) e Curso elemental de instrución de ciegos (1847).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político. Na Convención de Sucre (1843) foi elixido Presidente da República. Gobernou despoticamente e sufocou repetidas revoltas. En 1847 foi derrocado polo xeneral Belzú e exiliouse ao Brasil.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político chileno. No ano 1864, cando abandonou a carreira eclesiástica para dedicarse á política, afiliouse ao partido liberal. A partir do ano 1870 foi deputado en diferentes ocasións e, dende 1882 ata 1886, ocupou o cargo de ministro no gabinete do Presidente Domingo Santa María. Cando asumiu a Presidencia do país, no ano 1886, promoveu a educación pública e realizou numerosas obras públicas. En 1891, logo de oito meses de guerra civil, abandonou o cargo e suicidouse pouco despois.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático e físico suízo. Foi profesor na Universidade de Basilea. En 1885 obtivo de xeito empírico a fórmula que determinou as lonxitudes de onda das raias do espectro visible do hidróxeno, base da serie de Balmer, fórmula que, interpretada por Niels Bohr, inspirou a antiga teoría cuántica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico cirurxián e naturalista. Foi profesor de Álxebra e exerceu a cirurxía dende 1778. No transcurso das súas estadías en América, sobre todo en México, estudiou a flora medicinal de Nova España. Dirixiu a expedición organizada polo goberno de Carlos IV para propagar a vacina antivaríola nas colonias (1803-1806). Escribiu Introdución para la conservación y administración de la vacuna, y para el establecimiento de juntas que cuiden de ella (1796).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Situado na parroquia de Merza, concello de Vila de Cruces, as referencias máis antigas sobre a utilización destas augas aluden ao seu uso polos monxes beneditinos de Caboeiro no s XI. Existen testemuños escritos de fins do s XIX nos que Taboada Leal incitaba aos empresarios a levantar un gran balneario, que non se conseguiu ata a rehabilitación do s XX. O actual balneario inaugurouse en 1991.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situado no concello de Carballo, semella que a utilización das augas sulfuradas termais se remonta á época romana; sen embargo, o seu uso moderno é de 1716, aínda que non se explotaron ata 1817. O antigo Balneario foi demolido e, na actualidade posúe un moderno complexo hostaleiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situado no concello homónimo, as escavacións realizadas co obxectivo da mellora do manancial sacaron á luz a súa orixe romana. Na Idade Moderna escribíronse tratados onde o Balneario de Molgas está considerado como un dos mellores da Península Ibérica; importancia que foi en aumento ata chegar a ser declarado de utilidade pública en 1873, ano de fundación do actual balneario. En 1998 modernizou as súas instalacións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deporte de oposición que se disputa entre dous equipos de sete xogadores que teñen como obxectivo introducir un balón no interior dunha portería defendida polo equipo contrario. O terreo de xogo é un rectángulo de 40 m de longo por 20 m de ancho. No centro dos lados máis curtos sitúanse as porterías, de 3 m de ancho por 2 m de alto. A unha distancia de 6 m da portería trázase unha liña que delimita a superficie da área de portería, espazo que só está autorizado a ocupar o xogador que actúa como porteiro. Os xogadores poden tocar o balón con calquera parte do corpo agás cos pés ou coas pernas por debaixo dos xeonllos; só o porteiro, no interior da súa área de portería, pode tocar o balón cos pés en accións defensivas. Permíteselles aos xogadores camiñar co balón agarrado un máximo de tres pasos e mantelo no seu poder un máximo de tres segundos; despois deberán botar o balón, pasalo ou lanzalo á portería. As dimensións do balón oscilan entre os 54-56 cm de circunferencia para as mulleres...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista que apareceu en Lugo en 1985 e que editou dous números. Estivo sen saír durante máis dun ano para reaparecer en decembro de 1986. Subtitulada “Órgano informativo de la Federación Gallega de Balonmano”, foi dirixida por Xosé Luís Otero Feijoo. O sumario contiña seccións como “Escuela Territorial de entrenadores” e “Objetivo 92”.
-
PERSOEIRO
Xornalista e político portugués. Creou en 1973 o semanario Expresso, do que foi director ata 1980. Foi un dos fundadores do Partido Popular Democrático, chamado posteriormente Partido Social-Demócrata. Xefe de goberno (1981-1983) trala morte de Sá Carneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Palencia, Castela e León, localizado á beira dereita do río Pisuerga, augas abaixo da confluencia deste río co Arlanzón (1.628 h [1996]). A economía deste concello ten a súa base nas actividades agropecuarias, o cultivo de cereais e videiras, e a gandería.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico cirurxián. Foi director do Hospital Provincial de Santiago de Compostela (1923-1926) e un dos pioneiros en realizar extirpacións en Galicia, como as de larinxe, hipófise e próstata, entre outras. Tamén deseñou algúns instrumentos cirúrxicos, entre os que salientan os seguintes: a pinza erina, aplicable nas operacións de cataratas para fixar o glóbulo ocular; un dispositivo para extraer corpos estraños do esófago; e un protector para o seo cavernoso, co que realizou unha hipofisectomía transnasal. En 1908, xunto con Manuel Varela Radío, fundou en Santiago de Compostela o primeiro sanatorio privado predominantemente cirúrxico de Galicia. Publicou artigos no Anuario Internacional de Medicina y Cirugía, na Revista de la Academia Médico-Quirúrgica Compostelana e na Revista General de Medicina y Cirugía; así mesmo, en 1923 formou parte da dirección científica da Revista Médica Gallega. No eido da literatura publicou Canto a la Ría de Arosa....
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Foi catedrático de Anatomía Patolóxica da Universidad de Mendoza e director de Saúde Pública da Patagonia. En 1936 emigrou a Arxentina onde fundou, xunto con Gumersindo Sánchez, o Sanatorio da Avellaneda e organizou o laboratorio de Anatomía Patolóxica do Centro Galego de Bos Aires. Entre 1956 e 1959 presidiu a AGUEA (Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas). Foi membro do equipo de dirección da editorial Citania. Escribiu artigos en galego como “Galeguismo, folklore, política e bioloxía” ou “Isaac Díaz Pardo” e, baixo o pseudónimo de Luís Estévez, colaborou na revista bonaerense Galicia emigrante.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Formouse nun taller de imaxinería, onde, na realización de imaxes e na restauración de retablos, coñeceu o traballo sobre madeira. Foi alumno de Antonio Faílde na Escola de Artes e Oficios de Ourense. Interesouse polo tratamento de tipos da vida cotiá, sempre resoltos cunha técnica próxima á da talla en pedra que facía o artista medieval ou á propia imaxinería tradicional galega. Destaca a súa obra de produción de retablos e beléns, onde quedaron resumidas as súas propostas estéticas expresionistas, sempre sobre figuras de pequeno formato, representación dos tipos populares galegos.
VER O DETALLE DO TERMO
A súa obra máis representativa é o Belén de Baltar ou Belén de Ourense exposto dun xeito permanente na Capela de San Cosme e San Damián ourensana. En 1967, a Asociación de Belenistas de Ourense encargoulle... -
GALICIA
Médico traumatólogo. Realizou o seu doutoramento en Italia, coa tese Considerazioni sulla sindrome de Munchmayer, e ampliou a súa formación en Francia. Dende 1973 traballou no Hospital Provincial de Santiago de Compostela, onde foi xefe clínico e xefe do servizo de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía. Foi tamén director do Hospital Provincial de Santiago de Compostela (1975-1988). Membro da Sociedad de Cirugía de Galicia, da Sociedad Española de Cirugía e doutras asociacións médicas internacionais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo católico. As súas teses, fundamentalmente cristocéntricas, mostran unha forte influencia do idealismo alemán e da patrística grega. As súas obras principais son: Das Herz der Welt (A dor do mundo, 1945), Bernanos (1954), Die Gottesfrage des heutigen Menschen (O problema de Deus no home de hoxe, 1956), Skizzen zur Theologie (Ensaios de teoloxía, 1960-1961) e Herrlichkeit. Eine theologische Ästhetik (Magnificencia: unha estética teolóxica, 1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Bolsa libre para levar a cabo todo tipo de operacións relacionadas co transporte marítimo e, ultimamente, co transporte aéreo. A súa orixe sitúase no s XVII.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Canle de Rusia entre Belomorsk, no Mar Báltico, e Povenec, sobre o lago Onega. Ten unha lonxitude de 227 km.