Baltar Cortés, Anxo
Médico cirurxián. Foi director do Hospital Provincial de Santiago de Compostela (1923-1926) e un dos pioneiros en realizar extirpacións en Galicia, como as de larinxe, hipófise e próstata, entre outras. Tamén deseñou algúns instrumentos cirúrxicos, entre os que salientan os seguintes: a pinza erina, aplicable nas operacións de cataratas para fixar o glóbulo ocular; un dispositivo para extraer corpos estraños do esófago; e un protector para o seo cavernoso, co que realizou unha hipofisectomía transnasal. En 1908, xunto con Manuel Varela Radío, fundou en Santiago de Compostela o primeiro sanatorio privado predominantemente cirúrxico de Galicia. Publicou artigos no Anuario Internacional de Medicina y Cirugía, na Revista de la Academia Médico-Quirúrgica Compostelana e na Revista General de Medicina y Cirugía; así mesmo, en 1923 formou parte da dirección científica da Revista Médica Gallega. No eido da literatura publicou Canto a la Ría de Arosa. Viaje poético en la ría una tarde de verano (1930). No 1928 impúxoselle a Cruz de Beneficiencia e acordouse a creación dunha fundación que levase o seu nome e adxudicase unha bolsa para ampliación de estudios de cirurxía cada dous ou tres anos.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Padrón -
Deceso
Lugar : Santiago de Compostela