"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • REXIÓNS

    Rexión montañosa da Caxemira, entre as cordilleiras do Himalaia e o Karakorum, habitada polos baltis (22.000 km2).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo, ordenouse sacerdote en 1829 e foi profesor de Dogmática en Breslau (1831). Tralo seu enfrontamento co bispo de Breslau, en 1860, incorporouse aos vellos católicos despois do Concilio Vaticano I, polo que se converteu no seu organizador en Silesia (1871).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Paquistán (347.188 km2; 4.908.000 h [1985]). A súa capital é Quetta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • País da zona suroccidental de Asia, entre Afganistán ao N, o Sindh ao L, e o golfo de Omán ao S; polo O, aínda que os seus límites son menos precisos, poderíanse establecer na conca do Jaz Mūrīyān, en Irán. Comprende, no seu conxunto, uns 500.000 km2 que corresponden ao Baluchistán paquistaní e ao Baluchistán iraní. A súa poboación está constituída por baluchis e paxtos, de orixe iránica, e brahuis, de orixe drávica. Dende 1940 a rexión evolucionou no ámbito industrial co descubrimento de depósitos de asbesto, carbón, cromita, cobre e ferro e mais coa explotación dun xacemento de gas natural en Sui. O Baluchistán paquistaní constitúe unha provincia do Paquistán e o Baluchistán iránico forma, xunto co Sistán iránico, o ostān de Baluchistán-Sistán. Herodoto e Estrabón puxéronlle o nome de Gedrosia. O Baluchistán converteuse nun punto principal na ruta das expedicións cara á India realizadas por Alexandre o Grande. Foi conquistado polos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ostān de Irán (181.471 km2; 1.722.579 h [1996]). A súa capital é Zāhedān.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘cribador’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. A publicación das Lettres (Cartas, 1624 e 1627) consagrouno como mestre dun xénero que lle outorgaba por vez primeira categoría literaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e xurista. Entre as numerosas obras que escribiu de temática histórica e xurídica, salientan Studia nad prawem polskiem (Estudios de dereito polaco, 1855) e Królestwo Polskie: 1295-1370 (O reino de Polonia: 1295-1370, 1919).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Foi un dos primeiros representantes da escola simbolista rusa, como manifesta a súa obra Tišina (Silencio, 1898). A súa obra, decadentista e exótica, exerceu moita influencia a finais de século: Sbornik stikhotvorenij (Escolma de poesías, 1890) e Pesni mstitel’a (Cancións do vingador, 1905). Traduciu tamén, entre outros, a Shelley, Edgar Poe, Walt Whitman, Calderón, Verlaine, Baudelaire e numerosos autores checos e polacos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Asento horizontal suspendido a unha certa distancia do chan e pendurado por cordas ou similares, nas que unha persoa pode sentar ou arrandear cunha finalidade lúdica. Pode estar elaborado con formas moi distintas e diferentes materiais. SIN: acaneadoiro, arrandeadoiro, carriola, randeeira.

    2. Barra horizontal cun punto de apoio central que os nenos utilizan como divertimento sentando nos extremos para subir e baixar alternativamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación subtitulada como “Revista de música e outras lerias” aparecida en Vigo nos anos noventa do século XX. Colaboran nela Toni Rocko, Antonio Barreiro, Xosé Freire, Alberto Lodeiros, César Varela e Susana Alonso, entre outros. Inclúe información sobre novidades discográficas, concertos, cine, libros de recente aparición e cidades. O número XV, de outono de 1998, contiña un suplemento titulado Corsario elaborado por Antón, Javi Prieto, Iria, Guitián e Eloy na vila de Vilagarcía de Arousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se bambea ou balancea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, en Afganistán (8.700 h [estim 1988]). Ten interese artístico polos seus mosteiros, coas esculturas xigantescas de Buda, exemplo da arte na ruta da seda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia do Afganistán (17.414 km2; 280.859 h [1982]). A súa capital é Bāmīān.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prefectura da República Centroafricana (58.200 km2; 35.760 h [estim 1989]). A súa capital é Ndélé (8.079 h [1989]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Gobernador con atribucións civís e militares dos territorios en que foi dividido o Reino de Croacia constituído no ano 925. Despois da unión de Croacia e Hungría (1102), o ban de Croacia foi o representante da autonomía nacional diante dos húngaros: tiña o dereito de convocar a dieta e era o xefe supremo do exército croata. En 1868 foron moi restrinxidas as atribucións do ban, cargo que perdurou ata finais do ano 1918.

    2. Entre os húngaros e os eslavos da zona meridional, gobernador dun distrito fronteirizo, o banato; orixinariamente, tiña atribucións civís e militares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Letrado chinés, pai dos historiadores Ban Gu e Ban Zhao e do xeneral Ban Chao. Coa intención de continuar coas Shiji (Memorias históricas) de Sima Qian, recompilou información que os seus dous fillos elaboraron e converteron na Qian Han shu (Historia da dinastía Han).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral chinés, fillo do letrado Ban Biao e irmán dos historiadores Ban Gu e Ban Zhao. Abandonou as tarefas intelectuais e partiu a combater na fronteira. Con Dou Xian atacou a rama nórdica dos Xiongnu, que invadiran os estados tributarios da China ao Turquestán. As súas conquistas chegaron no ano 94 ata o Pamir. Foi o principal impulsor da política de expansión dos emperadores Han Zhangdi e Hedi. Ata pouco antes da súa morte foi gobernador da cunca do Tarim. Sucedeulle no mando o seu fillo Ban Yong.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e poeta chinés, fillo de Ban Biao e irmán de Ban Zhao e de Ban Chao. Foi encarcerado baixo a acusación de deformar a historia tradicional; sen embargo, trala súa rehabilitación, lograda grazas ás desculpas que puido presentar o seu irmán Ban Chao perante o Emperador, foille encargada a redacción de Qian Han shu ou Han shu (Historia da dinastía Han). Máis tarde adheriuse ao partido rebelde de Dou Xian e acompañouno na expedición a Mongolia contra os siongnu. Foi detido e morreu preso. O Han shu, escrita en colaboración coa súa irmá Ban Zhao, é a primeira das vinte e catro historias dinásticas ou nnais chinesas, segue o modelo de Sima Qian e refírese á dinastía dos Han anteriores ou occidentais (206 a C-6 d C). O estilo é máis ou menos libre e máis elaborado que o de Sima Qian. Escribiu tamén un pequeno tratado político, Baihu tong (Tratado do tigre branco). Como poeta é coñecido por Liangdu fu (Fu das dúas capitais), onde...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Favorita do Emperador chinés Chengdi, que a abandonou pola bailarina Fei Yan. O emperador envioulle un poema de despedida, o Poema do abano, onde a compara cun abano que se afasta cando chegan os primeiros fríos do outono. Esta imaxe co paso do tempo converteuse nun tópico literario.

    VER O DETALLE DO TERMO