Bambán

Bambán

Publicación subtitulada como “Revista de música e outras lerias” aparecida en Vigo nos anos noventa do século XX. Colaboran nela Toni Rocko, Antonio Barreiro, Xosé Freire, Alberto Lodeiros, César Varela e Susana Alonso, entre outros. Inclúe información sobre novidades discográficas, concertos, cine, libros de recente aparición e cidades. O número XV, de outono de 1998, contiña un suplemento titulado Corsario elaborado por Antón, Javi Prieto, Iria, Guitián e Eloy na vila de Vilagarcía de Arousa.