"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Militar chinés. Fillo do xeneral Ban Chao, sucedeuno no goberno das tropas da Asia central nun momento de febleza do Imperio Han, o que lle obrigou a retirarse dos dominios conquistados polo seu pai. Aínda así, as súas tropas chegaron aos oasis anteriores ás montañas da fronteira da India.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora chinesa filla de Ban Biao e irmá do xeneral Ban Chao e do historiador Ban Gu, con quen colaborou na redacción do Qian Han shu ou Han shu (Historia da dinastía Han). Escribiu Nü jiao (Consellos ás mulleres), obra que tivo influencia na educación tradicional ata o s XX, e algúns poemas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor hindú en lingua sánscrita. A súa obra máis coñecida é a biografía novelada Harsha-charita. Escribiu tamén un poema dedicado á deusa Chandī.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da conca do Barcala que, ao unirse co Faílde, forma o Albariña. Nace no lugar da Fonte Grande, na parroquia de Suevos (concello da Baña), e discorre en sentido N-S cara ao lugar de San Vicente (capital municipal), na parroquia da Baña. Augas abaixo, no lugar da Castiñeira, prodúcese a confluencia co Faílde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Publicou Vindicación, vida y milagros de Pepe de Xan Baña en trinta anos de Cuba (1920?) e Suspiros da terriña. Despois de trinta e dous anos na Habana. Carta da Habana a Santa Comba en 1911 (1922?), ambas escritas en prosa e verso, galego e castelán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Vicente, que é capital e da nome ao concello da Baña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca da Barcala, situado na provincia da Coruña no occidente da Comunidade Autónoma (42°57’ 2’’ N-8°45’ 5’’ O). Limita co concello de Santa Comba (Xallas) ao N e ao O, co de Negreira ao S e ao O, co de Ames (Santiago de Compostela) ao S e ao L e co do Val do Dubra (Santiago de Compostela) ao L. Abrangue unha superficie de 98 km 2 cunha poboación de 4.673 h (2007), distribuída nas parroquias da Baña, Barcala, O Barro, Cabanas, Corneira, A Ermida, Fiopáns, Lañas, Marcelle, Ordoeste, A Riba, San Cibrán de Barcala, Sanamede do Monte, Suevos e Troitosende. A capital está situada no lugar de San Vicenzo, na parroquia da Baña. Situado a 27 km de Santiago de Compostela, está adscrito ao partido xudicial de Negreira e á arquidiocese de Santiago de Compostela.
    Xeografía física
    O concello da Baña sitúase dentro do dominio climático oceánico hiperhúmido, propio das terras que se atopan na transición entre a costa e as penechairas do interior. O...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Álxebra asociativa normada completa, na que se define unha norma pola que toda sucesión de Cauchy converxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espacio vectorial normado completo que está definido por unha norma pola que toda sucesión de Cauchy converxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e profesor universitario. Centrou as súas investigacións na Topoloxía e na teoría de funcións, polo que está considerado como un dos fundadores da análise funcional moderna. Participou na resistencia contra a ocupación alemá (1939-1945).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de bañar ou bañarse.

    2. Recipiente de barro vidrado e con forma de vaso que se utlizaba para recoller os excrementos humanos. OBS: Só se usaba nalgunhas parroquias de Galicia.

    3. Recipiente onde se recollen os ouriños. SIN: ouriñal, penico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de bañar ou bañarse. SIN: 1baño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e poeta. É autor da Ta’ri)-i Banākitī (Historia de Banākitī, 1317), resumo e continuación da compilación de Rašīd al-Dīn Fa ḋ l Allāh.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que case non ten orixinalidade ou interese. SIN: trivial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe vasca orixinaria do lugar de Bañales (Bizkaia). Unha das ramas pasou a Aragón, asentándose na vila de Morgallón (Zaragoza). A rama galega leva como armas, en campo de ouro, unha árbore de sinople, sobre ondas de auga de azul e prata e, ao seu pé, un parrulo de goles nadando nas ondas. Os de Aragón traen, escudo acuartelado: o primeiro e o cuarto cuartel, en campo de ouro, con tres bandas de goles; o segundo cuartel, en campo de azul, con tres veneras de prata; e o terceiro cuartel, en campo de ouro, con tres zapatos de sable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de banal. SIN: trivialidade.

    2. Cousa banal. SIN: trivialidade.

    3. Tendencia dos copistas de textos antigos que consiste en substituír sucesivamente unha expresión ou unha palabra inusitada ou pouco común por outra ou por outras máis comúns ou coñecidas. A partir da comparación das copias, pódese intuír cal é a orixinal (principio da lectio difficilior).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disposición do bloqueo que permite a utilización de vías férreas múltiples en ambos os dous sentidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Converter algo en banal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Froita comestible en baga oblonga e arqueada do bananeiro. É de pel grosa, de pulpa fariñenta e nas formas cultivadas non ten semente. A banana ten un valor alimentario moi elevado, é moi rica en azucre (19-25%), pero pobre en sodio. Ten numerosas aplicacións gastronómicas, xa que se pode tomar crúa, fritida, cocida, flamexada ou guisada. Tamén se obtén dela fariña e viño de banana. Brasil consolidouse como o primeiro estado produtor. SIN: plátano.

    VER O DETALLE DO TERMO