banalidade
banalidade
(< banal)
-
s
f
Calidade de banal. SIN: trivialidade.
Ex: É unha conversa dunha banalidade insoportable.
Confrontacións: intranscendencia. -
s
f
Cousa banal. SIN: trivialidade.
Ex: Foi un ensaio cheo de banalidade.
-
banalidade crecente
[ARQUIV/LIT/FILOL]
Tendencia dos copistas de textos antigos que consiste en substituír sucesivamente unha expresión ou unha palabra inusitada ou pouco común por outra ou por outras máis comúns ou coñecidas. A partir da comparación das copias, pódese intuír cal é a orixinal (principio da lectio difficilior).