Bañales
Bañales
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe vasca orixinaria do lugar de Bañales (Bizkaia). Unha das ramas pasou a Aragón, asentándose na vila de Morgallón (Zaragoza). A rama galega leva como armas, en campo de ouro, unha árbore de sinople, sobre ondas de auga de azul e prata e, ao seu pé, un parrulo de goles nadando nas ondas. Os de Aragón traen, escudo acuartelado: o primeiro e o cuarto cuartel, en campo de ouro, con tres bandas de goles; o segundo cuartel, en campo de azul, con tres veneras de prata; e o terceiro cuartel, en campo de ouro, con tres zapatos de sable.