"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo empregado na literatura económica e xeográfica para designar o espazo europeo máis desenvolvido industrial e economicamente. Abrangue un polígono en forma de banana que ten o seu vértice setentrional no SL de Inglaterra (na área do Gran Londres) e se estende polo S ata o N de Italia (Milán-Turín), pasando polo BENELUX, o occidente de Alemaña e a rexión de París.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar poboado de bananeiras.
-
-
Relativo á banana ou ao seu cultivo.
-
Planta herbácea, do xénero Musa pertencente a familia das musáceas, de talo subterráneo, que orixina unha parte aérea, de ata 9 m de altura, constituída polos pecíolos envaiñadores das follas. As follas son grandes e oblongas, de máis de 3 m de longo e 60 cm de ancho. As flores, con anchas brácteas púrpuras, dispóñense en espigas pendurantes. A polonización das bananeiras silvestres realízana morcegos e aves. A planta morre logo de producir os froitos denominados bananas. A bananeira nace de xeito espontáneo nas zonas chuviosas da India e de Malaisia, e cultívase en toda a rexión tropical e subtropical. Das follas e do estípite pódense obter fibras que, cando se secan e se trituran, serven, xunto coa casca do froito, para forraxe. Tamén se cultiva como planta ornamental.
-
Denominación que se aplica aos estados soberanos nos que as institucións do estado quedan subordinadas aos intereses de compañías transnacionais. Deste xeito, o capital transnacional apoia a chegada ao poder daqueles elementos que, ao seu xuízo, garanten as condicións máis favorables ao desenvolvemento das súas actividades económicas. Estes estados adoitan estar formalmente lexitimados por unha constitución democrática que enmascara unha situación oligárquica que pode derivar en réximes ditatoriais. Historicamente o termo ten a súa orixe nas prácticas empregadas en diversos países da América Central pola United Fruit Company, sociedade estadounidense dedicada á produción en explotacións de froitas tropicais, entre as que destacan as bananas. Durante o primeiro terzo do s XX e ata o crack bursátil de 1929, os compromisos políticos e económicos que a United Fruit estableceu en países como Colombia, Costa Rica, Cuba, Guatemala, Honduras, Nicaragua, Panamá ou Xamaica,...
-
-
-
Introducir un corpo ou parte del na auga ou noutro líquido para lavalo, perfumalo, etc.
-
Mollar abundantemente algunha cousa con auga ou con outro líquido. SIN: enchoupar.
-
-
Cubrir algunha cousa cunha capa dalgunha substancia, mediante a inmersión ou untándoa con ela.
-
Cubrir un prato cunha substancia (salsa, caldo, auga, etc).
-
-
Tocar ou pasar, o mar, un río ou un lago, por un lugar determinado.
-
Dar de cheo a luz, o sol ou o aire sobre unha cousa.
-
Meterse total ou parcialmente na auga ou noutro líquido para lavarse, refrescarse, nadar, etc.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lingua asiática da familia mon-khmer do grupo banárico, falada por aproximadamente 85.000 persoas en Vietnam.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lingua oceánica que se inclúe no grupo de linguas papúas de Nova Guinea. Fálana unhas 2.500 persoas no Sepik Oriental e en Madang.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cesta grande e de pouca altura, con ou sen tapadeira, feita con tiras de madeira entrelazadas. Dependendo das comarcas, ten diferentes formas e dimensións. Destínase a varios usos, como á pesca da sardiña. SIN: canastra, cesta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cestiño pequeno onde as costureiras gardan os seus utensilios de traballo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Banastra de forma redonda. SIN: cesto, paxe.
-
-
Título e oficio do ban.
-
Territorio gobernado por un ban. No seu significado xeral, quere dicir provincia fronteiriza. Existiron diversos banatos na historia de Europa central, pero, normalmente, é máis utilizado para indicar o antigo banato húngaro de Temesvâr (Timişoara).
-
-
REXIÓNS
Rexión da zona oriental de Europa que se estende entre os Alpes de Transilvania (Romanía), o Danubio e os ríos Tisza (Hungría e Iugoslavia) e o Mures (Hungría e Romanía) (21.800 km2). É unha área de chairas fértiles, esencialmente agrícola. O principal centro económico e cultural é Timisoara (en Romanía). Acolle unha gran diversidade de etnias: maxiares, serbios, eslovacos, romaneses e alemáns, aínda que dende 1945 estes últimos se reduciron notablemente. Os húngaros mantiveron o control destes territorios ata o ano 1552, cando os turcos ocuparon ese territorio ata o 1718, cando polo Tratado de Pasarowitz pasou a poder dos austríacos. Durante o período de dominio turco o Banato, rexión fértil e próspera, converteuse nun lugar desolado, pero os colonos alemáns contribuíron á súa recuperación. A rexión foi repartida entre Hungría, Iugoslavia e Romanía ao remate da Primeira Guerra Mundial.
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito de Irlanda do Norte, Reino Unido, (445 km2; 31.900 h [estim 1988]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria constituída no ano 1881 por membros do gremio de fabricantes e doutras corporacións patronais de Sabadell (Barcelona). A súa actividade está estreitamente ligada ao desenvolvemento da industria téxtil lanar. O seu crecemento iniciouse ao aproveitar as vantaxes da nova ordenación bancaria do 1962, que lle permitiu estenderse por Catalunya. A súa actividade é estritamente comercial e incluso chegou a ser un dos bancos máis rendibles do estado.
-
-
Asento semellante ao banco que pode presentar distintas características de forma e tamaño.
-
Mesa empregada nos mercados públicos para vender as froitas, legumes e demais comestibles.
-
Mesa grande de madeira.
-
Caixón de madeira onde as lavandeiras se colocan para lavar a roupa.
-
Totalidade de diñeiro apostado nos xogos de salón, que está sobre a mesa.
-
-
Entidade bancaria, normalmente de pouco volume, chamada tamén casa de banca.
-
banca islámica
Tipo de banca que axusta a lei islámica á súa actividade financeira, co obxectivo de non pagar nin cobrar xuros. Os depositarios reciben unha parte da plusvalía que orixinou o crédito e participan nunha parte do risco. O primeiro banco foi o Nasser Social Bank (1971), na actualidade hai máis de cincuenta nunha vintena de estados.
-
Conxunto formado polas entidades financeiras, os banqueiros e as súas actividades, que constitúen o chamado sistema bancario. A banca ou sistema bancario depende basicamente do sistema económico e da etapa de desenvolvemento do mesmo na que está inmerso cada país. Nun país capitalista desenvolvido a banca está organizada, en liñas xerais, por un banco central, que depende da administración do estado, uns organismos oficiais de crédito e uns bancos privados que, xunto con outras institucións financeiras, como as caixas e a bolsa, constitúen o sistema financeiro. A banca nos países socialistas está totalmente estatalizada e funciona como un dos mecanismos reguladores do plan económico. O conxunto de actuacións que a banca leva a cabo dentro dunha realidade económica, sexa nun país ou nun grupo de países, está integrado nun conxunto de institucións (banca, caixas de aforros ou de crédito, bolsa, compañías aseguradoras, etc) que entre todas, intentan equilibrar as necesidades do investimento...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria constituída en Verín no ano 1948 como sociedade regular colectiva. Foi absorbida en 1967 polo Banco de Santander.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria italiana, estreitamente controlada polo Istituto di Ricostruzione Industriale (o 98% do capital), fundada en Milán en 1894. No ano 1918 fundou a Banca Commerciale Italiana (France) S A, que abriu unhas sucursais en Marrocos que subsistiron ata o ano 1962. Ampliou a súa actuación a todo o estado italiano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria constituída en Roma en 1913 baixo o nome de Istituto Nazionale di Credito per la Cooperazione. Cambiou a súa denominación en 1927 pola de Banco Nazionale del Lavoro e della Cooperazione e dous anos máis tarde polo actual. En 1939 absorbeu a Banca delle Marche e degli Abruzzi (gran banca rexional).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria creada en Ribadavia en 1895. Foi absorbida en 1971 polo Banco Central.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria fundada en Chantada no ano 1964 pola familia Soto. En 1971 foi adquirido polo Banco Popular e cambiou o seu nome polo de Banco de Lugo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria con domicilio social en Vigo fundada no ano 1918, data na que se constituíu como sociedade comanditaria Viñas Aranda y Compañía. O nome de Banco de Vigo adoptouno no ano 1957. No ano 1973 foi substituído polo Banco de Galicia.