"ABI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 731.

    1. Relativo ou pertencente aos labidognatos.

    2. Arácnido da suborde dos labidognatos.

    3. Suborde de arácnidos á que pertencen a maioría das arañas. Só teñen un par de pulmóns en libro, e posúen quelíceros articulados perpendicularmente ao plano saxital do corpo. Dentro desta suborde están as familias dos araneidos, salícidos e licósidos, entre outras. OBS: Tamén recibe o nome de araneomorfos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero da réptiles fósiles, da familia dos captorrínidos, que presentan a cabeza triangular (ó igual que os dentes), estruturas posiblemente defensivas óseas nas órbitas e de 70-75 cm de lonxitude. Viviron en América do Norte e atopáronse fósiles en Texas a principios do Pérmico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten graza e habilidade para falar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral romano. Tribuno da plebe en 63 a C, foi legado de César na Galia e gobernador da Cisalpina en 56 a C. Aliñado con Pompeio, despois da desfeita de Farsalia organizou un exército que foi derrotado en Tapsos e Munda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é esvaradizo.

    2. Que é inestable e pode desaparecer ou cambiar.

    3. Aplícase a aquelas substancias ou compostos químicos que se descompoñen con facilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de lábil.

    2. Reacción esaxerada do sistema nervioso fronte a pequenos estímulos esóxenos ou endóxenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cada unha das partes carnosas que, situadas no bordo da boca, forman a súa abertura, tanto nas persoas como nos animais.

      2. Órgano da fala.

      3. labio leporino

        Defecto conxénito no labio superior que consiste nunha fendedura, resultado do crecemento desigual dos dous lados do labio superior. OBS: Tamén se denomina labio feso.

      1. Bordo ou beira dalgunhas cousas.

      2. Cada unha das beiras da vulva. Hai dous tipos: os labios maiores, que son dúas pregaduras cutáneas, recubertas de pel e que delimitan a abertura vulvar, e os labios menores, que son dúas pregaduras mucosas situadas baixo os labios maiores e que protexen as estruturas vulvares profundas.

      3. Cada unha das pezas quitinosas, superior e inferior, que envolven o orificio bucal dos insectos.

      4. Aresta aguda e queimada dunha ferramenta ou dunha peza dunha máquina.

      5. Beira dunha ferida.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lugo baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao son que se realiza polo contacto ou constrición do labio inferior cos incisivos superiores. En galego é labiodental o son [f].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten o labio partido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao son que se articula coa participación dos labios e o posdorso da lingua (órganos activos), e o veo do padal (órgano pasivos). En galego son labiovelares [o], [ "Stone Sans PhoneticIPA"; ɔ ] e [u].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Articulación que se realiza coa participación dos labios, o posdorso da lingua e o veo do padal.

    2. Propagación do carácter labiovelar dun son a outros que forman parte dunha mesma secuencia sintagmática.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao labirinto.

    2. Que é intricado e inextricable como un labirinto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de labirinto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación do labirinto, producida case sempre por complicación dunha otite.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. ­

      2. Circuíto con camiños intricados que, unha vez dentro, fan difícil atopar a saída.

      3. Cousa confusa e enleada.

    1. Conxunto de estruturas no interior do óso temporal que constitúen o oído interno. Consta dun compoñente membranoso (labirinto membranoso), que contén no seu interior a endolinfa, e está rodeado polo compoñente óseo (labirinto óseo), do que está separado pola perilinfa. No labirinto distínguense a denominada cóclea ou caracol pola súa forma en espiral, encargada da audición; e o vestíbulo, constituído polo utrículo, o sáculo e os canais semicirculares, na parte posterior, que participan no mantemento do equilibrio corporal.

    2. Xuntura estanca para fluídos que se emprega para unir órganos fixos e móbiles, que está provista dunha serie de paredes e compartimentos que producen unha forte caída de presión.

    3. Gravado formado por liñas complexas con finalidade simbólica.

    4. Motivo decorativo formado por liñas en ángulos rectos ou en espirais, semellantes aos meandros, pero cun desenvolvemento radial.

    5. Lousa de carácter decorativo que se colocaba no cruceiro dalgunhas igrexas medievais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gravado rupestre situado en Mogor (Marín). Atópase sobre unha rocha de granito e presenta un labirinto con sucos profundos e anchos con cazoleta central, de tipo Tagliatella. Ademais hai outras cinco combinacións circulares, círculos sinxelos, cazoletas illadas e outras figuras. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1975.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos labirintomorfos.

    2. Protozoo da rama dos labirintomorfos.

    3. Rama de protozoos que comprende especies coloniais, a maioría mariñas, que se desprazan mediante unha estrutura mucilaxinosa extracelular, segregada por uns orgánulos especiais, aínda que tamén existen estadios flaxelados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fallo repentino, total e definitivo do oído interno a causa de trastornos vasculares ou ben de infeccións víricas. Maniféstase con xordeira total e vertixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos labirintulomicetos.

    2. Fungo da clase dos labirintulomicetos.

    3. Clase de fungos da división dos mastigomicotas que forman plasmodios reticulares pluricelulares orixinados pola división de células biflaxeladas dentro dun envoltorio mucilaxinoso. Son saprófitos ou parasitos que viven sobre algas ou fanerógamas mariñas. Comprende as ordes das traustroquitriais e a das labirintuais.

    VER O DETALLE DO TERMO